O 1 de xullo fíxose a presentación de "Stop Desahucios" en Ribeira Ribeira, 10 de xullo de 2012. A Plataforma "Stop Desahucios" da bisbarra do Barbanza informou hoxe de que o vindeiro xoves 19 de xullo vai ter unha entrevista co alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, "para poder ter unha primeira toma de contacto coa máxima autoridade política municipal desta cidade e co obxecto de trasladarlle as nosas demandas e reivindicacións máis importantes desta plataforma na comarca e no país en xeral". Escrito aos bancos"Stop Desahucios" tamén está a enviarlle escritos ás entidades bancarias que operan nesta bisbarra, apelando á súa responsabilidade social para que se aveñan a buscar solucións axeitadas para as familias que non poden facer fronte a unha hipoteca e teñan que entregar a súa vivenda. A citada plataforma opta pola dación en pago como método para saldar as débedas para que, enriba de que a familia se queda sen vivenda, non teña que estar a facer uns pagamentos cos que non podería nin alugar outra ou mesmo manterse no día a día. A continuación, o escrito enviado a NovaGalicia Banco, unha entidade que ten moitos clientes na zona e que está salpicada polo escándalo das preferentes, con continuas protestas enfronte das súas oficinas en Boiro e Rianxo, principalmente, aínda que xa chegaron a Noia.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario