- Vinte nacionalidades distintas conviven no cámping Ría de Arousa 2
Entre as nacionalidades representadas figuran Italia, Suíza, Colombia, República Dominicana, México, Chile, Ecuador, Luxemburgo, Bélxica, Portugal, Marrocos, Papúa Nova Guinea, Holanda e Arxentina
- Os rapaces teñen a oportunidade de adestrarse con campións de taekwondo que participan este verán nos Xogos Olímpicos de Londres
Ribeira, 9 de xullo de 2012.- O IV Campamento de Verán Internacional Soño Olímpico arrancou esta mañá con máis de 200 participantes procedentes de 20 países.
Ao acto inaugural, celebrado no cámping Ría de Arosa 2, acudiron o alcalde Manuel Ruiz; o presidente da Deputación, Diego Calvo (quen tamén aceptou ser presidente de honra deste campamento); o xefe provincial de Deportes da Xunta, Roberto García (estaba prevista en principio a presenza do secretario xeral, quen por razóns de axenda de última hora non puido asistir) e a presidenta da Federación Galega de Taekwondo, Mercé Barrientos.
Tras unha espectacular e acrobática exhibición de taekwondo efectuada polo club Mace Sport, as distintas autoridades comparecentes quixeron felicitar ao Natural Sport, club riveirense promotor do campamento, por esta iniciativa que combina acción deportiva e solidaria.
Ruiz Rivas deu a benvida a todos os asistentes e en especial a aqueles de nacionalidades que visitan este campus por primeira vez: Marrocos, Papúa Nova Guinea e Luxemburgo.
Ao longo de sete días, os 200 rapaces participantes poderán interactuar con combatentes e adestradores do máis alto nivel, algúns dos cales participarán nos xogos londinenses.
Ribeira: presentada a plantilla da promoción 2012 da Policía Infantil, con 22 rapazas e rapaces post.ly/8DlBw E tamén Xoán Arco da Vella fotografou o pazo e a serea de Sálvora: youtu.be/KYtO-J9Ln7M Un fermosísimo lugar para ir ver enfronte a Ribeira! Festival de danza contemporánea del concello de Riveira, ARTISTAS!!!! twitter.com/teresacalo1/st… Ribeira: recepción no concello ao alumnado da gardería, cuxa ampliación acaba de ser adxudicada post.ly/8DhsK
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario