A Pobra do Caramiñal, 9 de agosto de 2012. A concelleira socialista, Teresa García, apoia aos veciños de San Lázaro e Poza de Moraña xa que teñen un grave problema de seguridade no tráfico e solicitan circulación en sentido único.
A Poza de Moraña soporta circulación intensa debido a que moitos vehículos, para evitar as caravanas no semáforo do centro da vila, desvíanse polo lugar. A circulación é en dobre sentido ademais cando hai coches aparcados nun lado faise perigoso, tanto para os peóns como para os propios vehículos.
Precisamente as vivendas situadas na AC-305 ao paso por San Lázaro carecen dun lugar para aparcar, de igual maneira que os veciños que viven na rúa que conecta a AC-305 coa Poza de Moraña.
A solicitude para que se mellore a seguridade viaria nesta zona vén avalada por sesenta veciños que mediante as súas sinaturas solicitan o sentido único e que se lles facilite o aparcamento para mellorar tódolos aspectos da circulación rodada e dar respostas ao problema de aparcamentos que existe na zona.
Os vehículos que veñen da Ponte Barbanza ou Virxe do Monte non poden incorporarse a AC-305 con dirección a Boiro por ter esta estrada liña continua, infracción habitual que se comete neste lugar e que se evitaría co sentido único.
Solicitan, sinalan os socialistas, en nome dos veciños, "unha pequena actuación, coa fin de afianzar a seguridade e a fluidez do tráfico rodado, e en prevención de que ocorran accidentes, ademais de recordarlle ao alcalde que debe facilitar a convivencia entre veciños, deixar que aproveiten tódolos recunchos para o aparcamento e non primar a unhas persoas en detrimento da maioría".
Pode que tamén lle interese:
- A Pobra do Caramiñal: do 17 ao 20 de agosto, Carme dos Pincheiros
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario