9.8.12

Ribeira: este sábado 11, 19ª Travesía a Nado e Campionato de Acuatlón en Coroso

  •  Máis de 200 inscritos en cada competición
  • Trátase do primeiro campionato de acuatlón en Ribeira

 

Ribeira, 9 de agosto de 2012.A praia de Coroso recibirá este sábado aos mellores nadadores de resistencia grazas ás dúas competicións que se levarán a cabo nas súas augas: a 19ª edición da Travesía a Nado “Praia de Coroso” e o Primeiro Campionato de Acuatlón Riveira.

 

Para falar de ambas iniciativas déronse cita hoxe na casa consistorial a voceira de Goberno, Herminia Pouso; o presidente do Club Natación Riveira, José Antonio Prada e o triatleta ribeirense Javier Fontao, quen leva catro anos seguidos subindo ao podio do Campionato Galego de Acuatlón.

 

Polo que respecta á Travesía a Nado: A cita terá lugar o sábado 11 de agosto ás 11 horas e constará de 5 categorías: nacidos entre 1995 e 1997; entre 1998 e 1999; en 2000 e posteriores; nos anos 70 e anteriores (máster) e categoría absoluta (sen límite de idade).

 

Segundo informou o presidente do Club Natación Riveira (entidade organizadora da proba) haberá dous percorridos, un de 1.250 metros para todas as categorías excepto a absoluta e, neste último, un circuíto de 2.500 metros consistente en dar dúas voltas a un triángulo olímpico no que as balizas sempre deberán ser deixadas á súa esquerda polos nadadores.


Selección portuguesa de Natación

 

Xa hai apuntados arredor de 200 participantes, entre os cales se contan cos mellores nadadores especialistas en augas abertas como, por exemplo, a selección portuguesa de natación practicamente ao completo e nadadores procedentes de Asturias, Castela e León e Cataluña.

 

Os tres primeiros gañadores de cada categoría, masculina e feminino recibirán un premio en metálico e un trofeo.

 

A travesía absoluta é puntuable para o Circuíto Galego de Augas Abertas.

 

Iº Campionato de Acuatlón

En canto ao Iº Campionato de Acuatlón de Ribeira terá lugar no mesmo día e lugar que a travesía pero comezará  ás 16.30 horas.

 

A competición divídese en tres segmentos, comeza cunha carreira a pé, despois unha de natación e rematan volvendo a correr a mesma distancia do primeiro tramo.

 

Os recorridos serán para os benxamíns e alevíns de 1000 m de carreira a pé e 200 m de natación, en infantil 1000 m de carreira a pe e 400 m de natación, cadete 1.500 m de carreira a pé e 500 m de natación e absoluta de 2.500 m de carreira a pé e 1.000 de natación.

 

Nestes momentos hai máis de 200 inscritos. Os tres primeiros clasificados recibirán un trofeo e todos aqueles que rematen a proba recibirán un agasallo conmemorativo.


Pode que tamén lle interese:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical