6.8.12

Educación: colexios de Ribeira e Porto do Son vense afectados polas reducións e reagrupamentos impostos pola Xunta

Colexios_ribeira_porto_son

Barbanza, 6 de agosto de 2012. Segundo se pode comprobar no Diario Oficial de Galicia do pasado venres 3 de agosto (aquí), os colexios de Ribeira situados en Carreira e Artes e os de Porto do Son ubicados en Noal e Queiruga van sufrir reducións e reagrupamentos como queda na imaxe. O xornal Galicia Confidencial, co que colabora Certo, denuncia esta situación en toda Galicia nesta nova, con declaracións de Anxo Louzao nas que asegura que deste xeito a Xunta, cun goberno do Partido Popular no que sempre estivo presente o Opus, favorece aos colexios privados da corda desta secta ultracatólica.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical