Noia, 6 de agosto de 2012. O Concello de Noia amosa xa no claustro do Concello a historia en imaxes de Salama e Jadidja, un neno e unha nena saharauís que forman parte do programa de Vacacións en Paz que trae cada verán a Sanxenxo e outras vilas -entre elas Noia- a rapazas e rapaces que viven e medran nos campos de refuxiados de Alxeria. A mostra fotográfica e o documental, elaborados por Agareso, reflicten a súa experiencia estival en Galicia e a súa vida cotiá no deserto.
A exposición titúlase ‘De Sanxenxo ao Sáhara: Vacacións en Paz’, e é da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso). Para vela, a entrada é de balde e poderase visitar ata finais de mes en horario de 09.30 a 14:00 horas, dias laborables e os sábados de 10:30 a 13:00 horas. O fotógrafo Pelu Vidal, xunto coas xornalistas Natalia Puga e Lara Varela, e o cámara Suso Lago, baixo a coordinación de Laura López, realizaron este proxecto de sensibilización no ano 2008. Ademais das fotografías, gravouse o documental ‘Galicia-Sáhara: Vacacións en Paz’, que tamén se proxectará durante a exposición en Noia. A exposición foi financiada polo concello de Sanxenxo coa intención de promover o programa de vacacións solidarias e sensibilizar a poboación galega sobre a importancia deste tipo de iniciativas, coas que todos gañamos: as rapazas e rapaces e mais as familias de acollida. No verán de 2008, o equipo de reporteiros de Agareso seguiu a estancia dun neno e unha nena saharauís en Sanxenxo, xunto coa súa familia galega, e acompañounos no seu regreso á casa despois de pasar dous meses na nosa terra. O programa Vacacións en Paz, operativo desde hai 18 anos, permite dar unha tregua aos máis pequenos durante os meses de verán, cando as temperaturas no deserto roldan os 50 graos. España é o destino preferente de miles de cativas e cativos que reciben así a aperta dun país onde as vacinas, os medicamentos, a tecnoloxía, o lecer, os alimentos e a auga forman parte da vida cotiá, pero que na súa realidade ao outro lado de fronteira escasean. Ás atención médicas que reciben, súmase o sentimento das familias de acollida, que acaban integrando a estes nenos e nenas como un máis da súa casa. Este proceso non só é beneficioso para os saharauís, senón que os nosos propios rapaces e rapazas aprenden con estes programas que hai outras formas de vivir e outras culturas diferentes, pero que a realidade que importa, a que está por riba de todas é que somos todos iguais. A selección de imaxes desta exposición pretende reflectir a experiencia de Salama e Jadidja. A través da serenidade de Salama e a espontaneidade de Jadidja, as e os reporteiros transmítenlle á sociedade o día a día da poboación saharauí e amosan que as diferenzas entre un neno ou unha nena de Galicia e outro do Sáhara son máis ben superficiais, e que tanto alí como aquí o cariño da súas familias e a capacidade para aprender e divertirse son común a todos. Agareso tentou trasladar tamén a Galicia a tenrura das xentes do Sáhara e a súa paixón por conversar, que fan desta rexión desértica o país das palabras. http://www.agareso.orgNoia: actos culturais ata o sábado 11 de agosto post.ly/8fZCf
— Certo (@Certo) August 6, 2012
Madrid sube las tasas de máster al máximo permitido por Educación - noticias.terra.es/espana/madrid-… > Vamos: sube las tasas al doble de lo que estaban.
— Pedro Hernández (@laperiferia) August 6, 2012
Noia: os máis buscados? Non, os de Morrigan. E o venres 10 de agosto dan un concerto (presentando disco) na súa terra. facebook.com/photo.php?fbid…
— Certo (@Certo) August 5, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario