- Cun investimento de arredor de cincuenta mil euros, adscritos no PEIM, amañaranse un total de seis viais
Ribeira, 6 de agosto de 2012.- O Concello informa hoxe do inicio das obras de mellora do firme dun total de seis vías, que se encontran no medio rural, co fin de facilitar o paso a vehículos e peóns.
Os camiños que se adecuarán están situados en Castelos (Aguiño), Agrelo (Olveira), Meixe (Oleiros), Poi (Castiñeiras), Gándara (Artes) e no cruce do Vilar (Carreira).
As obras de mellora están adscritas ao PEIM Rural (Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural) da Xunta de Galicia e ten un custo de 48.193 euros.
Na súa maioría, os camiños presentan un pavimento de terra natural que, na época de frecuentes e fortes chuvias, deterióranse ata o punto de que é necesario por material de recheo.
En primeiro lugar, estase a levar a cabo a limpeza das cunetas e dos lindes das vías, despois aplicarase unha base de zahorra artificial de 15 cm de espesor, compactada e perfilada con motoniveladora. A seguir, subministrarase unha mestura asfáltica en quente de 5 cm de espesor. A maiores, nalgúns dos camiños crearanse cunetas novas.
O período de execución de todas as obras ascende a dous meses.
Ribeira: relación de xardíns premiados e recepción ás Raíñas da Flor no concello post.ly/8fWA6 si a Mariano el pones 10 periodistas detrás gana a Bolt y bate el récord A ESE RITMO USAIN BOLT SÓ TARDARÍA UNHA SEMANA EN PERCORRER TODA A CIDADE DA CULTURA
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario