6.8.12

Ribeira: relación de xardíns premiados e recepción ás Raíñas da Flor no concello

Ribeira, 6 de agosto de 2012. – A tenente de alcalde, Lola Elorduy e a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Pereira, xunto á presidenta da Asociación de Amas de Casa, Magdalena Bringas, premiaron cunhas placas conmemorativas aos donos dos xardíns máis bonitos e mellor coidados de cada unha das parroquias do municipio. Ademais, recibiron, no salón de plenos do Consistorio, ás Raíñas e Damas da Flor deste ano e aproveitaron para facerlles entrega dunhas chucharías.

 

Lola Elorduy felicitou aos veciños xa que “cos seus balcóns e xardíns tan ben coidados contribúen  ao adornado do Concello, facendo que sexa moito máis bonito”. Tamén salientou a importancia do traballo da Asociación de Amas de Casa para que estas iniciativas continúen adiante e agradeceu ás Raínas o feito de que, ao longo do ano, representen coa súa beleza a cada unha das parroquias ás que pertencen.

 

 

RELACIÓN DOS PREMIADOS DE XARDÍNS 2012

 

Ribeira

Josefa Teira Sampedro

 

Aguiño

Daniel Alfonso González

 

Castiñeiras

Marina Crujeiras Fraga

 

Artes

Mª Carmen González González

 

Oleiros

Estefanía Muñiz Sanlés

 

Olveira

Mª Dolores Alvite Riveiro

 

Palmeira

Josefa Olveira Domínguez

 

Carreira

Mª Pura Álvarez Sampedro

 

Corrubedo

Manola Domínguez Brión

 

Antes, en Certo:


Festas do Verán: estas son as Raíñas da Flor de 2012


Fiestra da Cultura: ata o 12 de setembro, actividades culturais




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical