- Os faros de Sálvora e Corrubedo, coprotagonistas deste filme
O documental ten un blog: http://torreiros.blogspot.com.es/
Ribeira, 17 de agosto de 2012.- Mañá, sábado 18, realizarase a estrea en Galicia do documental "Torreiros" do director Pablo Ces. A proxección será na praza Uxío Novoneyra ás 22.30 horas.
O de Corrubedo é un dos faros máis visitados na Barbanza
A iniciativa forma parte dos actos da feira Artemar, organizada polo Concello dentro do programa da Semana do Mar. O documental trata de lembrar e homenaxear os homes e mulleres que desempeñaron o antigo oficio de fareiros, a punto de extinguirse pola aparición dos novos sistemas de navegación e as iluminacións programadas.
Nunha viaxe polos faros máis representativos de Galicia –como é o caso dos de Sálvora e Corrubedo-, o documental dá voz aos últimos torreiros en activo. Este percorrido polos faros galegos, sirve tamén para pór en valor o patrimonio arquitectónico, que ten a súa identidade construtiva, e que rematou por definir unhas paisaxes de gran valor ecolóxico e turístico.
O obxectivo do documental é realizar un caderno de bitácora que rexistrará as actividades dos torreiros na súa xornada.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario