- Denuncia o desleixo da Xunta de Galicia neste asunto
Urocerus albicornis
Barbanza, 30 de outubro de 2012. Segundo denuncia hoxe no seu web a Sociedade Galega de Historia Natural, "a ONU, a través do informe da Secretaría do Convenio sobre a Diversidade Biolócica, Perspectiva Mundial sobre la Diversidad Biológica 3 (Montreal, 2010), considera que unha das cinco presións que afectan directamente á perda de biodiversidade son as especies invasoras. Segundo o estudo desenvolvido por DAISIE, en Europa rexistráronse 11.595 especies foráneas, das que máis de 1.000 están presentes en España. A consecuencia máis inmediata é a recollida no citado informe da ONU, así como en múltiples publicacións:
Perda de biodiversidade e simplificación das cadeas tróficas, competencia por recursos de hábitat e tróficos, danos á saúde humana (Informe da Unión Europea do 2008 Comunicación da Comisión ó Consello, ó Parlamento Europeo, ó Comité Económico e Social Europeo é o Comité das Rexións).Perdas económicas. Na Unión Europea, os gastos anuais asociados ó control das especies invasoras e ó dano que ocasionan ascenden actualmente a 12.000 millóns de euros (In UE. 2010. Especies exóticas invasoras). Nos últimos dez anos, a situación das Especies Invasoras en Galicia, tanto a nivel de especies animais coma vexetais agravouse radicalmente, moi en especial no referente a especies vexetais, tales como Cortaderia selloana, expansión de Acacia spp., irregularización das prantacións de Eucalyptus spp., etc., aínda que as animais non son menores e de consecuencias tamén graves, tanto para a saúde coma para a economía: nemátodo do piñeiro (Bursaphelenchus xylophilus), chinche do piñeiro (Leptoglossus occidentalis), avispón (Vespa velutina) e un longo etcétera.SGHN coincide co sinalado en diversos estudos sobre o carácter prioritario da prevención, ó ser unha das vías máis económicas e efectivas. A vixiancia e rápida detección son fundamentais para reducir o problema. Igualmente a sensibilización cidadá, formación para axentes da administración, educadores ambientais, etc, son imprescindibles para informar dos impactos que producen as especies invasoras. A parte de investigación é un pilar inexcusable para optimizar os recursos e determinar os mellores enfoques posibles a este problema.
Tres novas especies que ameazan o medio ambiente galego
Nesta situación, nos últimos meses apareceron tres novas especies en Galicia (unha aínda non detectada pero presumiblemente presente):
Urocerus albicornis, detectada no verán por un equipo de entomólogos da SGHN que alertou do perigo potencial á Xunta de Galicia, da cal aínda non se recibiu resposta. No País Vasco hai cinco anos que a coñecen. Métese no medio da cortiza de coníferas e axuda a pudrilas.
Avispiña do castiñeiro, na Wikipedia
Dryocosmus kuriphilus. Tamén coñecida como avespa do castiñeiro. A Xunta de Galicia abriu estes días unha campaña de información sobre a posible presencia doutro invasor que ataca ós castiñeiros, rebaixando a súa produción e en caso extremos matando á árbore.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario