- Trátase do inmoble número 2 da praza Gómez Ares de Guisamonde
- O bispado de Santiago quere facer alí un museo sacro pero non dá comezado as obras
Noia, 19 de outubro de 2012. O Concello de Noia, a través da Concellería de Casco Histórico e Patrimonio, vén de iniciar o expediente do deber de conservación, e sobre a eventual imposición de orde de execución, á propiedade do inmoble número 2 da Praza Gómez Ares de Guisamonde, situado na améndoa central da zona vella da vila, segundo in Trátase dunha edificación de pequenas dimensións que permite a apertura visual sobre a traseira da Igrexa de San Martiño, de grande sinxeleza e de carácter popular da que se conservan só as fachadas. O seu especial interese céntrase na súa pertenza a un entorno monumental de grande valor no que se integra de xeito coherente.
Este inmoble pertence ao bispado de Santiago. Como se pode ver na web SanMartindeNoia.org, a intención da Igrexa é facer alí un museo sacro, pero polo de agora non se moveron máis que papeis. Do informe técnico obrante no expediente, despréndese que o inmoble atópase nun importante estado de deterioro, incumprindo os mínimos deberes de conservación e ornato. Realizada a análise visual obsérvase que o mesmo está en moi mal estado. As fachadas perderon a estabilidade e contan con abundamente vexetación en diversos puntos. O edificio atópase baleiro e coa cuberta totalmente derrubada. A maiores, o estado do inmoble está a causar importantes danos ás vivendas colindantes, cuestión que xa provocou a presentación de queixas polos veciños afectados. O edificio está incluído no catálogo de protección, na categoría ambiental, o que conleva a obrigatoriedade de preservación das fachadas. A arquitecta da Oficina do Casco Vello advirte que procede a rehabilitación da edificación e que hai que actuar con carácter urxente na suxeición das fachadas e na posterior colocación da cuberta. O deber de conservación é unha obriga dos propietarios de inmobles, e vén recollida na actual Lei do Solo de Galicia. Tamén a xurisprudencia do Tribunal Supremo tense manifestado ao respecto afirmando que, no ámbito urbanístico, a Administración está facultada para intervir na actividade dos administrados non só na fase de construción dos edificios, senón tamén ao longo do tempo, coa finalidade de garantir a súa permanencia en boas condicións, formando parte do contido real do dereito de propiedade o deber de manter os edificios en condicións de seguridade, salubridade e oranto público. Antes, en Certo:
Patrimonio en Noia: van restaurar cinco laudas
Urbanismo: novo expediente por deterioro, agora no Cantón
Laudas: a dos Canteiros pódese ver na Cidade da Cultura ata decembro
Urbanismo: adecentarán o que queda do antigo Hotel Ribadavia
Patrimonio: musealizarán o acueduto medieval
Patrimonio: amañarán o Pazo do Forno do Rato
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario