Ribeira, 25 de outubro de 2012. A Sociedade Fillos de Palmeira, coa intención de fomentar un ocio saudable e educativo para a mocidade de Palmeira en particular, e de Ribeira e a comarca en xeral, acaba de asinar un convenio de colaboración con Golfiño Xestión de Ocio para dinamizar a entidade.
A primeira actividade ofertada é un Curso de Monitores en Actividades de Tempo Libre xa que é unha formación moi demandada pola mocidade e ten moita saída profesional. O prazo de inscrición xa está aberto e as prazas son limitadas.
Para inscribirse hai que pasar pola Sociedade ou porse en contacto con Golfiño. Terán prioridade para inscribirse os socios e socias desta entidade e a xente de Palmeira.
Neste convenio asinado recentemente coa entidade Golfiño Xestión de Ocio, vanse desenvolver moitas actividades, entre elas:
Cursos e xornadas de formación, festas durante o Nadal, festas durante o Entroido, saídas e roteiros medioambientais, animacións de eventos sociais. A medida que se acheguen as datas irán informando puntualmente.
Toda a información en:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario