18.10.12

Ribeira: unha xornada de reflexión no mar

  • Este sábado dispútase a Regata de Outono, cunhas vinte embarcacións

Ribeira, 18 de outubro de 2012.  O Club Náutico de Ribeira foi escenario esta mañá da presentación dunha nova edición da Regata de Outono "Concello de Ribeira": unha competición organizada por esta entidade deportiva co patrocinio do Concello e a colaboración de constructoras e bancos, entre outras empresas.

Para ofrecer detalles desta cita compareceron na sede do club o seu vicepresidente Ramón Doval Sampedro, o técnico de Regatas Javier Pérez Lafuente, Chuco, e máis o concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez Queiruga.

A regata terá lugar este sábado día 20. Haberá unha saída única para as tres clases de embarcacións convocadas: regata, cruceiro-regata e cruceiro.

A data de hoxe hai 15 inscritos e prevese alcanzar ou mesmo superar os vinte participantes de aquí ao día da competición.

A proba transcorrerá pola ría de Arousa e terá unha distancia de entre nove e quince millas, en función de como sexan as condicións meteorolóxicas que se dean na xornada. O comité de regatas será o cal elixa ese día o percorrido, que en todo caso se servirá das boias de posición ancoradas na ría.

Ás 20 horas terá lugar a entrega de premios na sede do club.

Durante a súa intervención, Juan Luis Martínez destacou ao Club Náutico como un emprazamento estratéxico a nivel deportivo para dinamizar á ría e avogou por que co traballo de entidades como esta siga crecendo a práctica de deportes náuticos no municipio.

Pola súa parte, Ramón Doval agradeceu a colaboración que o Concello sempre dá ao mundo da vela.






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical