- O alcalde sinala que hai máxima preocupación por este asunto e que está en contacto coas consellerías de Medio Ambiente e de Pesca, así como con Intecmar
- Nun mitin onte en Portosín, a candidata socialista ao Parlamento Marisol Soneira criticou que a Xunta inda non indemnizara ás 1.400 familias afectadas polas obras da variante na Ría de Noia
http://farm5.staticflickr.com/4046/4350967439_6b8ac95d37_z.jpg?zz=1Vista satélite da variante de Noia. O viaduto que cruza a Ría está apousentado en bancos de marisco riquísimos ata agora Noia, 18 de outubro de 2012.- A candidata socialista ao Parlamento de Galicia, Marisol Soneira, lamentou onte pola tarde no decurso dun acto electoral en Portosín o feito de que a Xunta aínda non teña indemnizado ás 1.400 familias da zona afectadas polas obras na ría de Noia. Segundo Soneira, a produción pesqueira e marisqueira, especialmente a do berberecho, tense resentido enormemente esta temporada por múltiples factores ligados á “incompetencia” da Xunta en materia de política pesqueira."Hai contratado seguro para estes danos?", pregunta o PsoePara Soneira, as obras da variante de Noia na ría teñen afectado á “produtividade” nos bancos de berberechos da zona e cualificou de “desfeita” que unha parte da ría de Noia se teña declarado zona C. Marisol Soneira pide que a Consellería de Pesca faga públicos as análises de calidade de auga que posúe a Consellería desde o inicio das obras da variante, así mesmo pide que o servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio ambiente dea explicacións das afeccións que está a sufrir a zona de Rede Natura onde se atopan os bancos marisqueiros polas obras ou se existe influencia das gaiolas de salmón. Tamén pide explicacións ao conselleiro de Medio Ambiente por se ten contratado un seguro por posibles danos durantes as obras da variante de Noia.Declaracións do alcalde de Noia: "A preocupación é máxima"https://twitter.com/rafaelguerrero/status/257895429335810048https://twitter.com/rafaelguerrero/status/257934134339596288Tuits do 15 de outubro do alcalde noiés cando comezou a campaña marisqueira en NoiaO alcalde de Noia, o socialista Rafael García Guerrero, afirma que "a diminución de berberecho nos bancos marisqueiros é un desastre para economía local e a nosa preocupación é máxima". O rexedor, que sempre se opuxo ao viaduto sobre a Ría, ao igual que o goberno bipartito anterior na Xunta de Galicia, por temor a posibles efectos sobre a maior fonte de riqueza da economía de Noia, declarou que "cando a Xunta nos comunicou o cambio de clasificación de zona B a C mantivemos inmediatamente contactos coas consellerías de Medio Ambiente -que está facendo a variante de Noia- e coa Conselleira de Pesca e tamén con representantes do Intecmar". Rafael García Guerrero sinala que "a nosa economía depende do marisco e cos recortes da Xunta a todos os niveis faltaban medios para controlar o furtivismo, pero a principal preocupación agora é o empeoramento na calidade da auga e o cambiada que está a praia".Inicio desastroso e apupos ao presidente da confraríaNamentres o ano pasado pasaran polas lonxas do Freixo e Testal nada menos que 51 toneladas de marisco no inicio de campaña, desta volta apenas chegaron ás 30, ou sexa, máis de 20.000 quilos menos de bivalvos. Esta mesma semana, o presidente da confraría noiesa, Santiago Cruz, explicaba na Radio Galega que as mariscadoras a pé conseguiran xuntar os seus cupos pero os mariscadores en embarcación estaban moi lonxe de conseguilos. Este directivo da confraría bótalle a culpa ás condicións meteorolóxicas. Segundo nos contaron veciños que presenciaron o incidente, Santiago Cruz foi apupado por parte dos mariscadores neste inicio de campaña marisqueira, con berros de "arruinastes a praia coa ponte do PP". http://farm5.staticflickr.com/4015/4351716234_b64f1f424c_z.jpg?zz=1Recreación virtual de como quedará a ponte sobre a Ría de Noia ao remataren as obras467.000 euros nun convenio en outubro do ano pasadoO conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o patrón maior da Confraría de Pescadores de San Bartolomé de Noia, Santiago Cruz Martínez, asinaron o 26 de outubro de 2011 en San Caetano (sede da Xunta de Galicia en Santiago) un acordo polo que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas establece unha cantidade de 467.200 euros para compensar a afección temporal aos recursos marisqueiros mentres duren as obras da a variante de Noia. As obras consisten na execución dunha ponte sobre a ría que enlazará a VAP Brión-Noia coa estrada AC-550 en Taramancos.
O acordo establecía "compensacións económicas debido á ocupación temporal da zona coa plataforma de traballo, ademais dunha posible afectación na produción marisqueira. A vixencia do mesmo é de tres anos". As afectacións derivadas das obras foron determinadas na Declaración de Impacto Ambiental (DIA) elaborado pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, onde se especifica que se nos estudos da dinámica litoral da ría de Muros e Noia afectados pola construción do viaduto se derivasen afeccións a hábitats produtivos, elaborarase unha memoria de medidas compensatorias. A Xunta non informou aínda de cando se fará esta memoria inda que, como estamos en campaña electoral, todo serán promesas estes días.
O barato pode saír moi carohttp://farm7.staticflickr.com/6080/6130791937_e45e62b17c_z.jpgVisita de Agustín Fernández ás obras da variante en setembro de 2011Segundo publicamos en xullo de 2011 en Certo, a actual Xunta fachendeou de que a variante noiesa que Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, proxectou e adxudicou á empresa na que antes traballara, Puentes y Calzadas, era moito máis barata que a que proxectara o Bipartito polo interior:"Cabe lembrar tamén que a variante de Noia polo interior que tiña previsto facer o bipartito, e que non foi capaz de iniciar, tiña un custe de 80 millóns de euros, polo que a actuación que vai a levar a cabo o actual Goberno implica un aforro de 47 millóns de euros para as arcas autonómicas con respecto ao que pretendía facer o bipartito. Pese á demagoxia e os atrancos do principal partido da oposición, a Xunta vai facer unha auténtica variante de Noia: máis vertebradora, cun trazado máis curto, con menor impacto ambiental e, ademais, en menos tempo e por menos da metade de prezo do que pretendía facer o anterior goberno", dicía literalmente aquela nota da Xunta de Feijóo.Outro caso en Galicia de berberecho desaparecido: Fozhttp://farm7.staticflickr.com/6165/6153283262_21e36cb5d3_z.jpgCuriosamente, unha das localidades costeiras de Galicia que tiña unha gran produción de berberecho como Noia hai medio século, Foz, na Mariña de Lugo, comezou a perder todos os seus bancos marisqueiros ao facérense obras nos peiraos propios e cercanos, por cambiaren as correntes e acumularse áridos onde antes non o facían. Agora, en Foz, do berberecho só queda a lenda e unha das poucas Festas do Berberecho galegas que, paradoxalmente, trae todo o seu produto gastronómico de Noia e Rianxo.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario