26.11.12

Boiro: máis de medio cento de asistentes ás xornadas "O Prestige en imaxes"

  • Organizounas a asociación cultural Borobó
  • Puidéronse ollar os últimos documentais sobre a catástrofe que inda se está a xulgar agora, logo de dez anos de que sucedera

[[posterous-content:pid___0]]

Boiro, 26 de novembro de 2012. A Asociación Cultural Borobó pechou as xornadas audiovisuais “O Prestige en imaxes” celebradas durante os pasados venres 16 e venres 23 deste mes de novembro. Finalmente, máis de cincuenta persoas achegáronse ao Centro Social de Boiro para asistir ás proxeccións das xornadas.


Tras proxectar “Marea blanca” de Isabel Coixet e “Carcamáns” de Marcos Nine, contando con este último director, na segunda das sesións os asistentes puideron visionar o documental “Man, home sen paz” dirixido por Simón Vázquez. Asemade contouse co guionista e productor da obra, David Formoso, para a presentación e o posterior coloquio que se prolongou ante o gran interese dos alí presentes pola obra, vida e morte do artista e anacoreta Manfred, Man o de Camelle.

Dende a asociación Borobó amóssanse "realmente entusiasmados coa boa acollida das xornadas, facendo fincapé no interese en buscar a forma de non esquecer o acontecido fai dez anos co accidente e afundimento do petroleiro Prestige en fronte da costa de Galicia". Segundo sinalou a presidenta da entidade, Silvia García Mirón, “o que queríamos con esta actividade era lembrar dende Boiro as graves consecuencias socioeconómicas que tivo para a
sociedade galega o desastre do Prestige e, de aí, a necesidade de esixir responsabilidades e decisión políticas urxentes en relación coa seguridade marítima”.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical