- Conseguiron rematar 125 dos participantes
- A satisfacción e interese dos participantes invita á organización a darlle continuidade con futuras edicións
Ribeira, 26 de novembro de 2012. Onte, domingo 25 de novembro de 2012, no lugar de Balteiro, parroquia de Oleiros (Ribeira), tomaron a saída os 150 atletas que participaron no I DUATLON TRAIL DE RIBEIRA, que consistía nunha primeira parte de 15 quilómetros en BTT (bicicleta de montaña) e outros 5 quilómetros de carreira a pé.
Ambos trazados discorreron case na súa totalidade por pistas e corredoiras dos arredores do Camping Ría de Arosa 2, lugar que serviu de saída, chegada e transición entre as dúas probas que remataron 125 "duatletas" e recibiron soporte en todo momento por parte do equipo de Sport Bike.
Houbo trofeos para os 15 primeiros homes e 5 primeiras mulleres. Como vencedor absoluto quedou Raúl Castro Lago en homes e Teresa Barreira Salgado en mulleres. Na entrega de trofeos estuveron presentes representantes das entidades que secundaron a iniciativa e coorganizaron a actividade xunto con Arousa Natureza e Ocio:
CONCELLO DE RIBEIRA
ECOPLÁS
CAMPING RÍA DE AROSA
NAUTICA A POUTADA
SPORTBIKE
EPHADAX
Clasificación íntegra
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario