Pode seguir todas as presentacións deste poemario en
http://achaescrava.blogspot.com.es Boiro, 28 de novembro de 2012. A editorial Acha Escrava presentará en Boiro o novo libro de poesía de Ramón Blanco (Outes, 1979), que leva por título Emily on the road (Unha viaxe ás terras do oeste). Será na Pousada das Ánimas, o vindeiro venres 30 de novembro, ás 23:00 horas. O autor estará acompañado por Manuel L. Rodrigues, en representación da editora; e Manolo do Río, do colectivo literario Sacou, onde Ramón Blanco se iniciara como escritor.
O acto rematará cun recital poético-musical no que o autor lerá algúns fragmentos do libro, que ambientará coa súa música o saxofonista Pablo Sax. A continuación, no mesmo local, terá lugar a actuación do grupo de rock e blues dos 70 Mr. Woolf.
Esta é a oitava dunha serie de presentacións por diversas vilas e cidades, no que a propia editora denominou "Xira Emily on the road".
Pode que tamén lle interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario