- Co gallo do Día Internacional de Loita contra esta doenza
- Sinalan que o máis importante segue a ser a prevención, que só se logra con información
Ribeira, 29 de novembro de 2012. Cada 1 de decembro, Día Mundial de Loita Contra a SIDA, persoas de todo o mundo suman esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia.
Esta celebración brinda a todos os/as copartícipes, tanto públicos como privados, unha das máis oportunidades máis claras para dar a coñecer a situación e impulsar avances en materia de prevención, tratamento e atención aos afectados/as nos países con elevada prevalencia e tamén no resto do mundo. A Asociación Renacer levará a cabo unha serie de actos informativos nos vindeiros días. Estes actos están dirixidos á poboación en xeral e a mocidade en particular, tentando concienciar acerca da importancia da prevención na loita contra a SIDA e a de involucrarse na súa detección precoz.
Haberá reparto de condóns e material informativo
Instaláranse diversas mesas informativas nos tres institutos de ensinanza secundaria, nas que se repartirán lazos vermellos, material informativo e preservativos o venres día 30, durante o recreo, ás 11:30 horas. Ademais no IES Nº 1 para achegar tamén a información ás persoas que acoden á ensinanza de adultos impartirase unha charla sobre sexualidade e SIDA o xoves 29 ás 18:40 horas, trala que se repartirá material informativo.
O sábado día 1 de decembro na rúa peonil do concello (ó lado da Farmacia Sanmamed) tamén se colocará unha mesa informativa para informar e sensibilizar á poboación en xeral.
Estas actividades englobánse no programa de prevención do VIH-SIDA e outras ITS da Asociacion Renacer e complementan a labor que se está a levar a cabo cos mozos e mozas nos centros de ensino secundario a través de diversos obradoiros de Educación Afectivo-Sexual e Sexo Seguro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario