- É a única oficina consular de EE.UU. no norte de España. Se pecha, habería que ir a Madrid
- Hai unha comunidade de ribeirenses residentes en Estadous Unidos moi importante, a cal se vería prexudicada por este peche
- Polo visto, a decisión do peche estaría baseada nun informe con moitas deficiencias
A oficina de USA está na rúa Juana de Vega, nº 8
Ribeira, 20 de novembro de 2012. O alcalde de Ribeira vén de solicitar ao Goberno dos Estados Unidos que reconsidere a decisión de pechar a Oficina Consular en A Coruña da nación norteamericana, a única situada no norte de España. O rexedor fixo esta petición mediante unha carta dirixida ao embaixador en España de EE.UU., despois de ter celebrado a semana pasada unha reunión cunha representación da comunidade norteamericana residente en Galicia, que o puxo en coñecemento deste problema.
Erros de vulto no informe norteamericano
Segundo tivo ocasión de escoitar o rexedor municipal, a decisión de pechar a oficina consular coruñesa despois de 32 anos de funcionamento baséase nun informe que ten importantes erros. Así, este documento manifesta que o Consulado atende a unha comunidade de 400 persoas, cando en realidade son 4.500 os cidadáns norteamericanos residentes en España.
Por outra parte, o informe afirma que son poucos os turistas americanos que viaxan a Galicia, obviando que esta Comunidade Autónoma serve de escala ás máis importantes liñas transatlánticas, que son utilizadas por un gran número de norteamericanos (9.570 no que vai de ano 2012), e esquecendo tamén que o Camiño de Santiago é a maior ruta de peregrinación de occidente e que EEUU é a día de hoxe o quinto país estranxeiro en número de peregrinos.
New York e New Jersey están cheas de ribeirenses
Á hora de sumarse a esta petición, Manuel Ruiz Rivas tivo moi en consideración a existencia dunha nutrida comunidade de cidadáns de Ribeira emigrados aos Estados Unidos que hoxe contan coa dobre nacionalidade e que, por tanto, se verían seriamente prexudicados de materializarse o peche. O alcalde deixou constancia no seu escrito ao embaixador de que a presenza de riveirenses é especialmente significativa nos estados de New York e New Jersey: territorio este último ao que pertence a cidade de Newark, coa que a cidade barbanzana está irmanada dende o ano 1994.
Neste sentido, en Galicia dáse a circunstancia de que moitos emigrantes con dobre nacionalidade retornaron a esta terra despois de xubilarse, ata o punto de que a Comunidade ten a día de hoxe a maior concentración de pensionistas da Seguridade Social Americana de España, cun total de 2.368 individuos.
Froito de todo isto, o peche da Axencia Consular conlevaría serios prexuízos tanto para a comunidade estadounidense en Galicia como para a comunidade galega en EE.UU., xa que a oficina máis próxima sería a localizada en Madrid, a máis de 600 quilómetros de distancia.
Turismo: sabías que en Barbanza hai tres concellos coa declaración de municipio turístico? Ribeira (2001), A Pobra (2004) e Rianxo (2007). Acordoulle ao Valedor do Pobo que a xente á que botan das casas os dos bancos precisaban "axuda". Non foi sen tempo ou! valedordopobo.com/index.php?s=2&… Resumo do día: Mangouras: “Sen as decisións das autoridades españolas a contaminación non tería chegado ao Cantábrico” quepasanacosta.com/?p=19620 Ribeira: asistir ao nacemento dunha dorna é presenciar a milagre da vida. lajareu.blogspot.com.es/2012/11/xa-est… vía Lajareu a Barlovento
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario