10.12.12

Dodro: este sábado, 15 de decembro, Xornada Benéfico-Deportiva

  • Vanse recoller alimentos non perecedeiros para @s pobres
  • Haberá diversas exhibicións deportivas

Dodro_festival15

Dodro, 10 de decembro de 2012. O Concello de Dodro celebra a IV Xornada Benéfica Deportiva o vindeiro sábado, 15 de decembro, no pavillón polideportivo municipal. Recolleranse alimentos non perecedeiros para axudar ás persoas máis necesitadas.

A partires das 16:00 horas haberá unha exhibición de baile deportivo das Escolas Deportivas Municipais de Dodro e unha exhibición de Hip Hop dun grupo da escola de Estarben. Celebraranse tamén torneos de tenis de mesa, tiro á rá, de chave e de fútbol 2 x 2. Os que queiran participar poden inscribirse na oficiña de deportes ao longo da semana ou o mesmo día no pavillón. Para máis información débese chamar ao 981.802.532

Pode que tamén lle interese:

Tamén, en Dodro:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical