26.12.12

Ribeira: arranxarán a rúa Pedra da Aiga en Palmeira

A obra foi adxudicada por un importe de 44.740 euros

 

O CONCELLO DE RIVEIRA RENOVARÁ OS SERVIZOS DA RÚA PEDRA DA AIGA, EN PALMEIRA

 

A NOVA REDE DE DRENAXE IMPEDIRÁ QUE EN ÉPOCAS DE CHUVIA SE ACUMULE AUGA NAS FINCAS COLINDANTES

 

Ribeira, 26 de decembro de 2012.- O Concello vén de adxudicar unha actuación en virtude da cal se verán renovados os servizos da rúa Pedra da Aiga, na parroquia de Palmeira. O importe da obra ascende a 44.740,88 euros e a empresa Construcciones Pazo de Axeitos, S.L., será a encargada de executala.

Actualmente, a rúa Pedra da Aiga non dispón de rede de drenaxe de augas pluviais, razón pola cal en épocas de chuvia é frecuente que se produzan problemas de acumulación en leiras colindantes. O pavimento actual é de formigón. 

O proxecto elaborado ao efecto polos técnicos municipais prevé a construción dunha rede para drenaxe de pluviais, ademais da renovación dos servizos de auga potable e saneamento. Unha vez rematadas estas accións, a rúa será pavimentada con adoquín prefabricado de formigón.

Así, será colocada unha tubaxe de polietileno de alta densidade de 90 milímetros de diámetro para o abastecemento de auga potable e outra de PVC corrugado de 315 milímetros para pluviais. En canto a saneamento, instalarase unha tubaxe de PVC liso de 315 milímetros.

Pavimentación

Para a pavimentación combinarase adoquín de formigón gris con outro de cor vermella, ambos con dimensións de 20x10x8 centímetros.

A rúa contará coa pendente lonxitudinal e transversal suficiente para que a auga superficial sexa conducida ata as arquetas sumidoiro proxectadas. Na liña de pluviais disporanse arquetas cada 20 ou 25 metros.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical