18.12.12

Ribeira: o Concello adxudicou xa o alumeado de todas as festas de 2013 e 2014 por 72.000 euros

  • Segundo o equipo de goberno, isto supón un considerable aforro, pois só as lumieiras de Nadal do ano pasado costaron máis da metade desa cifra, 47.000 euros
  • A adxudicación foi para Iluminacións Santiaguesas, a quen se lle alugan os arcos luminosos de todas as festas ata 2014


Ribeira, 18 de decembro de 2012.- O Concello informa hoxe de que vén de formalizar "un contrato que lle vai reportar un substancial aforro económico ás arcas municipais. Trátase do aluguer da instalación de arcos, adornos luminosos e outros elementos ornamentais para as festas de Nadal 2012/2013 e 2013/2014, así como para todas as festas locais do municipio (parroquias incluídas) que se van celebrar ao longo dos anos 2013 e 2014". Hai outro xeito de ler esta información: moito se despilfarrou neste concello ata agora, se os datos son correctos, pois a factura da luz ao resto dos veciños increméntasenos, non vai á baixa.

A adxudicación desta actuación recaeu na empresa Iluminaciones Santiaguesas, S.L. (empresa que xa instalou hai dez días a iluminación navideña tanto da cidade como das parroquias), por un importe global de 72.358 euros, IVE incluído.

Do aforro económico que supón esta adxudicación global dá unha idea o dato de que tan só a iluminación de Nadal do ano pasado custou 46.964 euros, IVE incluído (partindo desta base xa estaríamos a falar dun aforro de máis de 21.000 euros) e que o alumeado das festas navideñas de 2010/2011 ascendeu a 60.000 euros.

Festas de verán

Pero a isto hai que engadir o aforro derivado das iluminacións ornamentais que solen engalanar as festas das distintas parroquias e as da propia cidade, que tamén están incluídas neste contrato. Baste dicir que só o custe da iluminación das tradicionais festas de verán de Ribeira que se celebran na primeira semana de agosto ascendeu a uns 10.000 euros.










Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical