http://multimedia.xunta.es//portal-web/Videos/2012/Xaneiro/20130115_Presidenc...
- Rueda visitou esta mañá os investimentos feitos no concello de Outes co fondo de compensación ambiental
- Os fondos procedentes do canon contribuíron á ampliación de redes de abastecemento e saneamento de auga no concello
Rueda realizou hoxe unha visita institucional ao Concello de Outes, onde comprobou in situ as obras levadas a cabo neste municipio grazas ao Fondo de Compensación Ambiental. Estivo acompañado da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e do alcalde da localidade, Carlos López Crespo; e aproveitou a visita para anunciar que, por cuarto ano consecutivo, o Executivo galego volverá a poñer a disposición dos concellos galegos este fondo, que estará dotado con 11,5 millóns de euros.
O Fondo de Compensación Ambiental foi posto en marcha polo Goberno galego no ano 2010, procedente do canon eólico, e permitiu -segundo a nota da Xunta- que por primeira vez os concellos galegos se beneficien directamente da explotación de enerxía eólica en Galicia. "A medida, ademais dun forte compromiso coas facendas locais e o medio ambiente, é unha clara mostra da aposta da Xunta polo reequilibrio territorial, xa que beneficia sobre todo a municipios pequenos e do interior de Galicia", segundo a Xunta.Así, o FCA está permitindo que os cidadáns sexan beneficiarios directos da explotacións do vento, a través das actuacións que están poñendo en marcha os seus concellos. Este é o caso de Outes, no que se levou a cabo a ampliación da rede de abastecemento e saneamento de auga cun orzamento de preto de 67.000 euros, dos cales 19.000 euros son para gastos de funcionamento. Precisamente, Rueda destacou que o ano pasado a Xunta autorizou aos concellos beneficiarios do fondo para que puidesen dispoñer del para facer fronte ao gasto corrente, algo que afecta moito aos concellos. Ademais, como novidade para este ano o FCA poderá tamén empregarse en gastos de contratación ou mantemento de persoal.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario