- Son oito actuacións en sete parroquias e a maiores das obras, hai unha partida para rematar o centro social de Carreira que vai iniciar o actual obradoiro de emprego "Vionta"
Docentes e alumnos do recén creado obradoiro "Vionta"
Ribeira, 14 de xaneiro de 2013.- A Corporación celebrou hoxe un pleno extrordinario e urxente no que se aprobou por unanimidade á realización de oito novas actuacións que están enmarcadas no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal da Deputación (comunmente coñecido como POS) e que servirán para seguir adecuando e humanizando as distintas parroquias que conforman o concello.O POS 2013 ascende a un total de 449.236,85 euros financiados integramente pola Deputación. Dos mesmos, 386.237,55 euros están destinados a seis obras incluídas dentro do denominado POS principal e que benefician a outras tantas parroquias: en Aguiño, a pavimentación das rúas Lagarto, Manuel Murguía e Mestre Sans Ortega; en Artes, a pavimentación do entorno da Igrexa Parroquial; en Castiñeiras, a pavimento, auga potable e pluviais na rúa Alto da Fonte; en Corrubedo, a pavimentación, saneamento e pluviais nos accesos á praia do Prado; en Olveira, a pavimentación, saneamento e pluviais nunha praza en Sirves; e en Palmeira, a pavimentación da explanada do porto. Os 62.999,30 euros restantes destínanse a gastos correntes, se ben o fin último desta contía é, segundo informou o alcalde, completar a construción do novo Centro Social de Carreira cuxa construción van iniciar os alumnos-traballadores do obradoiro Vionta. Como POS complementario prevense outras dúas actuacións: en Olveira, a pavimentación de camiños no lugar de Bouza; e en Santa Uxía, a pavimentación do entorno do Cruceiro dos Remedios en Deán. Aguiño
As rúas Lagarto, Manuel Murguía e Mestre Sans Ortega están situadas no centro da parroquia e son moi transitadas. As súas calzadas, feitas en aglomerado asfáltico, están bastante deterioradas polo uso e o paso do tempo. O obxectivo que se persegue reside en pavimentar a calzada cunha mestura bituminosa co fin de mellorar a seguridade viaria. Ademais, ampliaranse as arquetas existentes para aumentar a súa capacidade de desaugue, procederase ao enrasado das tapas á cota do novo pavimento e pintaranse as pertinentes marcas viarias. O orzamento é de 50.694,93 euros e o prazo de execución dun mes.Artes
Igrexa de ArtesA actuación localizarase na rúa que parte dende a estrada Artes-Corrubedo, á altura de Outeiro, ata a igrexa parroquial: vía que sirve de acceso a este recinto e ao cemiterio e que é moi frecuentado ao longo de todo o ano.A intención do Concello é substituír o pavimento existente (de aglomerado asfáltico e que está moi deteriorado nalgúns puntos) por outro de pedra acorde co entorno. Concretamente, disporase un novo pavimento a base de lousas de granito de 60x40x8 centímetros, con franxas de adoquín, tamén de pedra, de 33x16x8 centímetros, sobre 5 centímetros de mortero de cemento.A actuación ten un importe de 79.728,41 euros e un prazo de execución de dous meses.CastiñeirasA acción planteada céntrase nunha das principais arterias do núcleo urbano de Castiñeiras, que hoxe en día presenta pavimentos de formigón e tramos de terra apisonada, en ocasións con maleza. Ademais de desbrozar a área de actuación, construiranse redes de pluviais e de auga potable e estenderase un pavimento de formigón en masa, combinado con franxas de adoquín de formigón recto. O orzamento da obra é de 35.915,14 euros e o prazo de execución, dous meses.CorrubedoAs rúas obxecto da actuación serven de comunicación entre o porto e a praia do Prado, especialmente no período estival. O seu firme está formado por pavimento de formigón, bastante deteriorado nalgúns puntos. Non existe rede separativa de alcantarillado, descorrendo augas fecais e pluviais por un único colector.A efectos de mellorar a zona, instalaranse colectores de PVC compacto para saneamento de fecais e de PVC corrugado para pluviais. Ademais, pavimentarase a zona con distintos tipos de pedras co fin de lograr un debuxo semellante ao de áreas próximas recentemente pavimentadas: lousas de granito de 60x40x8 centímetros combinadas con adoquíns de granito de 20x10x8 centímetros. O importe é de 73.212,83 euros e o prazo de execución de tres meses.OlveiraA praza obxecto da actuación está localizada en Sirves, que alberga a Capela dos Dolores, edificación de certa importancia e que serve de centro neurálxico para os veciños do lugar. A intención do Concello é instalar redes de saneamento e pluviais e pavimentar a zona con lousas de granito tipo perpiaño, ademais de dispor diversos elementos de mobiliario urbano.A obra ten un orzamento de 35.879,30 euros e un prazo de execución de dous meses.PalmeiraA esplanada do porto de Palmeira é unha zona moi transitada que na actualidade está deteriorada nalgúns puntos. Plantéxase a súa pavimentación con adoquín de formigón prefabricado en tonalidades gris e verde, que se colocarán sobre unha capa de morteiro de cemento estendida enriba dunha soleira de formigón.O orzamento da obra ascende a 110.806,94 euros e o prazo de execución é de dous meses.POS complementarioPolo que respecta as actuacións enmarcadas no POS complementario, a pavimentación de camiños no lugar de Bouza (en Olveira) céntrase en dous vías que teñen distintas características, xa que unha delas conta con aglomerado asfáltico (que presenta algunhas irregularidades) e a outra un firme de zahorra e terra vexetal que en ocasións resulta intransitable na tempada de inverno por mor das chuvias. Ambos camiños serán pavimentados para permitir a circulación de vehículos en condicións axeitadas. O primeiro cunha mestura bituminosa en quente e o segundo con tratamento superficial formado por un triple rego asfáltico estendido sobre unha capa de grava.Esta actuación ten un orzamento de 35.103,83 euros e un prazo de execución dun mes. Por último, actuarase nas zona na que se sitúa o Cruceiro dos Remedios, en Deán (Santa Uxía), que a día de hoxe rexistra uns pavimentos de aglomerado asfáltico, formigón ou lousas de baldosa hidráulica moi deteriorados polo continuado tránsito de peóns e vehículos.Co obxecto de mellorar a zona, as rúas adxacentes ao Cruceiro serán pavimentadas con lousas de granito abuxardado de 20x10x8 centímetros e adoquíns de granito de 60x40x4 centímetros; e o entorno do propio Cruceiro, con lousas de 60x40x4 centímetros.O importe da obra é de 61.419,31 euros e o prazo de execución, dous meses.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario