Vídeos e tweets de Paco do Martelo
Con unha e con outras, déixovos con #RamónSampedro de costas ao mar, co que a el lle gustaba miralo tanto!!! twitter.com/pacodomartelo/…
— Francisco Calo (@pacodomartelo) January 13, 2013
@pastorrguez foi o único edil da corporación q se deixou ver no XIV Homenaxe #RamónSampedro Leu o seu poema: Necios! twitter.com/pacodomartelo/…
— Francisco Calo (@pacodomartelo) January 13, 2013
Flores para Ramón Sampedro twitter.com/etnoga/status/…
— etnoga (@etnoga) January 13, 2013
Homenaxeando a #RamónSampedro Van aló 14 ediciónsAusencia notable de autoridades e parte dos que puxemos a semente! twitter.com/pacodomartelo/…
— Francisco Calo (@pacodomartelo) January 13, 2013
Foi o 12 de xaneiro de 1998 cando Ramón Sampedro, mariñeiro de Xuño tetrapléxico, farto da xustiza lenta e dos políticos inmisericordes deste país, decidiu deixar este mundo. Como reza o noso refraneiro, "entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro", e en calquera das súas homenaxes, sempre arredor da data do seu pasamento, o frío e a chuvia están presentes. Iso non arreda aos seus amigos, familia e admiradores, que xa levan con este 14 homenaxes. Notouse que non había eleccións á vista, pois a presenza de autoridades foi case nula: só se presentou o ex alcalde socialista Pastor Rodríguez, aínda edil na corporación sonense.
Os que nunca fallan e promoven con máis forza este homenaxe son os de Dereito a Morrer Dignamente e a súa familia e amigos. O seu anceio é que o legado de Ramón Sampedro non morra e que se consiga o que pediu ata que non puido máis: a eutanasia. Os políticos deste país, gravemente acomplexados pola moral católica que considera isto un pecado mortal, inda nin sequera abriron o debate. En países máis avanzados -Holanda, Bélxica ou Suíza, entre outros- xa é algo que a sociedade asumiu, pois foi explicado e debatido nas cámaras de representación cidadá.
O XIV homenaxe a Ramón Sampedro fixo de novo protagonistas á natureza -ese mar que el tanto amaba inda que nel quedara baldado e eses caraveis vermellos que se arroxaron no seu leito- e á poesía. O mesmo Sampedro deixou en "Cartas desde el infierno" un feixe de versos nos que este activista da eutanasia pediu, séndolle negado, unha morte digna a uns tribunais, os españois, que son tan lixeiriños en darlle cadea aos pobres e inda máis en zafar aos ricos e poderosos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario