22.1.13

Ribeira: pasarelas e bolardos impedirán que os vehículos estraguen as dunas de A Catía

Ribeira, 22 de xaneiro de 2013- Unha principais actuacións incluídas dentro do proxecto de rexeneración ambiental do sistema dunar da praia de A Catía (na parroquia de Aguiño) está en fase de concluír: a da instalación das pasarelas de madeira coa dobre finalidade de impedir, por unha parte, o estacionamento de vehículos enriba do vizoso cordón dunar (práctica que estaba redundando no seu deterioro) e de facilitar, por outra, os accesos dos viandantes ao areal.

 

En total, instaláronse uns 600 metros de pasarelas: tres nas inmediacións da rúa Andrés Torres Queiruga (unha en sentido lonxitudinal a este vial e dous en sentido transversal que conducen directamente á praia), unha preto da rúa da Rabuda e unha quinta no entorno do río Listres para facilitar o acceso á Catía dende a estrada xeral, no punto xusto que en que se unen as parroquias de Aguiño e Castiñeiras. Esta última inclúe unha pequena ponte sobre o río.

Ademais, o punto de acceso ao areal e dunas de A Catía dende rúa da Rabuda queda imposibilitado aos vehículos mediante a colocación de bolardos de pedra granítica ancorados ao terreo.

Ademais de darlle os últimos retoques á colocación de pasarelas, a empresa adxudicataria (Eulogio Viñal Obras y Construcciones, S.A.) está a proseguir coa obra proxectada mediante outras accións dirixidas á habilitar espazos de aparcamento en zonas próximas ao sistema dunar. O conxunto da actuación ten un importe de 136.922,04 euros.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical