- A xornada presencial terá lugar o Día de San Valentín, o xoves 14 de febreiro
- Consiste en formar e autoempregar no eido da fotografía a mulleres en dificultades profesionais
Imaxe dunha expo de Acción contra el Hambre na que había unha iniciativa semellante
Noia, 22 de xaneiro de 2013. A Concellería de Igualdade e Benestar informou hoxe de que a aula CeMit do Concello de Noia participará ao longo do ano 2013 na iniciativa “Miradas de Muller”. Dita iniciativa ten como finalidade ofrecer formación e solucións de autoemprego para mulleres con dificultades de desenvolvemento profesional, para a súa incorporación no mundo empresarial utilizando servizos dixitais no campo da fotografía.
As mulleres participantes na iniciativa terán acceso a unha serie de servizos como son: a consultoría, formación e difusión da súa obra no eido da fotografía, dispor dun banco de imaxes propio, servizo de autoemprego e ofertas de traballo relacionadas coa fotografía dixital, rexistro da propiedade intelectual e artística, soporte e asesoramento técnico e un concurso de fotografía a través do cal a través do concurso darase publicidade ás creacións das usuarias e axudaralles a promover os seus negocios.
No Concello de Noia a xornada presencial terá lugar na aula CeMit (antigo casino) o día 14 de febreiro das 16:00 ás 20:00 h. mediante o sistema de videoconferencia na que se presentará a plataforma, ademáis desenvolverase unha charla de emprendemento no campo da fotografía dixital e contarase coa participación dunha fotógrafa de referencia para que transmita a súa experiencia.
INSCRICIÓNS
Hai que rexistrarse como usuaria da aula CeMit do Concello de Noia e solicitar a adhesión á iniciativa.
As persoas interesadas terán que facelo antes do 28 de xaneiro.
Poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais na rúa do Curro, 4 (981828011, David) ou ben dirixirse á Concellería de Igualdade e Benestar no Concello Noia na rúa Rosalía de Castro, s/n, segundo andar. (981842100, Agapito).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario