A anterior Gala do Deporte tivo lugar o 25 de febreiro de 2012
BASES DA VIII GALA DO DEPORTE
- Valoraranse os resultados e méritos deportivos obtidos durante o período comprendido entre ó 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2012.
- Os premios e recoñecementos que se outorguen axustaranse os seguintes apartados:
- Mellor Deportista Masculino
- Mellor Deportista Feminina
- Mellor Deportista Masculino Discapacitado
- Mellor Deportista Feminina Discapacitada
- Deportista Revelación Masculino (sub – 18)
- Deportista Revelación Feminina (sub – 18)
- Mellor Equipo Masculino
- Mellor Equipo Feminino
- Mellor Adestrador
- Mellor Xuíz/Árbitro
- Mellor Evento Deportivo
- Mellor Club Educativo na Promoción do Deporte Escolar
- Mellor Entidade na promoción do Deporte Base e Deporte Para todos
- Mellor Club Local
- Mencións Especiais
- Patrocinio Deportivo
- Mellor Labor Informativo
- Galardón especial ao labor investigador.
- Para poder optar os premios dos apartados A, B, C, D, E e F, deberase ser un deportista nacido en Ribeira, ou con residencia legal no Concello con data anterior a 1 de xaneiro de 2010.
- O xurado estará composto polo Concelleiro Delegado de Deportes, e catro vocais máis elixidos por este, entre deportistas, técnicos e demais persoas vinculadas o deporte local.
- Os clubs, calquera cidadán, institución ou asociación, poderán así mesmo propoñer a unha ou varias persoas para que sexa recoñecida a súa labor, sexa pola súa traxectoria deportiva, directiva, ou polo seu apoio ó deporte en xeral desde casqueira ámbito de actuación.
- Calquera persoa ou entidade poderá propoñer candidatos a estes premios ata o xoves 7 de febreiro de 2013, mediante presentación de instancia no rexistro xeral do Concello dirixida ó Sr. Alcalde do Concello de Ribeira, ou por correo electrónico á dirección deportes@riveira.com .
- A relación de nominados farase pública o día 15 de febreiro do 2013.
- A Gala do Deporte 2012 celebrarase no Auditorio Municipal de Ribeira o día 1 de marzo do 2013.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario