- O subdelegado do Goberno aproveitou para visitar o posto da Garda Civil, algo habitual neste tipo de xiras da autoridade gubernamental.
A Pobra, 22 de febreiro de 2013.- O subdelegado do Goberno en A Coruña, Jorge Atán, e o alcalde, Isaac Maceiras, copresidiron esta mañá unha reunión da xunta local de seguridade. Con eles estiveron a vicesecretaria xeral da delegación do Goberno, Eva Vázquez; o comandante xefe da Garda Civil de A Coruña, Benedicto González, os comandantes dos postos de Boiro e A Pobra; o tenente-alcalde de A Pobra, Manuel Fontao; o xefe da Policía Local, Ramón Valiño; e o inspector xefe da Policía Autonómica, Antonio Riádigo. Acordaron crer un comité de coordinación policial que vai depender desa mesma xunta de seguridade, pois estamos nun país no que as forzas de seguridade están duplicadas e non partillan en moitos casos as súas forzas inda que teñan o mesmo obxectivo. Disque buscan que medren as accións conxuntas na Pobra, en especial de cara a datas estivais (aumenta a poboación flotante, polo turismo) e co obxectivo sobreentendido de previr a comisión de faltas e delitos. Na reunión congratuláronse do baixo nivel de delincuencia desta zona e da colaboración puntual de Garda Civil e Policía Nacional para erradicar puntos conflictivos neste eido. Non se voltarán a reunir en seis meses, a non ser que sobreveñan circunstancias excepcionais.
Los sindicatos policiales reclaman la fusión de Policía Nacional y Guardia Civildiarioprogresista.es/los-sindicatos… vía @dprogresista
— AUGC (@AUGC_COMUNICA) February 22, 2013
A reforma da administración local ataca às competencias e à autonomía política dos municipios volvendo a modelos preconstitucionais.
— Esquerda Unida (@EsquerdaUnida) February 22, 2013
A Pobra do Caramiñal: tamén honrarán a Rosalía este sábado 23, pero non dende o Concello.aelg.org/resources/fckf…
— Certo (@Certo) February 22, 2013
Un socialista catalán pide unha segunda transición co cuñado deste da portada do International Herald Tribune twitter.com/domingosampedr… #eló
— Certo (@Certo) February 22, 2013
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario