O acto comezou ás once da mañá e tivo unha duración de hora e media na cal os nenos e nenas estiveron moi participativos e gozaron do traballo dos seus compañeiros.
Ó comezo da actividade seis alumnos de terceiro e cuarto da ESO do IES Nº1 presentaron unha curtametraxe do poema “Cantan os galos pra o día” que se pode ver na páxina da Asociación de Escritores en Lingua Galega, impulsores da idea.
Logo da proxección comezou o recital infantil a cargo do alumnado de 4º de primaria.
- Os alumnos do colexio A Milagrosa recitaron de maneira coral “Has de Cantar”.
- Os nenos e nenas do Colexio Bayón estiveron representados por Miriam e Alba que recitaron outro poema de “Cantares Gallegos” en solitario.
- Unha intervención en parella e outra coral é o que prepararon os nenos e nenas do Colexio Sagrado Corazón de
Jesús.
- Os alumnos do CEIP Frións co poema “Fun un domingo”.
- O colexio de primaria de Artes recitou en parellas, e dunha maneira moi orixinal o poema de Rosalía “Canta Meniña”. Ó terminar a súa mestra cantoulles como lle pedían, para sorpresa de todos, unha canción en ruso.
- Tamén houbo idiomas estranxeiros na actuación dos nenos e nenas do colexio de Carreira. Recitaron dous poemas de “Cantares Gallegos”, o último en inglés lido por unha mestra nativa.
Con estas dúas propostas en ruso e inglés, os centros plurilingües de Riveira dan a coñecer o seu magnífico traballo de comunión de todas as linguas do mundo.
- Os alumnos dos colexios Galaxia e O grupo foron os máis numerosos. Subiron en grupos e por clases a amosar o seu traballo.
- Os alumnos do Grupo recitaron acompañados de música. Os primeiros “Campana de Bastavales” e os seguintes ”Adios Ríos Adios Fontes” con música de
Amancio Prada.
Para rematar o acto, todos os nenos e nenas recitaron ó unísono e postos en pé un anaco do poema “Cantarte hei, Galicia”.
Dende a Concellería de Educación do Concello agradécese a enorme participación na iniciativa tanto ós nove colexios que participaron coma ós mestres que se involucraron cos nenos. "Sen eles non sería posible", remata.
De quen sería a idea de poñer a Murguía cun ramo de flores diante da tumba da súa muller Rosalía? flic.kr/p/7BMv7a Faríase hoxe? Cultura: actos de homenaxe a Rosalía de Castro previstos para esta fin de semana nas bisbarras de Barbanza e Noia post.ly/ADOED
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario