- Dirixido a estudantes de 4º de ESO ou non estudantes entre 16 e 21 anos
- Prazo ata o mércores 27 de febreiro
- A gañadora ou gañador recibirá unha tablet
- Haberá unha mostra con todos os carteis que se inaugurará o venres 8 de marzo
Exemplos de carteis xa empregados o 8 de marzo
Boiro, 19 de febreiro de 2013. O Concello de Boiro convoca o I Certame de Carteis conmemorativos con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora. Os carteis presentados valóranse tendo en conta o impacto social que supoñan, a súa orixinalidade así como a calidade artística presente. A Concellería de Servizos Sociais, Muller e Terceira Idade que dirixe Beatriz Deus, propón a realización do I Certame de Carteis con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, onde cada adolescente poderá presentar un deseño relacionado co significado da conmemoración do 8 de Marzo. A proposta desta iniciativa xorde con motivo da necesidade de erradicar a existencia de condutas discriminatorias existentes na sociedade, considerando ao colectivo dos xóvenes como un dos que presenta unha gran capacidade de modificar, nun futuro, a realidade actual na que vivimos. Un dos obxectivos que sustenta esta proposta pedagóxica é involucrar aos xóvenes do municipio na realización das actividades para o 8-M, outorgándolles responsabilidade e protagonismo durante o desenvolvemento desta xornada. Este Certame está dirixido para todos aqueles mozos e mozas que se atopen cursando 4º da E.S.O ou o Bacharelato nalgunha das institucións educativas do municipio. A iniciativa tamén está aberta para todos aqueles adolescentes que non se atopen estudando e que teñan entre 16 e 21 anos.
O gañador do certame será premiado cunha tablet, tamén se realizará a difusión e a publicidade que se lle rendirá ao seu deseño.
Sinalar que todos os carteis presentados formarán parte dunha exposición que se inaugurará o venres 8 de Marzo.
Todos os xóvenes que queiran participar deberán presentar o seu cartel ben ao responsable da materia de Educación Plástica do seu I.E.S correspondente ou no Rexistro do Concello de Boiro antes do Mércores 27 de Febreiro ás 14:00. Bases:
Equipo de Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
http://latri.ca/certo
http://cabozo.com/user/certo
http://pinterest.com/xornalcerto/
http://www.facebook.com/xornalcerto
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario