- Ante as denuncias formuladas polos socios e socias da Confraría de Noia sobre a negativa dos órganos de goberno para informar da situación contable e a decisión de peche temporal da campaña marisqueira co grave prexuízo para a actividade e os postos de traballo, a deputada do BNG Montse Prado dirixe diversas preguntas á Consellería do Mar
O Bng critica como está levando Rosa Quintana o asunto das confrarías
Noia, 19 de febreiro de 2013. A portavoz de Pesca do BNG, Montse Prado, vén de rexistrar diversas iniciativas sobre as demandas de socios e socias da Confraría de Noia derivadas do "seu mal funcionamento". Prado alude a unha situación na que un número importante de socios e socias denunciaron “unha serie de anomalías” que se están a producir na confraría polas que membros do pósito presentaron diversas demandas ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº2 de Noia e a propia Consellería do Medio Rural e do Mar.
A deputada explica que estas denuncias recollen “o mal funcionamento do sistema de pesado”, a denegación de información dos órganos de goberno da confraría sobre a situación financeira e o peche temporal da campaña marisqueira sen previa consulta dos e das afectad@s.
Prado tamén se fai eco da denuncia de “superación en 2 anos” de mandato dos órganos de goberno da confraría polo que reitera, como xa reclamou noutra iniciativa parlamentaria, “a convocatoria inmediata de eleccións neste ente”.
A deputada formulará varias preguntas á titular da Consellería de Medio Rural e Mar sobre as xestións realizadas polo departamento que dirixe Rosa Quíntana para resolver esta situación anómala. Por outra parte, a nacionalista tamén quer saber se a Consellería de Mar contactou coa confraría de Noia e os seus socios e socias para determinar os “graves feitos denunciados”.
Noia: a editorial @toxosoutos ESTÁ DE ANIVERSARIO firgoastoxosoutos.blogspot.com/2013/02/toxoso…"
— Certo (@Certo) February 19, 2013
Noia: o sábado 23 de febreiro, conferencia de Xesús Alonso Montero sobre "Cantares Gallegos", no Día de Rosalía post.ly/ACpGP
— Certo (@Certo) February 19, 2013
Cultura: o noiés Serafín Marcos comeza este mércores "Mergullarnos na poesía", nova andaina con 6 autores galegos. twitter.com/Certo/status/3…
— Certo (@Certo) February 19, 2013
Cultura: se queres que Serafín Marcos leve "Mergullarnos na poesía" ao teu IES, colexio, concello, velaquí os datos: twitter.com/Certo/status/3…
— Certo (@Certo) February 19, 2013
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario