- O Certame de Cartas de Amor de Radio Fene (Radiofusión) cumpre 15 anos
- O evento xira, arredor do dia da Candelaria, o 2 de febreiro, cando casan os paxariños, e máis do Dia de San Valentín, 14 de febreiro, patrono dos namorados
- A data de remate para participar é o martes de Entroido, o 12 de febreiro
Tamén valen cartas de desamor ou de corazóns esnaquizados
Barbanza e Noia, 5 de febreiro de 2013. Desde 1997 a emisora municipal Radio Fene convoca o seu concurso de cartas de amor que, nesta edición, ten como premio unha cea e unha noite romántica no Hotel Hesperia Ferrol. As persoas interesadas deben enviar as cartas, en prosa ou en verso, en lingua galega, e que non excedan dun folio, ou 1650 caracteres a Radio Fene. Casa do Concello. 15500 Fene A Coruña. Terán que enviarse asinadas cun seudónimo e nun sobre pechado aparte co seudónimo no exterior, e o nome completo, enderezo e teléfono no interior. Tamén se poden enviar por correo electrónico a direccion@radiofusion.euAs cartas poden enviarse ata o dia 12 de febreiro, inclusive.A irracionalidade do amorA gañadora do certame o ano pasado foi María Gómez Diaz, natural e veciña de Castro de Ribeiras de Lea en Lugo e que traballa como tradutora autónoma e profesora de portugués en Ponferrada. María venceu cunha carta breve pero intensa. Era unha misiva real, escrita 3 anos antes, cando a autora estaba a piques de deixar á súa parella.“As cousas acabaron ben a pesar da irracionalidade do amor” afirmou daquela María Gómez a Radio Fene. “A carta entronca moi ben co romanticismo clásico e reflicte a idea do amor como algo que está por riba da humanidade, cun compoñente caseque místico” indicou a presidenta do xurado e profesora de Galego en Ferrol Carmen Cuesta.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario