- Recuperan, se é que a perderan, a súa fórmula festeira por antonomasia: festa, velocidade e empanada.
- Executan gastropunk (o punk dixerido e logo vomitado) e seguen incitando á xente a bailar
- O 21 poderase descargar da Rede e o 7 de marzo farán unha festa na Sala Capitol de Compostela para presentar no mundo real o disco
Os Terbutalina gózana tocando sen demasiada cabeza
Incentro de Muros, 18 de febreiro de 2013. Tras un 2012 no que revolucionaron os escenarios de toda Galicia, Terbutalina volve aos escenarios e faino cun novo disco baixo a axila. Gravado en Belgrado, Ritmo serbio contén cancións rápidas que van directas aos pulmóns e que inciden na fórmula Terbutalina: festa, velocidade e empanada.
O disco, como é norma con todos os traballos da Terbutalina, estará dispoñible en descarga gratuíta en diferentes plataformas dixitais a partir do 21 de febreiro de 2013. Presentarase nunha festa na Sala Capitol de Santiago de Compostela o 7 de marzo.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario