Os concelleiros de Emprego e de Servizos Sociais e Promoción Social do Concello de Ribeira, Vicente Mariño e Anxo Orellán, procederon no día de hoxe á entrega de diplomaos aos alumnos asistentes ao Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio.
Esta acción formativa, que contou coa participación de trece persoas, estivo organizada polo Concello coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
No acto de entrega de diplomas, Anxo Orellán destacou a idoneidade desta iniciativa para aprenderlle ás persoas unha saída laboral, con opcións de atopar traballo tanto no ámbito público como no privado. Abondando nesta idea, Vicente Mariño destacou o feito de que algúns dos alumnos asistentes ao curso xa conseguiron emprego.
As clases impartíronse nas aulas formativas que o Concello ten na rúa Cristóbal Colón.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario