- Chámase "Mobilízate" e foi feita, a petición do Concello, pola empresa compostelana E-Laboro
- A veciñanza comunica a incidencia e a ferramenta pásalla aos operarios encargados de arranxala, que cando rematen de solventala avisan á veciñanza a través dunha mensaxe SMS
- Cada aviso será xeorreferenciado e datado, co que a planificación dos traballos será máis doado para os operarios municipais
- Xa está dispoñible na páxina web do Concello, polo de agora só para teléfonos intelixentes con sistema Android
- http://www.concelloderianxo.es/mobilizate Hai que baixala de Google Play
Atópase vostede cunha ponte de madeira crebada sobre o río Té? Se ten a aplicación, só ten que facer unha foto, poñer un pequeno texto e enviala para que o Concello tome medidas axiña
Se quere máis información desta ferramenta polo miúdo, vexa a presentación que fixo a empresa:
Pode que tamén lle interese:
Pode que tamén lle interese:
- Rianxo: "Músicas soltas" os venres
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario