26.1.10

Noia: o Concello lembrará ao xeógrafo Domingo Fontán cunha placa

Domingo Fontán ten unha Fundación, cuxa web é http://www.fundaciondomingofontan.com

Vivenda de Domingo Fontán, onde se atopa a actual Praza de Abastos. No pleno do venres 29 de Xaneiro aprobarase poñer unha placa no actual edificio da Praza en memoria deste xeógrafo do século XIX.

Quen era Domingo Fontán?

Un xeógrafo nado en Pontevedra (Portadeconde, Portas, o 7 de abril de 1788). Foi o autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia, que resultou ser tamén o primeiro feito en España con métodos científicos e medicións matemáticas.

Que ten que ver con Noia?
Participou na creación da primeira fábrica de papel de Galicia, que estivo en Lousame en 1863, e residiu por iso en Noia, na casa das fotografías que o actual alcalde, Rafael García Guerrero, subiu ao seu blog, de onde as tomamos.

Fontán é un persoeiro que debería ser lembrado máis a miúdo nesta terra: traballou mentres foi deputado por Pontevedra para que se aboliran os foros que pesaban como unha lousa sobre o campesiñado galego e tamén loitou (semella que non deu moito resultado, polo que seguimos a ver) contra o caciquismo. Ademais do mapa do que falamos e da primeira fábrica de papel, tamén foi pioneiro no ferrocarril: axudou no deseño do trazado da primeira liña férrea de Galicia en 1858, entre Santiago e Carril (Pontevedra) que sería inaugurada en 1871.

Domingo Fontán morreu en Cuntis, o 24 de outubro de 1866. Está enterrado no mesmo sitio que Rosalía e Castelao, no Panteón de Galegos Ilustres, en Bonaval, ao pé do Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Curiosidades: opcións sexuais explicadas con bics

Boiro: pleno extraordinario o xoves 28 co Plan E (anticrise) como punto principal

      Boiro, 26 de xaneiro de 2010. O pleno extraordinario deste xoves 28, cuxa orde do día vai anexa á noticia, leva como punto principal a aprobación de obras con cargo ao fondo estatal para o emprego e a sostenibilidade local. Ou sexa, o novo plan E do Goberno de España. A este concello, un dos máis endebedados na redonda, viralle que nin pintado para arranxar unhas cantas obras que nin se deran rematado co anterior plan anticrise.

    Entre esas actuacións están unha praza, tres pistas deportivas e un párking en Barraña, así como un centro de formación e un edificio de servizos municipais. Para rematar ese párking, con capacidade para cen prazas, destinarase agora case un millón de euros, mentres que as pistas (para practicar skate, baloncesto, tenis, volei e fútbol) haberá máis de douscentos mil euros. Iluminar todo custará uns 150.000 euros.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Muros-Noia: o senador Pérez Bouza visitou a zona para ver obras

Opinión: Urge otra Europa, según José Manuel Pena

Lousame: saltos extremos en bicicletas MX

E tamén algunha normal... que non pare a festa!

Pero que fai o can do final? Arrenegado sexa o demo!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Lingua galega: Noia e Ribeira participan no lanzamento global de "55 mentiras sobre a lingua galega" o venres 5 de febreiro

    Noia-Ribeira, 25 de xaneiro de 2010. As mobilizacións pola defensa da Lingua Galega continúan. Acabamos de enterarnos polo Facebook de Manuel Bragado (director xeral de Edicións Xerais) que o vindeiro venres 5 de febreiro farase a presentación simultánea en 55 localidades do mundo (Galicia pero tamén no estranxeiro, en lugares como Arxentina, Portugal, Estados Unidos ou Reino Unido) da obra colectiva (coordinada polo antigo director xeral de Normalización Lingüística Xosé Henrique Costas) "55 mentiras sobre a lingua galega".

    Os datos, tal e como aparecen na convocatoria na Rede (Facebook sobre todo) son os que seguen:

Data:    
Venres, 05 de Febreiro de 2010
Hora:    
20:30 - 21:30
Lugar:    
Obra coordinada por Xosé Henrique Costas que se presentará simultaneamente en 55 localidades do mundo.
Descrición
O acto terá lugar simultáneamente nas seguintes localidades de todo o mundo:

* Coruña - Sala de Prensa-Caixa Galicia
* Lugo - Libraría Trama
* Ourense - Ateneo de Ourense
* Pontevedra - Galería Sargadelos
* Santiago - Libraría Couceiro
* Vigo - Casa Galega da Cultura (F. Penzol)
* Ferrol - Ateneo Ferrolán
* A Estrada - Agrupación Cultural KenKeirades
* Lalín - Museo Ramón María Aller
* Ribadeo - Casa das Letras
* Padrón - Auditorio Municipal
* O Barco - Biblioteca Municipal
* Tui - Área Panorámica (antigo S.Paio)
* Cambados - Libraría "Ramón Cabanillas"
* Vilagarcía - Libraría Arousa
* Ribeira - Ateneo Valle Inclán
* Gondomar - Instituto de Estudos Miñoranos
* Monforte - Galería Sargadelos
* Carballo - Pazo da Cultura
* Bruxelas - Livraria Orfeu
* Londres - en tramitación
* Copenhague - Libraría-Café Rayuela
* Saraievo (Bosnia) - Kulturni Center Fuad Jahic
* París - Sala 1.3. do Instituto Cervantes
* New York - New York City University
* Bethelem - Libraría Kalila w-Dimma
* Nablús - Libraría Kubut
* Marín - Biblioteca Municipal
* Verín - Casa da Cultura
* Ponferrada - Sala de Obra Social de Caja España
* Trintxerpe (Guipúzcoa) - Tenencia de Alcaldía de Trintxerpe. concello de Pasaia
* Barcelona - Centro Galego
* Madrid - Ateneo de Madrid
* Cangas - Auditorio Municipal
* Vilalba - Centro Cultural e Recreativo
* Lisboa - en tramitación
* Bos Aires - en tramitación
* Melide - en tramitación
* O Grove - Casa da Cultura "Lueiro Rei"
* Corcaigh/Cork - University College Cork
* Cacheiras-Teo - Mediateca do Grilo
* Tübingen - Libraría Rosa Lux
* Moaña - Centro Cultural Daniel Castelao
* Baiona - Biblioteca Municipal
* Ponteareas -Biblioteca Municipal
* Chantada - en tramitación
* Cotobade - Multiusos de Caraballedo
* Pobra de Trives - Casa da Cultura
* Caldas de Reis - Biblioteca Municipal
* Nigrán - Casa do Concello
* Vitoria/Gasteiz - "Salón de Acto de Centro Galego de Vitoria"
* Salceda de Caselas - Salón de Actos do CEP Altamira
* Madison - Wisconsin - University of Wisconsin
* Cuntis - Casa da Cultura
* Carnota
* Celanova
* Allariz
* Ribadavia
* A Guarda
* Noia
* San Martiño de Trebello (Val do Ellas)

 

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

25.1.10

A Pobra do Caramiñal: "Libros sobre rodas" achegarase o xoves 4 de febreiro á vila


A Pobra do Caramiñal, 25 de xaneiro de 2010. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, presentaron hoxe en rolda de prensa na Biblioteca Anxel Casal de Santiago a iniciativa “Libros sobre rodas”, dentro dos actos do Ano do Libro e da Lectura. Esta iniciativa recalará en 14 vilas, e destas bisbarras, será A Pobra, o día 4 de febreiro, a única privilexiada.

Roberto Varela recalcou na presentación de “Libros sobre rodas” o obxectivo prioritario que manexa a Consellería nesta iniciativa como “reactivar a motivación para ler” xa que “acadar mellores lectores contribúe a fomentar a igualdade de oportunidades e derruba as barreiras discriminatorias baseadas na capacidade”.

Para o conselleiro “o libro galego é un medio estratéxico para mostrar a nosa identidade e promover a nosa lingua, un instrumento útil tanto para a expresión da nosa creatividade literaria como para a visibilización da nosa cultura”. O esforzo da Consellería situarase na busca da concorrencia de todas as circunstancias necesarias para acadar a “viabilidade deste sector que resulta, sen dúbida, estratéxico tanto no eido social como no cultural”.

O titular de Cultura expresou o compromiso da Consellería coa lectura incidindo na idea de que “o seu primeiro grande programa de accións céntrase no libro”. Asemade, o conselleiro lembrou que “a nosa literatura goza de excelente vitalidade” e destacou algúns dos senlleiros autores clásicos como “Martín Códax, Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro ou Camilo José Cela.

A iniciativa “Libros sobre rodas” impulsará o interese pola lectura entre os galegos a través da a posta en marcha dun autobús promocional que nunha primeira xira partindo dende Santiago, percorrerá 14 vilas galegas. Este autobús está equipado para labores de dinamización cultural e contará cun equipo de animadores, que realizarán actuacións promocionais na rúa, baseadas no obxecto da campaña. Amais, distribuirá gratuitamente máis de 4000 exemplares do volume "A grande aventura do libro", centrado na historia da edición da obra impresa, cunha atención especial ao libro galego.

Nun primeiro circuíto, o autobús percorrerá un total de 14 vilas, logo de cubrir unha distancia que roldará os 1000 km consonte o calendario fixado e que abrangue as catro provincias galegas: 25 de xaneiro en Santiago de Compostela; 26 en Lalín, 27 en O Saviñao, 28 en Sarria, 29 en Viana do Bolo, 30 en Celanova, 31 en Ribadavia, 1 de febreiro en Verín, 2 en Ponteareas, 3 en Vilagarcía, 4 en A Pobra do Caramiñal, 5 en Betanzos, 6 en Narón, 7 en Vilalba e rematará en Ribadeo o 8 de febreiro.

O espectáculo central buscará estimular a curiosidade ou o interese do público, como base para acceder a novas dimensións de pracer pola lectura. Con este fin, o público accederá ao autobús por un espazo simbolicamente escuro, canto á estrutura, para acceder, a través del, á beleza e á luminosidade do coñecemento. Como remate, os visitantes reciben o agasallo dun volume A grande aventura do libro, onde encontrarán as orixes e a evolución do libro como instrumento básico da cultura ao longo da historia, exposto dun xeito ameno e sinxelo.

Xacobeo 2010 e Ano da Lectura

A coincidencia destas dúas celebracións responde á idea, por unha parte, de lle dar un contido vencellado á palabra escrita a unha conmemoración cunha forte carga de comunicación entre persoas e pobos, que vén achegando a Galicia a mensaxe da peregrinación desde hai miles de anos; por outra parte, e dado que a afluencia de visitantes á nosa comunidade aumentará por este motivo, a Consellería aproveita a oportunidade para pór ante o público do exterior o produto da nosa creación e da nosa industria editorial, que na actualidade está situado nos mellores niveis de calidade do mercado internacional.

As actuacións previstas céntranse en reforzar accións que se veñen realizando en prol do libro e da lectura. No entanto, a programación refórzase con iniciativas novas, que permitan achegar dun xeito máis eficaz a creación literaria galega e a produción escrita en xeral a toda a cidadanía galega e aos visitantes que no 2010 acudan a Galicia. Para este obxecto, está previsto desenvolver un amplo programa de actuacións, distribuídas en cinco grandes eixes: animación cultural, difusión da cultura, actividades de promoción e difusión do libro, fomento da lectura e mellor ada xestión do libro e bibliotecas.

Exposicións e “poesía nos camiños”


Durante o Ano do Libro e da Lectura, a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, porá un interese especial en colaborar en congresos e homenaxes e outros actos conmemorativos, derivados, por unha parte, da celebración do centenario do nacemento de dúas das personalidades sobranceiras da cultura galega, Gonzalo Torrente Ballester e Luis Seoane, e, por outra, da difusión da figura e da obra de Rosalía de Castro, a autora galega de meirande transcendencia, e de Uxío Novoneyra, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Así mesmo, e dado que a campaña se desenvolve durante o Ano Santo Xacobeo, está previsto realizar máis de trinta espectáculos, no que se unirán a música e a poesía, para achegar a voz das creadoras e dos creadores deste xénero literario a concellos dos nove camiños de peregrinación que conflúen en Compostela.

Nesta iniciativa, a Consellería de Cultura e Turismo achegará a voz da lírica galega actual a puntos xeográficos das catro provincias, a través dos itinerarios que nos conforman como destino cultural e espiritual de Europa.

Fomento da lectura e da escrita

Polo que respecta ao fomento da lectura e da escrita, continuarase apoiando e reforzando toda a actividade de obradoiros, conferencias, coloquios, recitais e outras intervencións desta natureza. Por suposto, seguirase atendendo as necesidades específicas de colectivos importantes, como o do público infantil e xuvenil, e tamén as derivadas da especial configuración demográfica da comunidade. Do mesmo xeito, a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, continuará o proceso de modernización das bibliotecas públicas, os sistemas de atención ao usuario e mais os procesos internos, que facilitan unha atención de calidade en toda a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Que pasará con Noia?

O ano pasado houbo só 13 feiras do libro en Galicia. Unha delas, a de Noia


    Segundo nova da Xunta de Galicia do 21 de xaneiro, a Federación de Libreiros de Galicia elixiu en asemblea dez localidades galegas para desenvolver as feiras do libro de abril a agosto de 2010. As poboacións seleccionadas e as datas de celebración son as seguintes: Ferrol (Cantón de Molins) do 21 ao 25 de abril; Santiago (Paseo Central da Alameda) do 1 ao 9 de maio; Lugo (Praza Maior) do 15 ao 23 de maio; Ourense (Rúa do Paseo) do 29 de maio ao 6 de xuño; Vido (Praza de Compostela) do 2 ao 11 de xullo; Cangas (Alameda de Soage) do 21 ao 25 de xullo; A Coruña (Xardíns de Méndez Núñez) do 1 ao 10 de agosto; Viveiro (Xardíns de Noriega Varela) do 13 ao 16 de agosto; Foz (Praza do Conde de Fontao) do 19 ao 22 de agosto; e Monforte (Rúa Cardeal) do 25 ao 28 de agosto.

Ao non aparecer a vila de Noia, na que cada ano se adoita celebrar unha destas feiras, preguntamos aos responsables do Concello de Noia. Polo de agora non saben nada, pero en canto teñan información, confirmarannos se Noia queda con Feira ou pasa sen ela. Tampouco voltamos saber nada daquel proxecto que convertería Noia na primeira Vila do Libro de Galicia. Teñen a información aquí

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Opinión: sereas no castro de Baroña e donicelas no dolmen de Axeitos

Ribeira: Agadea ofrece servizo de atención psicolóxica para coidadores e familiares de doentes con Alzheimer

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical