
Quen era Domingo Fontán?
Un xeógrafo nado en Pontevedra (Portadeconde, Portas, o 7 de abril de 1788). Foi o autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia, que resultou ser tamén o primeiro feito en España con métodos científicos e medicións matemáticas. Que ten que ver con Noia?
Participou na creación da primeira fábrica de papel de Galicia, que estivo en Lousame en 1863, e residiu por iso en Noia, na casa das fotografías que o actual alcalde, Rafael García Guerrero, subiu ao seu blog, de onde as tomamos. Fontán é un persoeiro que debería ser lembrado máis a miúdo nesta terra: traballou mentres foi deputado por Pontevedra para que se aboliran os foros que pesaban como unha lousa sobre o campesiñado galego e tamén loitou (semella que non deu moito resultado, polo que seguimos a ver) contra o caciquismo. Ademais do mapa do que falamos e da primeira fábrica de papel, tamén foi pioneiro no ferrocarril: axudou no deseño do trazado da primeira liña férrea de Galicia en 1858, entre Santiago e Carril (Pontevedra) que sería inaugurada en 1871. Domingo Fontán morreu en Cuntis, o 24 de outubro de 1866. Está enterrado no mesmo sitio que Rosalía e Castelao, no Panteón de Galegos Ilustres, en Bonaval, ao pé do Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela. Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario