14.4.10

Rianxo: o V Serán "Mar de Rianxo" será o vindeiro 8 de maio

Rianxo, 14 de abril de 2010. O vindeiro 8 de maio é a data escollida para a celebración do V Serán Mar de Rianxo. Coma sempre nestes últimos anos, Vai de Roda agarda poder celebralo no Campo de Arriba, mais son previsores, e teñen a lonxa en caso de chuvia, cedida grazas á Confraría de Pescadores.
Dará comezo ás 19.30 h. cun espazo dirixido principalmente ás crianzas. Logo, a partires das 21 h. iranse sucedendo as actuacións dos grupos que se vaian inscribindo.
Podedes mandar a vosa inscrición ao correo electrónico vaiderodarianxo@gmail.com. "Agardámosvos!", concluén os de Vai de Roda.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: organizan unha andaina por Catoira para o 25 de abril

Hórreo de Carnota, o terceiro máis longo do mundo. O máis longo está no Araño, Rianxo e o segundo tamén en Carnota, pero en Lira.

Ribeira, 14 de abril.- O domingo 25 de Abril, a Asociación Cultural As Miñoteiras, en colaboración co Concello de Ribeira a través da súa Concellería de Deportes, e Asociación de Veciños de Carreira, van organizar unha ruta de sendeirismo por terras de Catoira.

Con saída ás 9.30 dende a Estación de Autobuses de Ribeira, a expedición comezará a percorrer un sendeiro catalogado como de dificultade baixa, no que ó longo dos seus, aproximadamente, 18 km se poderán descubrir, entre outros, lugares como os muíños de vento de Abalo; a ermida e capela de San Cibrán; o Camiño Natural do río Catoira; o muíño de marea do Cura; rematando a ruta no lugar máis emblemático do concello, as Torres de Oeste.

O prezo será de  10 euros, e as prazas estarán limitadas a 50 polo que é conveniente non esperar ós derradeiros días (lembrar que na anterior andaina, o prazo de inscrición quedou pechado unha semana antes por mor da ampla expectación que acadou).

Inscricións e información, no Auditorio Municipal (981 835 650)


 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arte: escogido jurado del II premio Atlante de Grabado. Hay plazo hasta el 30 de mayo

 

Obra ganadora de la I Edición

Ribeira, 14 de abril de 2010. El Museo del Grabado anuncia que a finales del mes de junio se reunirá el jurado del II PREMIO ATLANTE. Estará  formado por:

.- Juan Carrete Parrondo: Director de Intermediæ [creación contemporánea] y Medialab-Prado del Área de Las Artes del Ayuntamiento de Madrid.

 

Anne Heyvaert fue entrevistada en Certo.gl, aquí

.- Anne Heyvaert, profesora de la Facultad de Bellas Artes de Pontevedra y grabadora.

.- Rafael Romero Masiá, profesor de dibujo artístico en la Escuela de Artes Gráficas y Diseño Maestro Mateo,  en Santiago de Compostela.

.- Jose Manuel López Vázquez, profesor de la Facultad de Geografía e Histroria de Santiago de Compostela.

.- Juan Monterroso Montero  Decano de la Universidad de Geografía e Historia de Santiago de Compostela.

Alfonso Costa

.- Alfonso Costa, pintor y grabador de Noia.

 

Perfil de Rocío Hermo, directora del Museo del Grabado de Artes (Ribeira)

"Desde esta Fundación queremos dar las gracias a los que enviaron ya trabajos y anunciarles a aquellos artistas que aún no conozcan sus bases que visiten nuestra página web: www.fundartes.com pues los premios ascienden a casi 14.000 euros. La convocatoria termina el 30 de mayo. Una vez fallados los premios los difundiremos en los distintos medios, se hará la entrega de premios con la inauguración de una exposición el 17 de julio, formada por una selección de los mismos", concluye Rocío Hermo Echevarrieta, directora del museo.

Antes publicamos: 

Acto de entrega de la I Edición del Atlante

Convocan la segunda edición del premio de grabado "Atlante".

Lee las bases aquí y participa

 

 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o venres 16 de abril, I Festa da Xuventude en Aguiño, con Panorama e París de Noia


Ribeira, 14 de abril de 2010. Este venres 16, " I FESTA DA XUVENTUDE DE AGUIÑO", coas orquestras Panorama e París de Noia. Carpa por se chove e, importantísimo, paella para 1.500 persoas a partires das nove e media da noite.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

13.4.10

Micoloxía: atopan Calocybe Gambosa (tullos ou perretxicos) en Ribeira logo dunha busca de anos

E logo hai quen pensa que só hai cogomelos para comer no outono!

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o alcalde visitou o Salón Internacional do Gourmet en Madrid, no que participan tres empresas da Centenaria


   
Ribeira, 13 de abril.-
O alcalde de Ribeira e senador José Luis Torres Colomer visitou hoxe en Madrid o XXIV Salón Internacional do Club de Gourmets a invitación da firma Pescaldía: unha das tres empresas do municipio que está a participar dende onte neste certame. Ademais de desprazarse ao stand de Pescaldía, o rexedor ribeirense visitou tamén os módulos expositivos que teñen no parque feiral de Ifema as conserveiras Frinsa e Lou.

     A presenza de tres firmas ribeirenses nun referente feiral a escala internacional nos sectores da gastronomía e da alimentación "constata a importancia de Ribeira como primeiro porto de baixura de España e de Europa, con cifras tan relevantes como os 38,2 millóns de quilos de peixe e mariscos descargados no 2009 e, igualmente, os 38,2 millóns de euros de facturación, destacando a captura de especies como a caballa, o xurel, o lirio ou a merluza", apuntan en nota de prensa dende o Concello.

Pesca: o senador Torres Colomer pregunta polas axudas no paro biolóxico de merluza e cigala por xornalcerto.Torres Colomer, senador e alcalde de Ribeira polo PP

    No transcurso desta visita, José Luis Torres, departiu co xerente de Pescaldía, Ignacio Vázquez Abad, e salientou o gran esforzo que está a realizar esta empresa na comercialización de produtos pesqueiros frescos de calidade, con innovadores sistemas nos labores de transformación e procesado.

    Así mesmo, quixo salientar a presenza no Salón dun empresa líder no sector conserveiro como é Frinsa, e doutra conserveira que se ben posúe carácter artesanal destaca igualmente polos seus produtos de calidade: Lou, con sede na parroquia de Castiñeiras.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: un interesante artigo sobre Santa Columba

Um dos meus lugares preferidos de Rianjo é a atalaia que sobre a praça de Rafael Dieste forma o adro da igreja. Esta plataforma permite-nos ver o varandão do paço de Martelo à altura dos nossos olhos, estar por cima do cruzeiro e ter uma perspectiva única do conjunto da praça.

A igreja é uma autêntica jóia, uma mistura de estilos bem engastados formando um conjunto harmónico e de indubitável beleza. Mália não ser um templo muito grande há numerosos elementos ornamentais que impressionam ao visitante, emanando como um perfume a mistério sem desvelar. Não conheço muitos trabalhos em profundidade sobre a igreja rianjeira; destacar, se calhar, o de Begoña Fernández Rodríguez, El Tema del Juicio Final : el ejemplo de Santa Columba de Rianxo.

Quem visite Santa Columba tem a obriga de prestar atenção na cruz cumial que pintara Castelao; na decoração duma janela na parede norte com imagens de São Blas e Santa Águeda; numa Piedade possivelmente do s. XII que se encontra no interior, conservando parte da policromia original e sobre tudo, ao meu ver, deambular ao redor do templo gozando da maravilhosa colecção de modilhões que povoam a cornija. Paga a pena jogar a ser Panofsky e tentar adivinhar que representam esses rostos que nos contemplam desde as alturas, perguntar-se que pretendeu ensinar-nos o artista com a sua lição pétrea. Com a minha câmara compacta tirei umas fotos de não muita qualidade mas suficiente como invitação a contemplação e entretenimento da imaginação.


Foto en Flickr de Amaianos, en http://www.flickr.com/photos/aamaianos/2710404597/

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Opinión: o padre Teixugo arremete contra as administracións que non fan os seus deberes

Cultura: o ribeirense Xosé Ramón Barreiro Fernández, premio Trasalba 2010


Xosé Ramón Barreiro Fernández na Galipedia

Ribeira, 13 de abril de 2010. A Fundación Otero Pedrayo, que convoca e outorga o premio Trasalba, decidiu premiar nesta edición de 2010 a Xosé Ramón Barreiro Fernández pola súa traxectoria como historiador renovador da historiografía galega e pola liña do seu traballo, que segundo a Fundación "representa a memoria de Otero Pedrayo e a Xeración Nós".

O galardón será concedido nunha cerimonia prevista para o 27 de xuño.

Páxina web relacionada:
Fundación Otero Pedrayo

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: alumnos do colexio de Palmeira axudan a limpar as ourelas do río Azor

Ribeira, Palmeira, 13 de abril de 2010.- 30 alumnos de 11 e 12 anos de idade pertencentes ao CEIP de Palmeira están a asistir esta mañá e mesmo a participar activamente na limpeza e desbroce dos marxes do río Azor, actividade desenvolvida a iniciativa do Concello de Ribeira e do devandito centro educativo.

Os traballos iniciáronse a primeira hora da mañá e están consistindo na limpeza das marxes e dominio público hidráulico do río Azor, situado na parroquia de Palmeira, nunha lonxitude aproximada de 300 metros dende a súa desembocadura na praia. A limpeza está a ser realizada de xeito manual pola brigada municipal encargada destas tarefas, rozando a vexetación accesoria e respectando as árbores de ribeira existentes. Pola súa parte, os nenos colaboraron na actividade recollendo en bolsas a maleza desbrozada. Está previsto que a actuación finalice contra as dúas da tarde.

   En vindeiras datas, os alumnos realizarán actividades pedagóxicas no seu centro escolar vinculadas con esta acción, e moi particularmente coa flora e fauna propios do río palmeirense, incidindo no coidado e preservación deste hábitat.

Ponte de madeira

Desprazáronse á zona obxecto dos traballos a concelleira de Medio Ambiente de Ribeira, Elvira Pereira; e o tenente de alcalde Vicente García, quen avanzou que se seguirá adecuando o entorno substituíndo a pasarela existente para cruzar o canle do río por unha ponte de madeira. A actuación será realizada pola brigada municipal de obras.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical