30.8.10

Noia: obras en centros escolares antes de que comece o curso 2010-2011

Noia, 30 de agosto de 2010. Nestas datas están en obras o colexio de A Barquiña (na imaxe), no que se constrúe unha pasarela cuberta de acceso ao colexio. Tamén no colexio "Felipe de Castro" estanse a executar cambios na instalación eléctrica e a colocar falsos teitos. No instituto "Virxe do Mar" hai xa uns días que rematou o pintado exterior e a instalación dun elevador.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a restauración da ponte de Traba estará rematada en outubro, anuncia a Xunta

Cun orzamento de 260.000 euros, as obras de reparación e consolidación da ponte románica comezaron en xuño e durante os meses de xullo e agosto rematouse a reparación da súa cimentación. No momento actual estanse a corrixir os desplomes dos tímpanos cunha nova montaxe no seu lugar orixinal

A ponte de Traba hai uns días

A ponte de Traba en marzo de 2009

Noia, 30 de agosto de 2010.- A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural vén de anunciar que as obras de reparación e consolidación da Ponte de Traba, en Noia, estarán rematadas na primeira quincena de outubro. Cun importe de 260.000 euros, as obras da ponte, que comezaron en xuño de 2010, tiñan como obxectivo resolver as deficiencias e danos detectados como o desplome dun dos tímpanos e greta de separación da boquiña dun arco, o mal estado doutros tímpanos e dos pretís, a oquedade na cimentación dunha pila, a deficiente pavimentación da calzada e a limpeza dos muros.

Nunha destas afeccións, na cimentación dunha das pilas detectouse unha oquedade de máis do 25% da superficie de apoio. Para a reparación desta patoloxía era necesario deixar en seco a base da pila, o cal resultaría moi dificultoso en época invernal debido ao alto nivel das augas, motivo polo que se retrasou o inicio dos traballos ata o principio do verán, época na que previsiblemente o río ten un nivel máis baixo. Dese xeito, durante os meses de xullo e agosto executouse, entre outros traballos, a ataguía necesaria para desviar as augas e poder traballar en seco na cimentación da pila, a cal está xa reparada.


Tímpanos desmontados e colocados nunha leira adxacente na actualidade

Actualmente estanse a corrixir os desplomes dos tímpanos da ponte mediante o seu desmontado e nova montaxe no seu lugar orixinal. Para evitar que estes desplomes volvan a producirse debido ao empuxe do terreo e a carga do tráfico, estase a executar entre os tímpanos da ponte un recheo confinado con xeomaias que eviten ou minimicen eses empuxes laterais. Tamén está xa executado o cosido da greta na boquiña dun dos arco, a cal se realizou con grampas de aceiro inoxidable.

Os principais traballos pendentes, unha vez rematadas estas reparacións, serían os correspondentes á pavimentación final da ponte, na que se diferenciarán a zona de tráfico peonil nos laterais, realizado en lousa, da zona de tráfico rodado con pavimento adoquinado na zona central.


Detalle dos tallamares nos que se refuxiaban os peóns cando pasaban as carruaxes

A Ponte de Traba é unha ponte románica dos séculos XIV – XV que salva o río grazas a catro arcaváns apuntados apoiados en piares. A súa fábrica é de cantería de granito, e ten un ancho de 2,85 metros. Quedan libres para uso uns 2,5 metros. Posúe dous tallamares triangulares coma refuxio para peóns, característicos das pontes de finais do medievo. Atópase na vía de comunicación entre o casco antigo e Noia e a parroquia de Barro, sobre o río Traba.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

28.8.10

Pesca: la ministra Espinosa se pronunció sobre marisqueo ilegal y Ría de Noia

Ribeira: la ministra Elena Espinosa visitó las obras de restauración del Pazo de Sálvora

  
Download now or listen on posterous
100827 elena espinosa.mp3 (744 KB)


Pazo antes

Pazo de Sálvora agora

Ribeira, 27 de agosto de 2010. Elena Espinosa ha destacado el compromiso del Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino con la protección y conservación del patrimonio costero de Galicia en el acto de inauguración de las actuaciones de adecuación ambiental y restauración del Pazo en la isla de Sálvora, en el término municipal de Ribeira.

 La Ministra ha puesto de manifiesto que esta apuesta por la recuperación, regeneración y preservación del litoral gallego ha llevado al MARM a invertir 84 millones en obras de mejora de la costa de Galicia desde el inicio de esta legislatura. Además, Elena Espinosa ha señalado que en la actualidad se están ejecutando obras por valor de 38 millones de euros. Asimismo, la Ministra ha subrayado que el MARM ha destinado, desde mayo de 2008, 51 millones de euros para preservar los parajes únicos del litoral de A Coruña.

                        Actuaciones de adecuación ambiental y restauración del Pazo en la isla de Sálvora.

                        Las obras de “Recuperación, mantenimiento y conservación del dominio público marítimo-terrestre en la isla de Sálvora que ha llevado a cabo el MARM, a través de la Secretaría General del Mar de la que depende la Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar, han supuesto una inversión total de 1.480.763,41 euros. 

                        Estas obras, realizadas tras la adquisición en 2007 del archipiélago de Sálvora por 8.609.452,05 euros, contemplan una serie de medidas y actuaciones para preservar los valores medioambientales de esta isla, perteneciente al Parque Nacional de las Islas Atlánticas que gestiona la Xunta de Galicia. Así, destacan: 

                            * La restauración exterior de la antigua fábrica de salazón, reconvertida en Pazo, restaurando su cubierta y tratamiento de todos los paramentos exteriores e interiores.

                            * La rehabilitación interior del Pazo para mejorar la distribución interior y los pavimentos de los espacios comunes, renovando el mobiliario y los servicios con la optimización de las instalaciones en base al ahorro de energía, con la instalación de paneles solares.

                            * Implantación de un pantalán para mejorar la accesibilidad a la Isla.

                            * La ejecución de pasarelas de madera y sendas naturales en zahorra, para definir itinerarios y recorrer los espacios de la Isla, mejorando el control de los visitantes  a las zonas protegidas.

                            * Instalación de paneles interpretativos, tanto medioambientales como históricos en lo referente al pazo.

                            * Eliminación de plantas alóctonas.

                            * Eliminación de todo tipo de residuos sólidos.

 
En resumen, las actuaciones de Adecuación Ambiental y la Restauración del Pazo de la Isla de Sálvora permiten realzar y resaltar los valores del Patrimonio Natural de Galicia, en general, y de la Isla de Sálvora en particular.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: rematou o Verán Cultural coa entrega de premios e diplomas

Ribeira, 27 de agosto de 2010. Tivo lugar este venres 27 o Festival Fin de Verán Cultural 2010, organizado pola Concellería de Cultura e Festexos que dirixe Luciano Fernández Martínez. Ao rematar houbo a entrega de premios aos 200 participantes nos obradoiros de XOGA CON NÓS EN RIVEIRA, VERÁN RECHINÁN EN PALMEIRA, INFANTIMÚSICA E DEBUXO, CARICATURA E COMIC CELEBRADOS TAMÉN EN RIVEIRA DURANTE XULLO E AGOSTO PARA NENOS/AS DE 3 A 16 ANOS.

O auditorio estivo abarrotado de público, unhas 300 persoas, na súa maioría nais/pais e familiares dos nenos/as participantes presenzaron o festival. Tamén se fixo unha pequena exposición de traballos dos alumnos do obradoiro de debuxo, caricatura e comic que estivo na sala baixa do auditorio durante o acto. Os distintos grupos representaron cancións tradicionais galegas coma O GALO, POUSA E POUSA, A SAIA DA CAROLINA, O TREN etc, vestidos para a ocasión con traxes realizados por eles/as con materiais de reciclaxe. Tamén participaron os 20 monitores/as que participaron nos obradoiros, ademais do coordinador da programación do Verán Cultural (no que participaron un milleiro de nenos/as ao longo das actividades de xullo e agosto), Unai González Suárez que tivo que facer a entrega de diplomas pola ausencia, por motivos laborais, de Luciano Fernández Martínez.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

27.8.10

A Pobra do Caramiñal: o fin de festa do Carme dos Pincheiros trasládase a este sábado 28

Fin de Festas do "Carme dos Pincheiros"

Sábado 28 de agosto de 2010

10:00 H.- Lanzamento das bombas.

10:30 H.- Entrarán na Vila:

      Banda de Música de Arcade

      Grupo de Gaitas A Gandaina

11:30 H.- PEQUEXOGO no Praza Alcalde Segundo Durán

12:00 H.- Desfile dende a Igrexa do Caramiñal, dos

                 XIGANTES e CABEZUDOS da Confraría do Carme

                 dos Pincheiros, acompañados polo grupo de Gaitas

13:00 H.- Concerto nos Xardíns Valle-Inclán a cargo da

      BANDA DE MUSICA DE ARCADE

17:30 H.- PEQUEXOGO ( Festa da Espuma ) na Praza Alcalde Segundo Durán

19:00 H.-Desfile XIGANTE e CABEZUDOS co Grupo de Gaitas A Gandaina

20:00 H.- Actuación Agrupación Amas de Casa Pobra no Cantón da Leña.

22:00 H.- VERBENA  a cargo da Orquestra

      NUEVA MODA

24:00 H.- GRAN COMBATE NAVAL E FOGOS DE ARTIFICIO

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: abren a convocatoria de axudas ao transporte para estudantes

Noia, 27 de agosto de 2010. A Concellería de Educación do Concello de Noia ten aberto ata o vindeiro 16 de setembro o prazo para a presentación das solitudes das axudas ao transporte escolar (Bonobús). Os beneficiarios destas axudas terán que aboar só o 50% do custo da viaxe.

O obxectivo destas axudas é favorecer o desprazamento dos alumnos de Noia que se despracen a Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo para a realización de actividades formativas durante o curso 2010-2011; se ben a as viaxes a Lugo e Ourense asimilaranse como viaxes a Santiago por mor das condicións do convenio asinado entre o Concello de Noia e a empresa Castromil. Como novidade no convenio hai que indicar que os bonos para as viaxes terán validez ata o 31 de outubro de 2011, mellorando deste xeito as condicións de cursos pasados, nos que só eran válidos durante o curso escolar.

Os requisitos para poder optar a estas axudas son os seguintes:

  • Estar empadroado no Concello de Noia, cun mínimo de 6 meses de antigüidade.

  • Cursar calquera dos estudos ou asistir a actividades formativas que sexan obxecto da presente convocatoria.
  • Non superar os ingresos brutos per cápita da unidade familiar en que estea integrado a cantidade de 1,5 veces o salario mínimo interprofesional.

A presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral do Concello e deberán acompañarse da seguinte documentación:

  1. Fotocopia do D.N.I. do solicitante.

  2. Fotocopia da Declaración da Renda das persoas físicas do ano 2009. No caso de non estar obrigado pola Axencia Tributaria a presentala, deberase achegar unha declaración xurada na que conste esta circunstancia.

  3. Para aqueles casos nos que non se presente a Declaración da Renda xustificaranse os ingresos da seguinte maneira:

  • Certificado do INEM, no caso de recibir prestación ou subsidio de desemprego.

  • Certificación do Instituto da Seguridade Social ou organismo correspondente no caso de percibir pensión contributiva de xubilación, invalidez, viuvez ou orfandade.
  • Certificación acreditativa no caso de percibiren ingresos procedentes de pensións non contributivas, fondos de asistencia social, rendas de integración social de Galicia ou da lei de integración social de minusválidos.
  • Calquera outro que lle sexa requirido a xuízo da comisión de valoración.

Asemade, deberá acreditarse a necesidade dos bonos para os fins previstos presentando unha fotocopia do carné de estudante, copia da matrícula oficial de estudos ou certificado de asistencia a actividades formativas en asociacións para persoas con discapacidades.


Circunstancias que afecten á economía familiar, como situacións de desemprego, minusvalías, familias monoparentais ou familias numerosas serán tidas en conta á hora de valorar as solicitudes.

Hai que salientar que a contía destinada para estas axudas durante o curso 2010-2011 será de 12.000 €, o que supón un claro incremento con respecto ao curso pasado (9.360 €) e moito máis respecto aos cursos 2007-2008 e 2008-2009 (7.200 € en cada un deles), fortalecendo deste xeito as axudas á educación, segundo indicou Lino García, concelleiro de Educación do Concello de Noia.



Download now or preview on posterous
bop_156.pdf (2243 KB)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

26.8.10

A Pobra do Caramiñal: o venres 27, inauguración de "Ritos de fe", fotos de Manolo Blanco


A Pobra, 25 de agosto de 2010. A inauguración da exposición "Ritos de Fe ", do veterano fotógrafo Manolo

Blanco, terá lugar o vindeiro venres 27 de agosto ás nove da noite na Casa Mariñeira do Parque do Castelo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: este venres 27 de agosto, primeira muiñada en Ponte Goiáns


Boiro, 25 de agosto de 2010. A concellería de Turismo do Concello de Boiro organiza por vez primeira unha Muiñada nos Muíños de Ponte Goiáns. Terá lugar o venres 27 ás once e media da mañá, e durará ata a noitiña.

Programa Muiñada 2010  

Pola mañá comezará ás 11:30 coas xiras explicativas polos muíños a cargo de Rosa Saavedra, guía turística do programa Paséate con nós, que poderán facerse ao longo de toda a xornada. Ás 12:30 haberá obradoiros para nenos. Para celebrar o remate das actividades de verán organizados pola concellería de Turismo, ás 13:30 convidarán aos nenos participantes nestas actividades a un xantar popular. Ás 14:00 xantar popular para o público en xeral, amenizado polas cantareiras de Xilbarbeira. Ás 16:00 conxuro e queimada. Ás 17:00 Xogos populares. Ás 18:30 cantareiras de Lumieira. Ás 19:30 Contacontos.

Colaboran: Asociación dos amigos do CAB, Asociación Olláparo, Asociación O Faiado, Aturuxo, Lumieira, Rosa Saavedra (Paséate con nós),Trebello, Xarelo e Xilbarbeira.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical