Esta mañá lin un xornal dixital da Dirección Xeral de Xuventude no que se falaba dun novo colectivo en Dumbría ao cal se lle financiara algún proxecto por parte da administración galega. Busco en internet información sobre esa entidade e o único que atopo é un artigo de La Voz de Galicia, na que dalgún xeito se di que é un colectivo xuvenil creado e apoiado polo PP.
Non sei se é certo ou non, pero ás veces un comeza a estar farto e énchese de ver que hai certas asociacións cuxas subvencións pasan dos 6000 euros aos 0 euros dependendo do partido que ostente o poder.
Empezo a estar farto de ver como hai asociacións nalgúns municipios que dispoñen de locais cedidos polo concello por ter unha ideoloxía política común á do grupo de goberno.
Empezo a estar farto de que existan asociacións que xogan en primeira división e outras que xogamos en terceira rexional. E, o que máis me fai rabear, é ver como os políticos venden a moto en roldas de prensa dicindo que están para apoiar o asociacionismo.
Estas prácticas son comúns tanto co PP, PSOE e BNG. E sucede de igual xeito en Xunta, Deputacións e concellos.
A finais do ano 2009 naceu a asociación que presido, colectivo formado por un grupo de mozos de Ribeira de entre 17 e 20 anos que pretendían ofrecer actividades culturais e xuvenís no seu municipio. É un proxecto que xurdiu da nada e sen axuda de ninguén e que, despois dun ano de percorrido, está na bancarrota debido a que non se nos deu nin un mísero euro, agás o concello, para un festival de música, no cal destinabamos o 100% da entrada a unha ong local. Señores políticos, dígolles unha cousa: debe ser ben certo iso de que en Galicia o que non ten padriño non casa, pero goberne quen goberne, Flor de Toxo non se vende.
Presidente da Asociación Flor de Toxo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia













Polo que respecta ao parque biosaudable, vén completar a rede de instalacións realizadas en distintas parroquias e destinadas á práctica de deporte, sobre todo por parte da xente maior, ao aire libre, pois únese aos xa existentes no paseo marítimo de Barraña, paseo marítimo de Escarabote e Cabo de Cruz. Cabe lembrar, igualmente, que o Centro Social de Abanqueiro pasa a formar parte da Rede Boirense de Centros Sociais, unha aposta do executivo boirense por dotar a tódalas parroquias deste tipo de servizos, a través da cal se puxeron en marcha os de Cures, Cespón, Moimenta e Ponte Beluso. 






Día 13. Ás 17.00 h. Ciclo de TÍTERES, con







