31.3.11

Ribeira: este venres 1 de abril, gala dos premios "Concello de Ribeira"

Escultura

Ribeira, 31 de marzo de 2011. Máis de 200 persoas confirmaron a súa participación na Gala da 13ª edición dos Premios Concello de Ribeira, que, organizada polo Ente Local coa colaboración da Asociación de Amas de Casa, terá lugar no día de mañá no Restaurante Baiuca (parroquia de Artes) a partir das 21 horas. 

Tres son os distinguidos nesta nova convocatoria: Isaac Díaz Pardo na categoría de Cultura; a ONG Cáritas de Ribeira polo Traballo Desinteresado e a empresa Pescanova no apartado de Traballo Ben Feito. Tanto o coñecido emprendedor e artista galego como a presidenta de Cáritas de Ribeira, María Teresa Pérez, e o presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa-Faro, confirmaron a súa presenza no acontecemento, que será presentado polo xornalista Pemón Bouzas. 

Como representante da Xunta de Galicia estará presente tamén o xefe territorial de Cultura e Turismo da Coruña, Manuel Varela. 

Escultura exclusiva

Cabe sinalar tamén que cada un dos tres distinguidos recibirán de mans do alcalde José Luis Torres, da presidenta das Amas de Casa Magdalena Bringas, e do citado Manuel Varela, unha escultura exclusiva deseñada expresamente para estes Premios polo reputado artista Miguel Couto: figura que estará acompañada dun certificado que acredita o seu carácter de peza única. 

A escultura, denominada polo autor As Xentes do Mar, está fabricada en bronce, pesa 5 kilos e ten unhas medidas de 45x10x10 centímetros. Coa obra, Miguel Couto pretende reflexar a unión das xentes do mar á hora de traballar nese medio tan duro, e por iso, a escultura representa dúas figuras que, sostidas por unha onda contínua na base da peza, esfórzanse por levantar un cesto cheo de peixe en contínuo movemento.


Antes publicamos:


Premios do Concello: a Isaac Díaz Pardo, Pescanova e Cáritas

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o alcaldable polo Psoe promete ampliar O Grupo e escoitou propostas das amas de casa

Media_httpfarm6static_lchfb

Ribeira, 31 de marzo de 2011. Andrés Fariña reuniuse coa xunta directiva e anpa do colexio público O Grupo (antes Francisco Franco) e comprometeuse a ampliar as instalacións do centro e incrementar o número de prazas do comedor.

Os responsables do colexio tamén demandaron unha mellor conservación e mantemento do centro, para o que fan falta máis cartos. Pediron ademáis un ascensor e que as 25 prazas do comedor se amplíen, pois non chegan.

Amas de casa

Tamén se reuniu Andrés Fariña, xunto cos primeiros postos da súa candidatura, con representantes da asociación de amas de casa de Ribeira. Propuxéronlle a necesidade de pór en marcha programas para frear o absentismo escolar de estudantes de ESO e Bacharelato e tamén medidas para diversificar a economía da cidade, sen que iso supoña deixar de potenciar o sector pesqueiro. Tamén se falou da posta en marcha dunha Escola de Hostalería, de darlle máis pulo ao turismo e de axudas para o comercio local.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o Concello colgou na súa web recursos sobre o patrimonio local e o libro de Toponimia de Baleirón

http://www.concellodedodro.org/image/image_gallery?uuid=d5a2508e-43e2-4d41-9c2c-7d8cfb212876&groupId=12226&t=1300455812056
Dodro, 31 de marzo de 2011. Como xa anunciáramos co gallo dos actos da Primavera Cultural, o Concello de Dodro vén de colgar na súa web o resumo das charlas sobre Patrimonio local que deu a arqueóloga Beatriz Pereiras e tamén o libro sobre Toponimia escrito por Manuel Lorenzo Baleirón e partillado baixo licenza Creative Commons.

Media_httpfarm4static_dcfve

Para acceder e consultar os principais monumentos de interese de Dodro, ten que ir a esta ligazón.

Para baixarse o libro (son 7 megas en pdf), ten que premer aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

30.3.11

Ribeira: Ámbar fixo entrega dos diplomas do curso de Atención Sociosanitaria a persoas en domicilio

Ribeira, 30 de marzo de 2011. Hoxe mércores 30 de marzo tivo lugar no Centro de Recursos da Barbanza a entrega de diplomas do  Curso de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO que se impartiu no centro durante o 2010, enmarcado dentro das Accións Formativas dirixidas prioritariamente a Persoas Desempregadas (AFD), financiadas pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo.

No acto estiveron presentes a Directora Xeral de Formación e Colocación, Ana Mª Díaz, o alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer, as concelleiras de Servicios Sociais da Pobra e Ribeira, Balvina Lojo e Esther Patiño e o portavoz parlamentario Manolo Ruiz, que serán recibidos pola presidenta de AMBAR Milagros Rey e  outros membros da Xunta Directiva.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o sábado 16 de abril, nova festa da Xuventude en Exipto

Ribeira: a Deputación organiza visitas guiadas ao Dolmen de Axeitos, en Olveira.

Entre abril e xuño

<br /><small>Ver Torres de Altamira en un mapa más grande</small>

Ribeira, 30 de marzo de 2011. A Deputación acaba de anunciar na súa web visitas guiadas a varios monumentos do patrimonio histórico da provincia. Entre estes monumentos está o dolmen de Axeitos.

Visitas: Do 2 ao 15 de abril, fins de semana e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h
Semana Santa, do 16 ao 24 de abril, todos os días, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h
Do 25 de abril ao 30 de xuño, fins de semana e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h


A última visita guiada comezará 15 minutos antes da hora de peche.
Teléfono de atención a visitantes: 981160027

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Documental: a investigación de "As silenciadas", sobre a represión ás mulleres na Guerra Civil, foi feita por Aurora Marco

Aurora Marco é unha vella coñecida activista cultural nas bisbarras de Noia e Barbanza. É unha namorada confesa de Miñortos -onde o mundo parece deterse e o tempo cobra outra dimensión, explica na súa web-, en Porto do Son, onde vai descansar cada vez que pode. Un dos seus últimos traballos é a investigación do documental que levou a cabo Pablo Ces, titulado "As silenciadas". Nel recóllense testemuñas de mulleres represaliadas na Guerra Civil e posterior franquismo, polo feito de pensar de xeito diferente ao réxime.

Toda a información en

http://www.silenciadas.com
http://www.auroramarco.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Teatro: o ribeirense Quico Cadaval dirixe "Pressing Catch", que pode verse venres 1 e sábado 2 de abril en Santiago

O escenario do Centro Dramático convértese nun ring para acoller esta proposta protagonizada por Paula Carballeira, Anabell Gago, Chiqui Pereira e Hugo Torres. Escrita por Paula Carballeira, e baixo o prisma do humor e da ironía, a obra reflexiona sobre a violencia e o que nos impulsa a querer contemplala

Santiago, 30 de marzo de 2011.- O Salón Teatro de Santiago acolle esta semana dúas funcións de Pressing Catch, o último espectáculo da compañía compostelá Berrobambán, que se vale desta particular técnica de loita libre para reflexionar sobre as formas de violencia, sen deixar de lado o sentido do humor e a ironía. Realizada baixo a dirección escénica de Quico Cadaval e a partir dun texto asinado por Paula Carballeira, a montaxe poderá verse o venres 1 e o sábado 2 de abril ás 20.30 horas.

En plena era do medo, da violencia como espectáculo, Berrobambán afonda no que nos impulsa a querer contemplala, desde o circo romano ata o formato televisivo do wrestling. Pero os seus loitadores son xente da vida cotiá coa que calquera pode sentirse identificado. A compañía galega fai teatro do espectáculo do «pressing catch», tomando algunhas das súas convencións como os epítetos dos loitadores, a acrobacia, ou a música que os acompaña, aínda que introducindo variantes coma o coidado dos diálogos, a presenza feminina e, sobre todo, a descontextualización da loita.

Paula Carballeira, Anabell Gago, Chiqui Pereira e Hugo Torres interpretan esta proposta, na que a loita que se realiza nos cuadriláteros, seguindo unhas normas determinadas, ocupa un espazo de ficción: o teatro. Á vez, ten un paralelismo coa realidade, cos loitadores e loitadoras anónimos que realizamos actos de violencia cada día sen reparar neles.

Público adulto
Berrobambán cambia o seu público habitual, o infantil, e enfrontase á audiencia adulta por terceira vez, tras NdC (2000) e Vendetta (2004), obras que incluían ao espectador como interlocutor dos personaxes. Esta preocupación por que o público forme parte da historia que se está a contar permanece nesta proposta, ao igual que a coreografía do movemento escénico e a estética do desencanto para facer reaccionar a quen asiste á representación.

En Pressing Catch un DJ introduce os personaxes moi próximos, que viven e empregan a violencia de formas distintas: Lola, unha muller de armas tomar que usa a violencia como sistema defensivo; Hellmaster, avogado de éxito profesional, pero cunha vida familiar que non é quen de xestionar; e A Chorona, experta na chantaxe emocional e no vitimismo. Todos eles son controlados por un árbitro que non quería selo, un eterno perdedor nun mundo de gañadores encargado de pór orde no caos.

O propio espectáculo que dá título á obra é el mesmo unha alegoría da sociedade contemporánea, un ring onde homes e mulleres adoptan unha violencia de maior ou menor intensidade, baixo a ollada reguladora dun árbitro que a duras penas acepta o seu papel de observador e vixía neutral. El é o responsable da orde porque mesmo a violencia debe someterse á súa esixencia reguladora.

Proxecto multidisciplinar
Pressing Catch é un proxecto multidisciplinar que abrangue a produción musical, editorial, multimedia e audiovisual. O espectáculo, ademais de actuacións musicais en directo, achega pequenas curtametraxes realizadas por Carlos Alberto Alonso, que contan a vida dos protagonistas cando están fóra do ring. Estas pezas audiovisuais presentan «cameos» estelares, intervencións de actores e actrices que colaboraron desinteresadamente e que o público poderá recoñecer. Ao traballo de Alonso nos vídeos, súmase o de Soyuz na música, Pablo Pastor na escenografía, Fidel Vázquez na iluminación e Cloti Vaello no vestiario. David Loira encargouse da coreografía e Ramón Bermejo, do adestramento vocal.

O texto dramático de Carballeira foi publicado por Edicións Positivas e estase a editar tamén o CD Pressing Catch. 12 cancións dende o ring, resultado dun certame de temas en galego en que participaron dúas ducias de agrupacións. A obra xestouse no curso de escrita teatral organizado polo Centro Dramático Galego (CDG) Pistas para unha dramaturxia da actualidade.

As entradas para as funcións de Pressing Catch do venres 1 e do sábado 2 xa están dispoñibles a través do teléfono 902 43 44 43 ou da billeteira da web www.caixagalicia.es. Tamén poden adquirirse no despacho de billetes do Salón Teatro desde as 18:30 horas. O prezo das localidades é de 10 euros (cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados).

Antes, sobre Quico Cadaval, publicamos todas estas novas.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: a Deputación destina 250.000 euros para a primeira fase do centro cultural do Araño

Salvador Fernández Moreda e Pedro Piñeiro asinaron esta mañá o convenio de colaboración

Rianxo, 30 de marzo de 2011. A Deputación da Coruña destinará 250.000 euros para financiar a primeira fase do proxecto de construción dun centro sociocultural, que se situará  nunha parcela da escola unitaria da Capela, na parroquia rianxeira de Araño.

 A achega provincial representa o 100% do importe total das obras, segundo se recolle no convenio subscrito esta mañá, na sede da institución provincial polo presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde da localidade, Pedro Piñeiro Hermida.

A nova edificación, de 906 metros cadrados, situarase no actual espazo de patio e a pista descuberta, manténdose a actual edificación da escola.

O centro sociocultural de Araño contará con planta baixa, na que se situará unha sala de exposicións, un taller , un local de usos múltiples, almacén, local para cadros eléctricos, aseos, dúas aulas e biblioteca; e planta alta  que disporá dunha sala de reunións, catro despachos e aseos.

A cuberta do edificio será de zinc a dúas augas, e o inmoble contará con revestimento exterior de granito e carpintería de aluminio lacado con acristalamento.

Nesta primeira fase realizaranse obras nunha superficie de 445,67 metros cadrados, que engloban a sala de exposicións, o porche de acceso, o local de usos múltiples, almacén, local para cadros eléctricos, sala para material de limpeza, e aseos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: os cursos de formación en galego CELGA comezan o mércores 6 de abril

Media_httpfarm3static_aejae

Ribeira, 30 de marzo de 2011. O Concello de Ribeira, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convocou os cursos de formación para a obtención dos Certificado en Lingua Galega, CELGA, dirixidos a persoas de máis de 16 anos.

Os cursos preparatorios comezarán o mércores, 6 de abril, en horario de 8.30 a 22.30 h de luns a xoves, e impartiranse nas instalación do Colexio O Grupo, r/ Miguel Rodríguez Bautista, nº 22, Ribeira (ao carón das novas dependencias da Policía Nacional).

É moi importante indicar que este ano hai unha única convocatoria de exames CELGA, e polo tanto só se impartirán cursos de formación dirixida a aprobar eses exames neste segundo trimestre. As persoas que estean interesadas en obter a titulación CELGA durante o exercicio 2011, pódense poñer en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira, na Casa do Concello, (normalizacion@riveira.com) e procurarase incorporalas nos cursos que comezan o mércores próximo, 6 de abril.

Estes cursos de lingua galega dirixidos á poboación adulta, teñen  en Riveira unha gran demanda, e nos últimos 4 anos case un milleiro de persoas se interesaron por mellorar a calidade da súa lingua, actualizar o seu currículo e coñecer máis a fondo o galego.

Actividade:   Cursos CELGA

Data de comezo:  6 de abril de 2011

Data de remate:  15 de xuño de 2011

Horario:    20.30 a 22.30 h de luns a xoves.

Lugar:    Colexio O Grupo

                        R/ Miguel Rodríguez Bautista, nº22


Máis información:

Servizo de Normalización Lingüística do Concello

Tel.: 981835417

normalizacion@riveira.com


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical