Rianxo, 30 de marzo de 2011. A Deputación da Coruña destinará 250.000 euros para financiar a primeira fase do proxecto de construción dun centro sociocultural, que se situará nunha parcela da escola unitaria da Capela, na parroquia rianxeira de Araño.
A achega provincial representa o 100% do importe total das obras, segundo se recolle no convenio subscrito esta mañá, na sede da institución provincial polo presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde da localidade, Pedro Piñeiro Hermida.
A nova edificación, de 906 metros cadrados, situarase no actual espazo de patio e a pista descuberta, manténdose a actual edificación da escola.
O centro sociocultural de Araño contará con planta baixa, na que se situará unha sala de exposicións, un taller , un local de usos múltiples, almacén, local para cadros eléctricos, aseos, dúas aulas e biblioteca; e planta alta que disporá dunha sala de reunións, catro despachos e aseos.
A cuberta do edificio será de zinc a dúas augas, e o inmoble contará con revestimento exterior de granito e carpintería de aluminio lacado con acristalamento.
Nesta primeira fase realizaranse obras nunha superficie de 445,67 metros cadrados, que engloban a sala de exposicións, o porche de acceso, o local de usos múltiples, almacén, local para cadros eléctricos, sala para material de limpeza, e aseos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario