Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
19.10.11
Ribeira: a Plataforma pola Sanidade Pública da Barbanza convoca concentración o xoves 27 de outubro contra os recortes
Ribeira: promoven catálogo de boas prácticas dirixido a axentes envoltos na promoción do deporte
- Contan con presentalo este venres, 21 de outubro, no auditorio
- Tamén servirá o acto para facer entrega de becas a trece deportistas salientables de Ribeira
Ribeira, 19 de outubro de 2011.- Ao longo destas últimas semanas, o Concello estivo a traballar na elaboración dun Decálogo de Boas Prácticas para o Deporte en Ribeira que será presentado este venres, 21 de outubro, nun acto aberto ao público que terá lugar a partir das 20 horas no Auditorio Municipal.
O Executivo local pretende que este documento sirva de ferramenta de traballo para que adestradores, clubs, pais e nais, corpo arbitral, deportistas e o resto de axentes involucrados no deporte base do municipio asuman un código de conduta que mire polas boas prácticas e o xogo limpo dos nenos e nenas do municipio, ao tempo que avogue pola promoción dos mellores valores inherentes á práctica deportiva, tales como o respecto, a tolerancia, o esforzo ou a responsabilidade.
O documento está dividido nun decálogo xeral e seis decálogos específicos para deportistas, corpo técnico, directivos, árbitros, pais e nais e espectadores.
A presentación do venres servirá tamén para a entrega das correspondentes becas a trece deportistas destacados do concello, acto que correrá a cargo do alcalde Manuel Ruiz Rivas e do edil municipal de Deportes, Juan Luis Martínez Queiruga.
Convenio cos clubs
Doutra banda, media hora antes do evento (19.30 horas) no propio salón de actos do Auditorio Municipal escinificarase a sinatura dos convenios de colaboración entre o Concello e nove clubs deportivos de diversas disciplinas do municipio. Esta firma estará aberta á presenza dos medios de comunicación.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
18.10.11
A Pobra: este venres 21 de outubro, presentación do último libro do noiés Ramón Carredano
A Pobra do Caramiñal, 18 de outubro de 2011. Como unha actividade máis incluída na programación da XIII edición das Xornadas de homenaxe a Valle-Inclán, o venres 21 de outubro, no auditorio do Museo Valle-Inclán, vaise presentar o libro de Ramón Carredano Cobas titulado “Anacaona. El fin de una raza”.
Nacido na localidade de Noia e ligado ó mundo das artes como director da Escola de Teatro de Noia, é ademais autor de varias novelas de corte histórico como “Frei Samuel”, “A unlla da aguia” ou “Veleno tinto”. A trama de “Anacaona. El fin de una raza”, sitúa a acción no momento en que Cristobal Colón arriba ás costas americanas por primeira vez e os acontecementos que se suceden a partir daquel intre do ano 1492.
No acto intervirá a actriz de teatro e monologuista Isabel Veiras. Tamén se agarda a presenza do alcalde da Pobra, Isaac Maceiras Rivas, a concelleira de Cultura, Encarna González Montemuíño, e a presidenta da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán, Paola García Paz.
- Ramón Carredano Cobas, artigo de Ramón Torrado Romero
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: Achuchar organiza un curso de ximnasia este sábado 22 e outro de iniciación ao porteo o domingo 23
Para facer este curso hai que consultar prezo e anotarse chamando a Sonia ao 619 31 83 10. O horario sería, o sábado, de 17 a 20 horas e o domingo, de 11 a 12 da mañá.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Política: o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, aspira a que os concellos desta provincia sexan os primeiros en fusionarse de toda España
- O dirixente do PP non falou de suprimir as Deputacións
- Aventurou a estrana cifra de "bastantes menos de 94". Agora son 94.
- Galicia non reduce concellos dende 1967. En 1842 había 326 e en 1900 323. Agora hai 315.
"Acabáronse as grandes obras faraónicas", profetizou Calvo, que dixo que non pode ser que concellos "vaian pedir axuda porque non poden manter a piscina, ou o polideportivo. E casos así temos varios"Barbanza-Noia, 18 de outubro de 2011. Vizosísima a nota de prensa da Deputación de hoxe cos comentarios do seu actual presidente, o anterior superdelegado da Xunta polo PP, Diego Calvo.O presidente da Deputación da Coruña falou hoxe da "posibilidade de redistribuír o mapa territorial da provincia contando sempre coa voluntariedade dos concellos" e lanzouse con que "oxalá A Coruña sexa a primeira provincia de España en conseguir reducir o número de concellos"

Nembargantes, o presidente dun organismo que está sendo cada vez máis cuestionado polas súas prácticas caciquís e obsoletas a nivel de toda España, matizou que “non me gusta falar de fusión e non me gusta falar de nada imposto por unha reforma. O que quero é que sexan os propios alcaldes e alcaldesas os e as que propoñan a posibilidade de unirse con outros, sen que xurdan os problemas de ser absorbido ou absorbente”.
Logo deste brinde ao sol, pois ningún partido no goberno nin na oposición se meteu aínda nesta lameira política polos evidentes localismos que sobrancean Galicia enteira, Diego Calvo asegurou que algúns concellos da provincia gobernados por diferentes grupos políticos xa teñen manifestado o seu interese por levar a cabo esta experiencia piloto “que tería moito sentido” se o que se busca é a eficiencia na prestación de servizos. Sobre se hai xa previsto algún número definido de municipios, o presidente provincial dixo que “non teño un número ideal, aínda que me parece que serían bastantes menos de 94”.
“Non é unha decisión pensada para evitar custos do soldo do político, xa que iso a nivel global non resulta significativo no aforro de custos. Si que resulta importante o aforro na recollida de lixo ou nas vantaxes que poderán ter os concellos que se empeñan, por citar algún exemplo, en ter un centro social cada un”, insistiu Calvo.
Fixo especial fincapé o presidente provincial en que hai que “andar con tino” nestes asuntos, pois non é cuestión de que haxa “vencedores e vencidos”, senón que o que se busca é mancomunar servizos, aproveitar o persoal existente e, en resumo, camiñar cara unha maior eficiencia na prestación dos servizos á cidadanía.
Por se non fora pouca a lea que se pñode montar coas fusións -impostas xa en países como Grecia ou Italia- , Diego Calvo dixo que “moitas parroquias que pertencen a un concello determinado están máis relacionadas ou teñen máis que ver con outro concello, e iso habería que miralo, porque a proximidade territorial tamén é importante para abaratar custos”.
O presidente da Deputación coruñesa fixo estas declaracións no contexto da súa opinión acerca do debate aberto sobre a necesidade das entidades provinciais e na semana en que celebrará tamén os seus primeiros 100 días ao fronte da institución coruñesa. “O que é básico é non duplicar servizos, e non falo só das deputacións, tamén falo dos concellos e a propia administración autonómica e xeral”, matizou Calvo, que lembrou a importancia de celebrar unha reunión conxunta para “ver dunha vez por todas a que se dedica cada un de nós” e así evitar a duplicidade e, en moitas ocasións, a triplicidade”.
Hai que lembrar que o goberno do PP, que foi o que máis tempo gobernou esta autonomía dende que chegou a democracia, creou varios niveis de administracións que aínda agora están a desmantelar -o das Comarcas aínda está en proceso- e que supuxeron uns custos enormes, sobre todo de persoal, contratado a dedo na maioría dos casos e cuxa función aínda hai que buscala en moitos casos, salvo que fora para empregar a amigos do partido gobernante.
Posición a favor da fusión do alcalde de Noia
O único alcalde que se posicionou publicamente a prol da fusión de concellos nas bisbarras de Barbanza e Noia foi Rafael García Guerrero, xa antes das últimas eleccións municipais. Poden ler o seu posicionamento no seu blog.
O Ateneo Valle-Inclán, pro "Ribeira do Caramiñal"
Medio broma, medio en serio, un dos ateneos con máis actividade cultural de Barbanza, o Ateneo Valle-Inclán, leva pronunciándose hai tempo para que se fusionen Ribeira e A Pobra do Carmiñal e constitúan "Ribeira do Caramiñal". As diferenzas entre ambos concellos e as súas veciñanzas -coas típicas picadas en forma de insultos ou calificativos vexatorios- veñen moi de lonxe.
Concello do Barbanza e Concello de Muros-Noia, propostas razonadas
Pode que o racional en Barbanza fose a fusión enteira da comarca, con catro concellos agora agrupados alomenos nunha mancomunidade turística -Arousa Norte-. E o nome, levando o da Serra que os coroa a todos, evitaría esas cuestións de que fala Calvo sobre vencedores e vencidos, segundo sexan absorbentes ou absorbidos. A estes catro habería que sumarlles Dodro, Rois ou Lousame, segundo conviñera logo dun estudo que xa debería ter feito no seu día a extinta Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal.
Na banda de Muros e Noia, o único concello resultante podería tomar o nome da Ría para evitar suspicacias. Englobaría Porto do Son, Noia, Muros, Outes e podería tomar Lousame, tamén por cuestións históricas e proximidade física.
"Acabáronse as grandes obras faraónicas"
Diego Calvo tamén explicou esta mañá que os orzamentos da Deputación para o próximo ano, en pleno proceso de elaboración, serán “complicados” porque, ademais, estanse redactando “a cegas”. Desta cuestión culpou ao goberno central de elixir “a peor data que se podería para unhas eleccións xerais porque, xa dende o verán, o goberno non realiza o seu traballo, non toma decisións nin concreta o que cada concello recibirá dos orzamentos do Estado”.
“Non o saberemos ata abril do ano que vén, polo menos, e entón haberá que axustar outra vez os orzamentos”, co custo que iso supón.
Con respecto aos orzamentos da Deputación, Calvo confirmou que levarán un recorte aproximado de 20 millóns de euros debido o que hai que devolverlle ao Estado e que incorporarán importantes novidades. “A fundamental é que os concellos que queiran axudas teñen que ter as súas contas ao día, que sexan públicas e que estean presentadas no Consello de Contas”, explicou Diego Calvo, que insistiu en que, ademais, “vanse financiar sobre todo proxectos mancomunados e sostibles”.
“Acabouse a época das grandes obras faraónicas e que ao ano seguinte veñan os concellos á Deputación a pedir axuda porque non poden manter a piscina, ou o polideportivo. E casos así temos varios”, relatou o presidente da Deputación, do mesmo partido que embarcou a Galicia na obra faraónica da Cidade da Cultura, aínda sen rematar e sen saber canto vai custar finalmente.
Por último, e no relativo aos orzamentos, Calvo fixo unha chamada á “corresponsabilidade fiscal” dos concellos. “Non pode ser que unha administración non cobre os servizos básicos de auga, saneamento ou recollida de lixo e veña a pedir a axuda doutra administración para ampliar outros. Iso non ten sentido”, concluíu.
Convenio de colaboración cos Grumir
Diego Calvo asinou tamén durante a mañá os convenios de colaboración cos representantes de 16 concellos da provincia (Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Boqueixón, Brión, Carballo, Cee, Miño, Noia, Ordes, Ortigueira, As Pontes, Ribeira, Santa Comba e Vimianzo) que son base dun Grupo Municipal de Intervención Rápida.
En total, a Deputación provincial achega un total de 720.000 euros (45.000 por concello) para sufragar gastos de persoal e material funxible destas agrupacións que, en total, dan traballo a 224 persoas.
“O traballo destes grupos é fundamental e vital para o día a día dos concellos coruñeses”, confirmou. E lembrou que, nos últimos días, o rexedor de Ribeira dixo que, dos cincuenta lumes que houbera na súa zona nos últimos meses, o seu Grumir foi o primeiro en chegar a 49.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Música: tres grupos de Barbanza danse cita nun concerto en Santiago o vindeiro xoves 27 de outubro
Tevra, Belfastt e Areavasta presentarán os seus últimos traballos
Barbanza, 18 de outubro de 2011. AREAVASTA (Ribeira) e BELFASTT e TEVRA (A Pobra do Caramiñal) presentan os seus últimos traballos MEMORIAS DE GARAJE, INCOMBUSTIBLE, QUININDIOS, "e quen sabe que máis se pode esperar", o vindeiro xoves 27 de outubro na Sala Capitol da capital galega.O último vídeoclip de Belfastt foi colgado no Youtube hai dous días Para informarse e escoitar música dos grupos as súas webs son: www.tevra.es, www.belfastt.com, www.areavasta.com. En cada unha delas hai ligazóns aos myspace e youtube de cada grupo As entradas xa están á venta. Custa 5 euros adiantada e 8 o mesmo día do concerto na taquilla.
Onde mercalas?
EN SANTIAGO: DISCOS GONG, A REIXA, TNT...
EN RIBEIRA: TRISQUEL, ERADIXITAL (Palmeira)...
EN BOIRO: A POUSADA DAS ANIMASEstán limitadas (por aforo) a 400. Tamén se poden mercar na web da mesma sala do concerto: www.salacapitol.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
17.10.11
Outes: a Muiñada de "Terra de Outes" convocou a dramaturgos, performers e catedráticos arredor da figura de Cunqueiro
Rosalía sempre viva: Exposición itinerante, dende o 17 de outubro en Noia


- Muros-Noia: Greenpeace, contra as gaiolas de salmón
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: a asociación veciñal de Carreira crea e estrea con éxitos o equipo de atletismo "Virxe da Guía"
Relacionada:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
16.10.11
Sociedade: 22 persoas en Ribeira na manifestación do 15 de outubro por un cambio global. Manipulación dos partidos e sindicatos en Mondoñedo
Ribeira, 16 de outubro de 2011. Son os que saen na foto, ou alomenos os que quixeron dar a cara por un cambio global no mundo este pasado 15 de outubro. A Plataforma de Indignados de Barbanza concentrouse na praza do Concello de Santa Uxía baixo o lema "Pola dignidade". Apoiaron deste xeito a mobilización que se produciu en moitas cidades de Galicia e de todo o mundo para que muden as actuais políticas duns poucos en contra da maioría e que están a producir unha sensación de desequilibrio cada vez maior entre capas de poboación e países ricos e pobres.
Mais Certo non estivo en Ribeira ese día. Achegámonos á cidade natal de Cunqueiro, do que se cumpre o centenario do seu nacemento, e levámonos unha auténtica decepción coa manifestación alí organizada. Houbo moi pouca xente en Mondoñedo, e iso que cadraba o 15O coas Feiras e Festas das San Lucas. O 80% dos presuntos indignados eran do Bng ou simpatizantes, e tamén se deixaron ver sindicalistas de CCOO e UGT, en plan "manifestantes profesionais". Foi curioso ver a concelleiros do goberno de Mondoñedo (hai un bipartito co Psoe) circular detrás dun altofalante no que se berraba "Non nos representan". Hai que lembrar tamén que Psoe e Bng gobernan a Deputación de Lugo. Había máis xente mirando que na manifestación, ata o punto de que, cara á fin da convocatoria, o berro pregoado era "Non nos mires, únete". Mais, como dixo algún indignado "real" que só se quedou mirando ao ver o panorama e o uso torticeiro do Bng e dos sindicatos do Psoe desta convocatoria: "non se enteraron de nada, cada vez está máis claro que nin a eles mesmos se representan, perderon o rumbo". Outro dos que se ían sumar pero recuaron manifestou que aquelo "fedía a precampaña do 20N".En galego hai varios refráns acaídos para este esperpento, pero ocórrensenos dous principais: "Mentres capes, non asubíes""Non se pode estar á misa e, ao tempo, repicando"
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
15.10.11
Mar: Medio Rural ponse a venda antes da ferida e agora anuncia máis diálogo polos recurtes ás confrarías para faenar nas Illas Atlánticas
- Mariñeiros afectados, dende Aguiño ata Baiona, manifestáronse hoxe en Vigo, daí a réplica do departamento de Juárez
- Nas vindeiras semanas seguirán a manter xuntanzas coas confrarías, a próxima está pechada para xoves, día 20
- O borrador do PRUX, di a Xunta, "é un documento dinámico e integrador para avanzar no achegamento de posturas e lograr acordos sobre a base do respecto á actividade económica e o mantemento do ecosistema"
Santiago, 15 de outubro do 2011.- A Consellería do Medio Rural acaba de anunciar nun comunicado que "reitera o diálogo, que mantén e seguirá sostendo, como fórmula para concordar os intereses das confrarías en harmonía coa conservación do medio no Parque Nacional das Illas Atlánticas".
A propia lei de declaración do Parque Nacional (Lei 15/2002) fixa como obxectivos, entre outros, os de protexer a integridade de ecosistemas ligados a zonas costeiras e á plataforma continental, así como promover e apoiar no interior do Parque as actividades compatibles coa protección do medio natural. Esta norma tamén determina que o Plan Reitor de Uso e Xestión (Prux) das Illas Atlánticas é un instrumento que é necesario dispoñer por normativa legal. Neste punto, hai que lembrar que a súa elaboración leva moitos anos de retraso.
Sobre este piar, ao longo deste último ano e medio, a Consellería do Medio Rural formulou, o borrador do Prux, que non é unha norma pesqueira, senón un instrumento de planificación que compatibiliza os usos pesqueiros e marisqueiros tradicionais coa preservación do medio natural e a biodiversidade, tal e como obriga a lei neste espazo protexido.
Non se prohíbe nada?
Cómpre sinalar que non se prohibe ningunha das artes de pesca reguladas no Decreto de Artes de Galicia, nin se prohibe a extracción de ningunha especie pesqueira de interese comercial. En canto ao marisqueo, non se restrinxe en absoluto, unicamente debe cumprirse coa lexislación pesqueira. Non se restrinxe o marisqueo a flote con vara, nin o marisqueo de recursos específicos (nin a extracción de percebe, nin a de navalla, nin a de ourizo).
Obxectivo integrador
Con esta perspectiva, desde o departamento que dirixe Samuel Juárez sublíñase que o borrador non pretende perturbar a actividade pesqueira e marisqueira tradicional, senón harmonizalas coa conservación do Parque. Neste liña, esbózase o Prux, un documento dinámico e aberto, en fase de participación pública, cun obxectivo claramente integrador, para avanzar no achegamento de posturas e lograr acordos sobre a base do respecto á actividade económica da pesca e o mantemento do ecosistema.

Mobilizacións para faenar en Sálvora: este sábado 15, de Aguiño a Vigo

Pesca: nada que facer en Sálvora e arredores
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
























