6.9.12

Noia: aberta a preinscrición dende este venres 7 para un curso de teatro de outubro a xuño

Noia, 6 de setembro de 2012. A concellería de Cultura de Noia informa que de outubro a xuño vai desenvolverse un curso de teatro dirixido a personas de 8 a 99 anos.

A monitora será María Creo. 

Os interesados poderán apuntarse do 7 ao 28 de setembro no Departamento de cultura deixando os seus datos -nome, apelido, idades, enderezo- no  e-mail:  concha.allut@gmail.com.

Inscrición física dende o 21 de setembro. Reunión o 29

Tamén poden incribirse, a partir do día 21 de setembro, xa presentándose persoalmente, na Casa da Cultura de Noia.

Unha vez rematado o período de pre-inscrición todos os interesados terán unha reunión o día 29 de setembro ás 12:00 horas na Casa da Cultura para preparar o comezo do curso.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: melloras no mercado provisional a suxerencia de praceiros e veciñanza

  •  Instalan 28 taquillas para vendedores e persoal da praza
  • Acótase unha área para deixar cans, instálase mobiliario urbano e píntanse zonas de descarga

 

 

Ribeira, 6 de setembro de 2012.- O Concello está a realizar unha serie de melloras no Mercado Provisional que redunden tanto nun máis óptimo funcionamento do mesmo como na comodidade dos usuarios que cada día acoden a estas instalacións en demanda de produtos alimentarios.

 

Así, nestes momentos estase a proceder, a demanda dos propios praceiros, á instalación de 28 taquillas individuais destinadas a albergar as equipacións e utensilios tanto de cada un dos vendedores do recinto, como de persoal municipal que traballa no mesmo.

 

Carpintería da UAD

Estas 28 taquillas, distribuídas en tres módulos de tres metros de ancho por dous metros de alto, foron construídas por alumnos do obradoiro de carpintería do Servizo de Drogodependencias da UAD e están feitas en branco e granate, de forma harmónica cos cores empregados nos uniformes dos vendedores e outros elementos.

 

Así mesmo, outra das actuacións emprendidas é o pintado da zona de carga e descarga situada na zona traseira da carpa que alberga o Mercado Provisional, para evitar posibles obstáculos nestas tarefas polo estacionamento indebido de vehículos.

 

Por outra parte, a demanda da propia cidadanía do municipio foron implantadas outras melloras, entre as que destaca unha zona de cans na que están situadas catro argolas nas que atar os animais mentres os seus donos efectúan as súas compras no interior da praza.

 

Ademais, tamén a petición da veciñanza instaláronse outros elementos de mobiliario urbano en fronte do recinto, como son dous bancos e tres macetas.  O concelleiro Vicente Mariño estivo hoxe no mercado para supervisar os traballos.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

5.9.12

Porto do Son: este sábado, 8 de setembro, III Descenso Urbano

Descenso_urbano

  • Obrigatoria a preinscrición


Pode que tamén lle interese:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Outes: Compromiso X Galicia tamén pide reducións nas pagas dos políticos neste concello



Outes, 5 de setembro de 2012. Compromiso x Galicia presentou varias mocións para o pleno de mañá, xoves 6 de setembro de 2012. O pleno terá lugar as 21:00h no Concello de Outes.

Segundo explican en nota de prensa, Compromiso x Galicia de Outes solicita recortes "de gastos innecesarios e solicita a redacción dun regulamento de participación cidadá. Dada a situación socioeconómica que está a sufrir o noso país e que tanto esforzo lle está costando ós cidadáns a base de recortes sociais consideramos que os axustes deben comezar polas administracións que están máis preto dos veciños. É nos concellos onde se debe empezar a dignificar o traballo dos políticos, onde se debe demostrar que non se quer facer da política un medio de vida, onde se debe reflectir a vocación de servizo público coa que cada concelleiro asume os compromisos electorais".

 E engaden: "consideramos en Compromiso por Galicia de Outes que se poden tomar medidas para diminuír os capítulos presupostarios destinados a órganos de goberno e reducir e controlar o gasto corrente e de persoal, podendo incrementar desta maneira as partidas presupostarias destinadas a servizos sociais e fomento do emprego. Esta situación levounos a presentar unha moción solicitando a eliminación de partidas destinadas a outras indemnizacións, a atencións protocolarias, a dietas ou a gastos de locomoción por importe de máis de 60.000 euros, que se deben reducir os gastos destinados a pagar de forma periódica e habitual horas extras, reducir ó 50% as partidas destinadas a produtividade, reducir os gastos de atencións protocolarias ou de gastos directos en cultura e de gastos diversos, publicidade e produtos alimenticios en festas populares que xuntos soben dos 100.000 euros, así coma eliminar as convocatorias de prazas que non son imprescindibles para un concello de 7.300 habitantes e cun presuposto de 4.000.000 de euros, pero que si incrementarían considerablemente o gasto de capítulo de persoal. Así mesmo consideramos que se debe reducir nun 50% as asignacións establecidas por asistencia a Pleno, Xunta de Goberno Local, Comisións Informativas, Comisións dos órganos
colexiados, Comisión Xeral de Coordinación de Concelleiros delegados e a asignación a grupos políticos".

Participación cidadá

Outra moción presentada por Compromiso x Galicia de Outes para este pleno verba sobre a participación cidadá na vida pública do municipio. O Concello -aseguran- "é o lugar ideal para que a
democracia se poda exercer de forma directa porque é a  administración que mais preto está da cidadanía. A democratización do Concello esixe que haxa intervención da cidadanía na planificación e control das actividades do Concello, e dos seus concelleiros. Débese fomentar a participación democrática e a transparencia nos asuntos públicos locais. Consideramos que se debe redactar un regulamento de participación cidadán no que se
establezan as formas, medios e procedementos de información e participación dos cidadáns e das entidades e asociacións na xestión municipal do Concello de Outes, de conformidade coa lexislación vixente que debe ter como obxectivos facilitar a máis ampla información sobre as actividades, obras e servizos, facilitar e promover a participación dos veciños e entidades na xestión municipal, aproximar a xestión municipal aos veciños, garantir a
solidariedade e equilibrio entre os distintos núcleos de poboación do termo municipal e permitir participar nos Plenos previa solicitude".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o venres 28 de setembro, obradoiro de envellecemento saudable

  • Nas instalacións do Liceo Marítimo
Media_httpfarm5static_fidjo

Ribeira, 5 de setembro de 2012. O vindeiro 28 de setembro, venres, terá lugar nos locais do Liceo Marítimo un novo taller, neste caso sobre "ENVELLECEMENTO ACTIVO - AXILIDADE MENTAL E MEMORIA". Os obxetivos do mesmo son promover o envellecemento activo e saudable para mellorar a calidade de vida e previr enfermidades. Trátase de aprender a estimular a mente cun método activo de entrenamento da memoria, con actividades creativas, así como reforzar a autoestima mediante a creación de actitudes novas (atención máis  sostible e receptividade aumentada). Tamén buscan aprender estratexias, sabendo utilizar o que existe e paliando o que falta. 

O taller estará impartido por parte de varios profesionais da Escola Galega de Saúde para Cidadáns da Xunta de Galicia. Para inscripcións, chamar o teléfono: 670458406. 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

4.9.12

Rianxo: programa de actividades de Fogo Fatuo para este curso 2012-2013

Lousame: Compromiso X Galicia quere que se reduzan á metade as retribucións por plenos, comisións e xuntas de goberno

Lousame, 4 de setembro de 2012. Compromiso X Galicia de Lousame levará ao pleno unha reducción do 50% nas
retribucións en plenos, comisión e nas xuntas de goberno. Antón Ageitos, concelleiro de Compromiso X Galicia en Lousame vén de presentar unha moción no rexistro do concello neste sentido. O obxectivo desta moción é que a
coorporación tome o acordo de rebaixar nun 50% as prestación que reciben os concelleiros e concelleiras por asistir aos plenos, as comisións e as xuntas de goberno local.

Ageitos asegura que “ Con este acordo faremos un guiño a cidadanía, que demanda unha reciclaxe da clase política”, o concelleiro de Lousame asegurá que espera que o grupo municipal do Partido Popular vote a favor de esta media xa que así demostrarán que están en política para servir ao pobo e non para servirse a si mesmos. Ademáis dí Ageitos que “ xa que se lle piden á cidadanía que aperte o cinto de forma ilexítima, tamén o terán que apretar eles”. Criticou a proposta de Santiago Freire de rebaixar estas prestacións ao 7,1% xa que “ Compromiso considera que esta rebaixa non é real, esa proposta é un lavado de cara ou mesmo un titular dun xornal de zona”.

Primarias en Compromiso

O referente local de Compromiso X Galicia, Antón Ageitos aproveita para pedir que o maior número de xente se anote na páxina web de Compromiso X Galicia: www.compromisoxgalicia.org as primarias nas que poderán expresar a súa opinión toda a cidadanía que acepte as bases de CXG.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este xoves, 6 de setembro, concentración na porta do Hospital da Barbanza

Ribeira_concentracin

Ribeira, 4 de setembro de 2012. Seguen as manifestacións e concentracións contra a política de recortes en materia sanitaria dos gobernos de Núñez Feijóo e Mariano Rajoy. Esta semana, ademais do acto de hoxe en Rianxo, haberá o vindeiro xoves, ás doce do mediodía, unha concentración diante da porta do Hospital da Barbanza.

Antes, en Certo:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Barbanza: a mancomunidade Arousa-Norte crea unha bolsa cooperativa para fomentar o autoemprego

  • A través da Oficina de Fomento do Cooperativismo

Media_httparousanorte_eifjj

Cabeceira do blog no que se pode ver esta iniciativa

Barbanza, 4 de setembro de 2012. A Mancomunidade de municipios Arousa norte conta dende inicios do mes pasado cunha oficina de fomento cooperativo, na que se traballa co fin de divulgar os valores cooperativos e concienciar á sociedade dos seus beneficios, promover o cooperativismo na comarca e dar soporte e apoio a aqueles proxectos cooperativos emerxentes. 

      Un dos medios empregados para difundir o cooperativismo é o blogue de emprego de Arousa Norte, no que se ofrece información, novas de actualidade e formación nesta materia, entre outras.  

Compartir idea de negocio e riscos

      A Oficina de Fomento Cooperativo asegura que "a idea de emprendemento resulta moi atractiva, pero pode ser que resulte inviable debido á falla de recursos, de preparación, ou no caso do cooperativismo, de persoas coas que iniciarse no mundo empresarial, coas que se comparta formación, experiencia ou un proxecto de negocio, e incluso riscos.  É ésta razón pola cal, co fin de divulgar o cooperativismo na comarca do Barbanza e fomentar a economía social e a creación de emprego a través da fórmula cooperativa, a Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade elaborou unhas bases de participación para unha BOLSA COOPERATIVA na que se poderán apuntar todas aquelas persoas que estean buscando socios para o seu proxecto cooperativo ou que queiran ofrecerse para formar parte doutros proxectos que xa estean en camiño. A idea é poñer en contacto a dúas ou máis persoas descoñecidas entre sí, pero que compartan unha idea de negocio, formación ou experiencia profesional, e así poidan materializar a creación da súa empresa e o seu propio posto de traballo, compartindo os riscos que isto supón". 

      Poden obterse as bases da Bolsa Cooperativa, así como o formulario de participación, a través do blogue de emprego de Arousa Norte, arousanortemprego.wordpress.com, no apartado de Fomento Cooperativo, ou ben accedendo directamente neste enlace: 

http://arousanortemprego.wordpress.com/fomento-do-cooperativismo/bolsa-cooperativa/ 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o novo obradoiro de emprego que pide o Concello chamaríase "Vionta"

  •  Tería tres especialidades (albanelería, carpintería e cultura) e entre as súas actuacións estaría a construción dun salón social multiusos en Carreira
  • Formaríanse 45 veciños en risco de exclusión

Media_httpfarm4static_qatfs

Cada obradoiro de emprego de Ribeira leva un nome de illa ou illote. Na imaxe, praia da illa de Viontas


Ribeira, 4 de setembro de 2012.- O Concello vén de solicitar á Xunta de Galicia un novo obradoiro de emprego destinado á formación de persoas maiores de 25 anos en situación de desemprego e con problemas de inserción laboral. Nesta ocasión, a escola chamaríase “Vionta”, dando continuidade así á práctica municipal de empregar topónimos mariños na denominación da iniciativa, tras a posta en marcha en anos pasados dos obradoiros “Illa de Sagres”, “Illote Noro”, “Illote Noro II” e “Airoas”.

 

O obradoiro contaría con 45 alumnos-traballadores repartidos en tres especialidades: fábricas de albanelería (20 alumnos), traballos de carpintería e moble (15 alumnos) e dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais (10 alumnos).

 

Persoal

Así mesmo, compoñeríase dun equipo directivo, docente e de apoio formado por un director, tres mestres (un por especialidade), un auxiliar administrativo, un titor, un mestre de educación básica, un mestre de xestión empresarial e un ordenanza condutor.

 

Entre as actuacións que estaría previsto desenvolver ao longo do curso destaca a construción dun Salón Social e Multiusos na parroquia de Carreira. Outros traballos dos que tamén se beneficiaría a sociedade riveirense son a realización de equipamentos en madeira para espazos públicos, de mobiliario de madeira para departamentos municipais e a posta en práctica dun programa de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais con carácter interparroquial e interxeneracional.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical