18.9.12

Dodro: "O señor das dunas" representouse o domingo dentro do programa FalaRedes

O_seor_das_dunas_2012

Dodro, 18 de setembro de 2012. O pasado domingo 16 de setembro o Concello de Dodro, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política lingüística, organizou unha representación do Señor das Dunas, obra de teatro baseada na literatura oral galega, que relata cinco contacontos e que a través dunha moderna técnica, complementa coa ilustración simultánea da historia en area.


Un par de Valentíns

 

Este espectáculo reuniu en Dodro preto de medio cento de persoas de diferentes idades. Entre o público atopábanse o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez e o Alcalde de Dodro, Valentín Alfonsín Somoza. Ao rematar a obra tódalas persoas asistentes recibiron como agasallo un libriño cos contos que escoitaron.

 

O Señor das Dunas forma parte da oferta de actividades do Programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística que ten como obxectivos fomentar o uso do galego a través da creación de espazos de aprendizaxe da nosa lingua ligados ao lecer, á cultura xuvenil e ás tecnoloxías da comunicación.


Antes, en Dodro:



 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: hai corenta empresas competindo para pavimentar a rúa Vionta en Aguiño

  •  Cun orzamento de 337.416 euros, búscase reordenar esta céntrica vía e aumentar a seguridade dos peóns xunto cunha maior fluidez da circulación e novos aparcadoiros

 

Ribeira, 18 de agosto de 2012.- Rematado o prazo de presentación de ofertas, en total ascende a corenta o número de empresas presentadas á licitación dobra de pavimentación e renovación da Rúa Vionta en Aguiño: unha actuación que conta cun orzamento de 337.416 euros e un prazo de execución son 5 meses.

 

A rúa Vionta é unha das vías máis céntricas da parroquia. A día de hoxe, a súa calzada está feita en aglomerado asfáltico e conta con dous carrís, aínda que un adoita estar ocupado por vehículos estacionados en liña. Non existe beirarrúa en toda a lonxitude da vía, apreciándose unicamente algún tramo curto con formigón e baldosa hidráulica nos seus extremos e no resto só un bordillo de formigón que delimita un espazo para o tránsito peonil de ancho moi reducido e sen pavimentar.

 

O obxectivo fundamental do proxecto é a reordenación da rúa Vionta que xeito que os peóns poidan transitar por ela de forma cómoda e segura, sen que teñan que circular pola calzada conxuntamente cos vehículos. Ademais, preténdese establecer unha banda diferenciada para aparcamentos en liña, co que a circulación será máis fluída.

 

Por todo isto, vaise implantar un único sentido de circulación, dispoñendo un carril de circulación de 3,75 metros de anchura mínima e unha banda de aparcamentos en liña de 2,25 metros. Por cada marxe da rúa e ao longo da mesma, disporase unha beirrarrúa.

 

Servizos

En canto á renovación do saneamento, no apartado de abastecemento eliminarase a tubaxe existente de fibrocemento que será suplantada por dous liñas de auga potable (unha debaixo de cada beirarrúa) formadas por tubaxes de polietileno de alta densidade. Instalarase unha nova liña de saneamento formada por 284 metros de colector de PVC liso e 6 metros de tubaxe de fundición dúctil. E disporase unha rede de pluviais formada por colectores de PVC corrugado de 295 metros de lonxitude.

 

Ademais, substituirase toda a rede aérea de alumeado por canalización soterrada para lograr un menor impacto visual e cada 25 metros se situará un punto de luz. Tamén de colocarán alcorques e bancos de madeira tratada.  A obra enmárcase dentro do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais (POS 2012).




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Escultura: o ribeirense Gonzalo Sarasquete expón tres pezas nunha nova galería de arte de La Palma

Ribeira, 18 de setembro de 2012. O artista ribeirense Gonzalo Sarasquete, afincado no arquipélago balear, presenta esta semana, na Nit de l'Art, o gran inicio da tempada artística en Palma de Mallorca, tres pezas nunha nova galería chamada "Kaleuxe".

Máis info en http://www.nitdelartartpalma.com
http://www.facebook.com/gonzalo.sarasquete
http://kaleuxe.net

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

17.9.12

Muros: a nova secretaria de Compromiso X Galicia é María Sambade

Maria

Muros, 17 de setembro de 2012. Trala xuntanza mantida a semana pasada por membros de Compromiso, achegados,  veciños e veciñas de Muros, María Sambade resultou escollida como secretaria local de Compromiso X Galicia en Muros.

Sambade é profesora no colexio Ramón de Artaza de Muros e iniciouse na política hai tan só dous anos, ocupando a terceira posición na lista que encabezaba María Xosé Alfonso e saíndo concelleira eleita, cargo que ocupa na actualidade.

"Fartas da casta política"

Asegura que se sinte  honrada por dous motivos:  “en primeiro lugar porque os meus compañeiros e compañeiras depositaran esa confianza en min sen ningún tipo de reservas e en segundo lugar porque me identifico plenamente co proxecto de Compromiso por Galicia". Na súa intervención incidiu en que Compromiso nace para darlle unha luz de esperanza a aquelas persoas "que están fartas da casta política que antepón os intereses dos partidos aos verdadeiros problemas da cidadanía. A política de Compromiso x Galicia en Muros vai a estar destinada a xente, ao seu servizo. Quero que a política se faga cos pés na terra, solucionando os problemas reais dos veciños e veciñas”.

Maria_alfonso_e_maria_sambade
María Xosé Alfonso e María Sambade

O rumbo a seguir, segundo a nova secretaria local "é o que se ven facendo con María Xosé Alfonso, xa que a súa maneira de entender a política de actuar é a esencia de Compromiso X Galicia”. Fixo ademais un chamamento aos veciños e veciñas “ Chegou a hora de deixar de queixarnos, chegou a hora de comprometernos”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: 55 mulleres informáronse sobre violencia de xénero e remataron cunha noite de tupper-sex en Santa Cruz de Ribadulla

Grupo-fin_semana_mulleres

Dodro, 17 de setembro de 2012. Segundo informa hoxe a concelleira de Servizos Sociais e tenente de alcalde, Marisol Boga, na pasada fin de semana 55 mulleres de Dodro desfrutaron dun fin de semana en Santa Cruz de Ribadulla organizada pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello e subvencionada polo Concello e pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Alí realizaron visitas de ocio, participaron en charlas, debates e mesa redonda sobre violencia de xénero e desfrutaron na noite do sábado con risas, e tupper-sex. A experiencia foi valorada moi positivamente polas participantes que alongaron a noite do sábado ata a madrugada.


Nas charlas sobre violencia aprenderon a identificar unha violencia tanto psíquica como física, contaron cun letrado ao que formularon diversas preguntas e cunha muller víctima de violencia de xénero que lles contou a súa experiencia persoal.






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: poderase ver "Compostela Iconográfica" ata o 2 de outubro no auditorio

  • Esta exposición, con 24 esculturas de santos en materiais pobres, recibiu máis de 100.000 visitantes en Santiago
  • A mostra está baseada nunha idea de El Patito Editorial e realizada polo artista madrileño Jack Mircala

Ribeira, 17 de setembro de 2012.- O Auditorio Municipal está a albergar dende o día de hoxe unha nova exposición titulada “Compostela Iconográfica. Una visión del siglo XXI”. Trátase dunha creación realizada polo artista madrileño Jack Mircala, o cal, empregando unicamente materiais tan simples como unhas tesoiras, cúter, pegamento de barra, cartolinas e lapis de cores, creou un total de 24 esculturas de santos cunha estética renovadora.

 

O proxecto é unha idea orixinal de El Patito Editorial e chega a Ribeira despois de ser exhibida en Santiago de Compostela ante máis de 100.000 visitantes. A mostra está patrocinada pola Deputación da Coruña, o Concello de Santiago e a Fundación Catedral e conta coa colaboración do Arcebispado de Santiago, Tesec Audiovisual e Carrís Hoteles.

 

A iniciativa pretende achegar aos máis novos e ao público en xeral as vidas de santos e os símbolos que caracterizan cada iconografía. A estética dos 24 santos está inspirada tanto no arte clásico (dende o Románico ata El Greco) como nas vangardas artísticas do século XX (expresionismo, construtivismo, minimalismo).

 

Jack Mircala

Jack Mircala é un dos artistas máis orixinais do panorama español do momento. Ilustrador e escritor, nas súas obras gráficas destaca a asimilación do mundo da ilustración clásica mesturado coas novas tendencias do cine e do debuxo máis vangardista.

 

Foi Premio Lazarillo de Ilustración polo libro “El acertijo de Valpul” en 2000 e traballa como ilustrador para as mellores editoriais españolas: Espasa, Anaya, Santillana, Bruño, Hiperión.

 

En 2010 publica con El Patito Editorial a primeira obra da colección El Baúl de las Sombras de Jack Mircala, co título Lóbrego Romance, Pálido Fantasma, e no vindeiro mes de novembro presentará o segundo título da mesma.





 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o IES Leliadoura protesta ante a Consellería de Educación porque ten 18 ordenadores onde precisa 30 para impartir un ciclo

Ribeira, 17 de setembro de 2012. Logo de fachendear tan pimpante o conselleiro de Educación e candidato popular por Ourense ás vindeiras eleccións do 21O, Jesús Vázquez, de que o curso escolar comezaba con "absoluta normalidade" vaise vendo que non é así. O instituto ribeirense Leliadoura vén de presentar escrito de protesta do seu departamento de Administrativo dirixido á Consellería, en referencia á falta de equipamento informático para impartir axeitadamente os ciclos formativos. En concreto, nunha clase na que se pediron o ano pasado os equipos, só hai 18 ordenadores dun total de 30 que esixe a normativa.

Adxúntanse os documentos relacionados na normativa sobre as condicións coas que deben contar as aulas de ciclos e o escrito de protesta.

iesleliadoura.com






doc00817920120917133754.pdf Download this file

doc00818020120917133814.pdf Download this file

doc00818120120917133831.pdf Download this file

doc00818220120917133901.pdf Download this file

ESCRITO PARA A CONSELLERIA.doc Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Outes: a Cidade da Cultura acolle o congreso sobre Francisco Añón o xoves 4 e venres 5 de outubro

Anon_outes

Outes, 17 de setembro de 2012. Segundo nos informa o coordinador do congreso sobre Francisco Añón Paz polo bicentenario do nacemento deste gran poeta de Outes, Xoán Mariño, esta cita vaise celebrar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela os vindeiros 4 e 5 de outubro.

calendario_congreso_Añón.rtf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: Anxo Fernández, da Costa da Morte, proclamouse campión galego de taekwondo

  • Na categoría de cadete peso pesado
  • Adrián Saborido, tamén de Carnota e do mesmo club, subcampión

Noia, 17 de setembro de 2012. Foi unha xornada histórica a desta fin de semana para o club Arte e Movemento e para a Costa da Morte: o pasado sábado Anxo Fernández convertiuse no primeiro campión galego de taekwondo que ten esa bisbarra curmá. Adrián Saborido chegou igualmente á final, e co mesmo mérito, pero tiveron que enfrontarse os dous compañeiros de clube e venceu Anxo, obtendo así Adrián Saborido o subcampionato galego cadete deste ano 2012.

Os dous deportistas teñen 14 anos e son veciños de Carnota. A competición celebrouse o pasado sábado en Noia. Tanto o seu entrenador Juan Carlos Díaz como Anxo e Adrián, levaban esperando esta competición toda a tempada xa que foran gañando nas distintas competicións ás que se presentaban, pero faltaba desputar o Campionato Galego, o título definitivo. Acadárono sen problemas, xa que no último combate da xornada, a final dos pesos pesados, estaban no tapiz dous alumnos do clube, compañeiros, amigos e veciños. Tanto o entrenador como os compañeiros do club danlles a noraboa e dende Certo sumámonos aos parabéns para estes deportistas que tanto prometen.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: Anxo Fernández, da Costa da Morte, proclamouse campión galego de taekwondo

  • Na categoría de cadete peso pesado
  • Adrián Saborido, tamén de Carnota e do mesmo club, subcampión
Taekwondo_noia

Noia, 17 de setembro de 2012. Foi unha xornada histórica a desta fin de semana para o club Arte e Movemento e para a Costa da Morte: o pasado sábado Anxo Fernández convertiuse no primeiro campión galego de taekwondo que ten esa bisbarra curmá. Adrián Saborido chegou igualmente á final, e co mesmo mérito, pero tiveron que enfrontarse os dous compañeiros de clube e venceu Anxo, obtendo así Adrián Saborido o subcampionato galego cadete deste ano 2012.

Os dous deportistas teñen 14 anos e son veciños de Carnota. A competición celebrouse o pasado sábado en Noia. Tanto o seu entrenador Juan Carlos Díaz como Anxo e Adrián, levaban esperando esta competición toda a tempada xa que foran gañando nas distintas competicións ás que se presentaban, pero faltaba desputar o Campionato Galego, o título definitivo. Acadárono sen problemas, xa que no último combate da xornada, a final dos pesos pesados, estaban no tapiz dous alumnos do clube, compañeiros, amigos e veciños. Tanto o entrenador como os compañeiros do club danlles a noraboa e dende Certo sumámonos aos parabéns para estes deportistas que tanto prometen.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical