17.9.12

Muros: a nova secretaria de Compromiso X Galicia é María Sambade

Maria

Muros, 17 de setembro de 2012. Trala xuntanza mantida a semana pasada por membros de Compromiso, achegados,  veciños e veciñas de Muros, María Sambade resultou escollida como secretaria local de Compromiso X Galicia en Muros.

Sambade é profesora no colexio Ramón de Artaza de Muros e iniciouse na política hai tan só dous anos, ocupando a terceira posición na lista que encabezaba María Xosé Alfonso e saíndo concelleira eleita, cargo que ocupa na actualidade.

"Fartas da casta política"

Asegura que se sinte  honrada por dous motivos:  “en primeiro lugar porque os meus compañeiros e compañeiras depositaran esa confianza en min sen ningún tipo de reservas e en segundo lugar porque me identifico plenamente co proxecto de Compromiso por Galicia". Na súa intervención incidiu en que Compromiso nace para darlle unha luz de esperanza a aquelas persoas "que están fartas da casta política que antepón os intereses dos partidos aos verdadeiros problemas da cidadanía. A política de Compromiso x Galicia en Muros vai a estar destinada a xente, ao seu servizo. Quero que a política se faga cos pés na terra, solucionando os problemas reais dos veciños e veciñas”.

Maria_alfonso_e_maria_sambade
María Xosé Alfonso e María Sambade

O rumbo a seguir, segundo a nova secretaria local "é o que se ven facendo con María Xosé Alfonso, xa que a súa maneira de entender a política de actuar é a esencia de Compromiso X Galicia”. Fixo ademais un chamamento aos veciños e veciñas “ Chegou a hora de deixar de queixarnos, chegou a hora de comprometernos”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Publicar un comentario

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical