13.2.13

Noia: Leo Bassi, protagonista da divertida sátira da reinauguración do Coliseo Noela

  • Na parodia criticáronse repetidamente os recortes e o cómico italiano chamou á poboación noiesa a "espertar da hipnose a que nos someten os políticos"



Leo Bassi soubo quentar ao público, que papou un frío estarrecedor

Noia, 12 de febreiro de 2013. Todo o que pasou onte en Noia estaba baseado en feitos reales, pero calquera cousa que alí se dixese podía acollerse ao vellón refrán entroideiro: "En Carnaval, nada está mal". Un palabroteiro Cipote imitador do Chicote de "Pesadilla en la cocina" e unha desmellarada Ana Igartiburu co seu habitual "Hola, corazones", foron os encargados de presentar unha gala tróspida que estivo ameazada todo o tempo pola chuvia pero que non tivo medo dela. Nin da chuvia nin de enlamarse en todos os asuntos da actualidade política noiesa e nacional. 

Velaquí teñen o vídeo con parte desa actuación:



Ana Igartiburu e Chicote "Cipote" retransmitiron en directo para TelaInco


O tripartito chegou nunha especie de litera sobre rodas, flanqueado pola oposición, un imitador de "Tono"


O alcalde real, á esquerda, con dous membros da corporación paródica

O alcalde ficticio foi o concelleiro de Cultura de Noia, Javier Rodríguez




Nun dos seus habituais excesos como cómico, Bassi case se ispe (estaba a 5 graos a temperatura ambiente na rúa) e logo puxo intención de queimar o teatro Noela para que o "recorte fose total"


"Xunta, escoita, o Grumir está en loita" foi un dos berros coreados polos manifestantes



Os bombeiros fixeron un Full Monty interruptus. A temperatura non estaba para tanta broma



A "limusina" en que chegou Leo Bassi pertenceu á escolta de Franco

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: Leo Bassi protagonizou a divertida sátira da reinauguración do Coliseo Noela

  • Na parodia criticáronse repetidamente os recortes e o cómico italiano chamou á poboación noiesa a "espertar da hipnose a que nos someten os políticos"


Media_httpfarm9static_ehbzb

Leo Bassi soubo quentar ao público, que papou un frío estarrecedor

Noia, 12 de febreiro de 2013. Todo o que pasou onte en Noia estaba baseado en feitos reales, pero calquera cousa que alí se dixese podía acollerse ao vellón refrán entroideiro: "En Carnaval, nada está mal". Un palabroteiro Cipote imitador do Chicote de "Pesadilla en la cocina" e unha desmellarada Ana Igartiburu co seu habitual "Hola, corazones", foron os encargados de presentar unha gala tróspida que estivo ameazada todo o tempo pola chuvia pero que non tivo medo dela. Nin da chuvia nin de enlamarse en todos os asuntos da actualidade política noiesa e nacional. 

Velaquí teñen o vídeo con parte desa actuación:



Ana Igartiburu e Chicote "Cipote" retransmitiron en directo para TelaInco


O tripartito chegou nunha especie de litera sobre rodas, flanqueado pola oposición, un imitador de "Tono"


O alcalde real, á esquerda, con dous membros da corporación paródica

O alcalde ficticio foi o concelleiro de Cultura de Noia, Javier Rodríguez




Nun dos seus habituais excesos como cómico, Bassi case se ispe (estaba a 5 graos a temperatura ambiente na rúa) e logo puxo intención de queimar o teatro Noela para que o "recorte fose total"


"Xunta, escoita, o Grumir está en loita" foi un dos berros coreados polos manifestantes



Os bombeiros fixeron un Full Monty interruptus. A temperatura non estaba para tanta broma



A "limusina" en que chegou Leo Bassi pertenceu á escolta de Franco

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

11.2.13

Ribeira: comezaron as obras na rúa Pedra da Aiga en Palmeira

 

Palmeira, 11 de febreiro de 2013.- O Concello informa de que xa está en marcha a obra para renovar os servizos da rúa de Pedra da Aiga, na parroquia de Palmeira: unha actuación cuxo importe ascende a 44.740,88 euros e está sendo executada pola empresa Construcciones Pazo de Axeitos, S.L. 

A rúa non dispoñía de rede de drenaxe de augas pluviais, razón pola cal en épocas de chuvia era frecuente que se producisen problemas de acumulación en fincas colindantes. O pavimento actual era de formigón.

Pluviais, auga e saneamento

O proxecto elaborado prevé a construción dunha rede para drenaxe de pluviais, ademais da renovación dos servizos de auga potable e saneamento.

 

A tal efecto, será colocada unha tubaxe de polietileno de alta densidade de 90 milímetros de diámetro para o abastecemento de auga potable e outra de PVC corrugado de 315 milímetros para pluviais. En canto a saneamento, instalarase unha tubaxe de PVC liso de 315 milímetros.

 

Pavimentación

Unha vez rematadas estas accións, a rúa será pavimentada con adoquín de formigón gris combinado con outro de cor vermella, ambos con dimensións de 20x10x8 centímetros.

A rúa contará coa pendente lonxitudinal e transversal suficiente para que a auga superficial sexa conducida ata as arquetas sumidoiro proxectadas. Na liña de pluviais disporanse arquetas cada 20 ou 25 metros.

Pode que tamén lle interese:








Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: lista de premiados no certame de disfraces de Entroido

Dodro, 11 de febreiro de 2013. O pasado sábado, 9 de febreiro, celebrouse en Dodro o Concurso de Disfraces con gran afluencia de veciños e de disfraces. A entrega de premios estivo a cargo do alcalde Valentin Alfonsín e a concelleira de Cultura, Voluntariado e Asociacionismo, Cristina Codesido.

Durante toda a xornada todos poideron disfrutar de doces típicos do entroido.

Os premiados foron: 

Categoría individual infantil (0-6 anos): Premio lote sorpresa

Caperuchiña vermella: Saleta Rivo Bugallo

Unha oruga moi larpeira: Antía Otero Blanco

 

Categoría individual infantil (7-12 anos): Premio entradas de cine 3D

Vampiresa: Marta Le Perez Boga

Bruxa: Carolina Calvo Perez

 

Categoría individual xuvenil – Deserto

 

Categoría individual adulto: Fin de semana en Casa Rural

Circo ao revés 1 e circo ao revés 2: Mª Isabel Ramos Ferro e parella

Categoría grupal xuvenil: Xornada na boleira con merenda

Barbies: Alba Baleirón, Ángela Castro e Paula Calvo

Categoría grupal adulto: Cea en restaurante

Contos de Lecras: Rita Bugallo, Cristina Blanco, Raquel Tubío e Mónica Castro


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: os 25 participantes no obradoiro de cociña e repostería entroideira recibiron os seus diplomas

Clausura_cocia_e_repostera_nad

Relacionada:


Ribeira, 11 de febreiro de 2013. Un total de 23 mulleres e 2 homes tiveron ocasión de participar durante a semana pasada (do 5 ao 8 de febreiro) no Obradoiro de Cociña e Repostería de Entroido que organizou o Concello dentro da programación destas festas.

 

Ao concluír o curso, a concelleira de Cultura, Elvira Pisos Arnoso, entregou cadanseu diploma aos 25 asistentes á acción formativa, así como á profesora, Ana Domínguez Chouza.

Entre as especialidades aprendidas polos alumnos e alumnas, figuraron pratos tan típicos como  cocido, lacón con grelos, resóns, bolos do pote ou carne ao caldeiro, ademais de bolicos doces en prebe de viño tinto quente, rosquillas, filloas, orellas, flores, tarta de queixo, touciño de ceo, cabelo de anxo, tronco de chocolate, flan biscoitado, etc

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

10.2.13

Divulgación científica: Lira acolleu o primeiro Entruido Científico da súa historia

  • Nunha especie de serendipia, o Punto Científico que organizou a impronunciable Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGC CCT) cadrou co desembarco romano do Entruido de Lira e produciuse o que se pode considerar Primeiro Entruido Científico da historia liracha
  • O astrónomo Borja Tosar con “Postal planetaria dende Marte”, o microbiólogo Esteban Fernández con “De camping coas bacterias”, o neurocientífico Casto Rivadulla con “Ata canto sabes contar?”, o químico Manuel Vicente con “O home apático”, a científica mariña Luisa Martínez con “Entroido Mariño” e o físico Pío González con “Biomateriais” misturáronse con Cleopatra e Julio César coas súas tropas, así como os resistentes locais, os da Torre dos Mouros, nunha tarde surrealista moi divertida e educativa


Cartel do Entruido de Lira deste ano

Lira, Carnota, Costa da Morte, 10 de febreiro de 2013. Van tardar tempo en esquecer os lirachos a tarde de onte, na que cadrou o seu primeiro Entruido Científico. O que sucedeu, inda que para moitos pasara desapercibido, é complicado de contar. Tanto que imos botar man de películas surrealistas patrias como "Amanece que no es poco" e do clásico dos irmáns Wachoski, "Matrix", aproveitando que un dos científicos que alí se achegaron ousou levar esta "chupa" pola mañá, na súa visita á Torre dos Mouros. Mais xa saben: "por desgraza non se pode explicar o que é Matrix, tes que velo cos teus propios ollos". O mesmo que o que alí, en Lira, aconteceu.


Esteban Fernández, microbiólogo, con Xurxo Ayán, arqueólogo, no outeiro da Torre dos Mouros

Pola mañá, na visita ao xacemento das incógnitas, a Torre dos Mouros, xa se viña falando: "Hai que ter coidado pola tarde, que o Punto Científico vai cadrar á mesma hora que o Entruido de Lira". Mais non se fixo demasiado caso: agardábase conxuntar todo sen problemas. A mítica frase de "Amanece que no es poco" ía camiño de ser unha profesía autocumprida: "Eu podería ser un lenda, ou unha epopeia se nos xuntamos varios". E alí, na lonxa de Lira, se xuntaron.



Os resistentes galos e lirachos baixaban a defender o porto de Lira. As condicións etílicas foron máis preocupantes que as metereolóxicas

Chegaron antes os científicos que os entroideiros, e intentaron levar a voz cantante. Como en Matrix, posuído pola dúbida sobre se empezar ou non, ("É a pregunta a que nos da a forza, é a dúbida a que nos trouxo aquí"), o microbiólogo Esteban Martínez, disfrazado de oronda bacteria, aleccionou aos lirachos (aos que primeiro chamou lirenses e logo lirotas, ata que chegou o alcalde Moncho Canedo a aclararlle o xentilicio). Entre reverberacións do micrófono, Esteban Bacterio berrou: "Estamos na era postantibióticaaaaa". Estamos seguros de que máis dun liracho presente pensou, como en "Amanece que no es poco", "Me cagho no misterio!". 



Esteban Fernández, vestido de bacteria, difundindo a era postantibiótica

Mais tivo pouco éxito o chamado do microbiólogo disfrazado. Naqueles intres a dorna xeiteira que lle roubaron os romanos aos lirachos chegaba para facer o desembarco, coa fermosísima Cleopatra a bordo. Había algún galo que se pasara ao inimigo, porque axudou mesmo á lexión romana a botar o pé a terra.

[[posterous-content:DJojvHygjtHDyEuluJbz]]



Nestes intres do desembarco producíase o diálogo de "Amanece que no es poco":

.- E vostedes, que fan aquí?

.- Estamos invadindo o seu pobo...




Unha vez feito o desembarco, Cleopatra tivo que dirixir unhas verbas ao pobo, tranquilizándoos sobre a invasión e invitándoos ao goce das festas do Entruido liracho. A famosa exipcia, que se parecía moito a unha beleza local, ben puido dicir entón como Neo en Matrix:

"Sei que estades aí, percibo a vosa presencia. Sei que tedes medo. Temédesnos a nós. Temedes o cambio. Eu non coñezo o futuro. Non vin para dicirvos como vai acabar todo isto... ao contrario". Mais o futuro inmediato estaba escrito: tocaba a queima do Meco:



[[posterous-content:HIevJvABtylhrHprpwtu]]

Logo dunha pequena charla do Obélix travestido á cidadanía, comezou o espectáculo científico. Por fin Esteban Fernández despregou a súa tenda-célula e puido explicar á concorrencia por que as bacterias podían ser eliminadas cos antibióticos pero os virus non. Axudado polo actor Vicente de Souza, que lle termou do micro inarámico que se entrecortaba, o microbiólogo amosou de xeito moi gráfico como funcionan os medicamentos no noso corpo.



[[posterous-content:ttEjlgmlvtBkiqgJsrHJ]]
[[posterous-content:gsIgtsrdykkCzFDlfHjg]]
"De camping coas bacterias", titulouse a charla divulgativa de Esteban Fernández

Logo do esforzo para facerse entender, o Profesor Bacterio deu paso a Casto Rivadulla, neurocientífico da Universidade da Coruña, que se puxo a explicar o cerebro dos matemáticos cunha réplica de plástico na man. Polo visto, de tanto traballar con números, os matemáticos engrosan a parte do seu cerebro na que se localiza esta función. Como en "Amanece que no es poco", algún dos presentes pensamos que a nós "tamén nos gustaría ser intelectuais, total, como non temos nada que perder...".  

[[posterous-content:hmFFElgHnFxchCJGIyEo]]
[[posterous-content:phzgeaEAgoDqyckcDnbE]]
Casto Rivadulla engaiolou ao mismísimo César coas súas explicacións sobre o cerebro

Namentres Vicente de Souza facía de mestre de cerimonias cos outros científicos, ás caladiñas, a científica mariña Luisa Martínez xa montara o seu tenderete titulado "Entroido mariño" no que lles ía explicando aos nenos os habitantes do mar e os invitaba a identificalos e colorealos nuns debuxos a tal efecto. Este obradoiro sempre é un éxito entre os máis pequenos. Tanto, que un dos nenos disfrazados de romano lle dixo a Luisa: "A ver se vides para o ano, que estas actividades non se fan por aquí".

[[posterous-content:ACGiJxGdJkfEzcriucoB]]
[[posterous-content:EcaFtzGHezIzpeAnuEED]]
Luisa Martínez veu dende Vigo para facer o obradoiro "Entroido Mariño"

Logo tocoulle o turno ao químico Manuel Vicente, que moitos coñecerán polo programa na Radio Galega "EfervesCiencia", e que é o director da incitable Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGC CCT). Pertrechado cun gorro ruso, Vicente, en plan "Que quería yo hablarles de Mendeleiev!", intentou explicarlle ao público quen era o químico Dmitri Mendeleiev, do que chegou a contar incluso a súa vida amorosa. Moita xente quedouse, parafraseando "Amanece que no es poco", con que este home dáballe ás mulleres "unhas prestacións sexuais moi boas". 

[[posterous-content:mJqrkpJkuCykqssAjqae]]
Manuel Vicente contando lercheos sobre o famosísimo químico ruso Dmitri Mendeleiev

Por se o surrealismo non chegara bastante lonxe, na seguinte charla, a do astrónomo Borja Tosar, unha nube tóxica improvisada serviulle de telón para presentar o planeta Marte. A nube fora provocada polo Obélix travestido, do que se rumorea que queimou o seu menhir de porespán para liberarse de carga e ir ligar coas romanas. O caso é que, como ven nas imaxes, unha morea de dioxinas amenizou a charla de Tosar, que lles quixo vender aos lirachos unha viaxe a Marte bastante movida.

[[posterous-content:pByaFiFgbJuvGbajBizC]]
[[posterous-content:HFppGJgHvFFilccoyHwh]]
A bo seguro que o suicida de "Amanece que nos poco" diría ao ver estas imaxes que "Un día vai haber un accidente".

Foi no medio da charla do astrónomo e da nube negra cando moitos entruideiros aplicaron o de "Amanece que no es poco" (yo no aguanto este sin dios) e a esplanada da lonxa liracha quedou medio baleira. Os últimos resistentes quedaron con Pío González, físico da Universidade de Vigo, que falou de biomateriais, ou do que imos levar dentro do noso corpo co paso dos anos, cando se nos creben os ósos sobre todo. Materiais moi caros, por certo, e que cada vez saen de máis fontes naturais, como árbores ou dentes de tiburón.

[[posterous-content:uJaDBHEvqutcktdCGoHi]]


Pío González con Vicente de Souza falando dos ultimísimos biomateriais descubertos


O actor Miguel de Lira (ríndose, non sabemos se co Entruido ou do Punto Científico) tamén se achegou ata a esplanada da lonxa

E así rematou o Primeiro Entruido Científico de Lira. En Matrix dicíalle Trinity a Neo: "Isto nunca se fixera". E Neo respostou: "Por iso é que vai funcionar". E cremos que funcionou, inda que, como a vida de Neo segundo o Arquitecto, sexa "o produto eventual dunha anomalía que a pesares de denodados esforzos non fomos capaces de suprimir desta harmonía de precisión matemática".
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Divulgación arqueolóxica: a Torre dos Mouros, en Lira, un exemplo de como interesar á comunidade local e atraer visitantes


O profesor Gago explica unha das estruturas atopadas na Torre dos Mouros

Lira, Carnota, 10 de febreiro de 2013. Onte, sábado 9 de febreiro, tivo lugar en Lira unha nova visita guiada á escavación da Torre dos Mouros, un estrano xacemento que foi escavado o pasado verán. Inda que nun principio os guías ían ser, alternativamente, o profesor de Xornalismo Manuel Gago e o arqueólogo Xurxo Ayán, ao final só falou o primeiro, coa aprobación do segundo, que ía para a ocasión disfrazado de ditador. A coincidencia coas datas do Entroido engadiu unha nota lúdica, ao tempo que surrealista, á visita, coa enigmática presencia dun personaxe cun gabán saído da película "Matrix".


Este enigmático individuo resultou ser Esteban Fernández, microbiólogo


Na visita tamén houbo nenos, que o pasaron xenial choutando polas penas, alleos á explicación sesuda de Gago

O outeiro da Torre dos Mouros, como explicou o divulgador Manuel Gago, segue a ser una atipicidade entre os xacementos arqueolóxicos galegos. É o dobre de grande que un castro normal (ten dúas hectáreas de extensión), non parece ter as características dos habituais poboados da segunda Idade de Ferro e tampouco se corresponde a súa estrutura coa dun castelo medieval. O que quedou claro, logo da tremenda roza de toxo e xestas á que se adicaron os numerosos voluntarios que colaboraron no proxecto, e despois do levantamento de muros e cachotería caída, é que o esforzo construtivo realizado para que en teoría non vivise permanentemente alguén alí segue a ser unha incógnita.


Entre os asistentes estivo o concelleiro de Cultura e Turismo de Carnota, Iván Franco

O profesor Gago ocupouse de poñer en referencia este xacemento coa abondosa presencia de xacementos, algúns únicos, en Carnota e arredores. Así, a visita serviu para abrir o abano de posibles lugares visitables, e incluso algúns que habería que escavar no futuro para ter un maior coñecemento do noso pasado máis remoto.

Álbum en Flickr desta visita:

Se ten curiosidade sobre este xacemento de terras lirachas pode visitar a web http://torredosmouros.net 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical