1.4.13

Noia: o PSdeG pide a demisión do deputado e responsable do PP Antonio Pérez Insua debido ao escándalo das preferentes

Media_httpfarm9static_gpesz

Pérez Insua con Núñez Feijóo, que tamén está estes días envolto nun escándalo por unhas fotos cun narcotraficante, o día da súa presentación como candidato a alcalde en 2011

Noia, 1 de abril de 2013. Segundo comunica hoxe en nota de prensa o PSdeG-PSOE de Noia, "despois da nova de prensa difundida por varios xornais escritos e dixitais, nas que se informaba que o Sr. Antonio Pérez Ínsua,
Deputado do Partido Popular no Parlamento Español e Voceiro do grupo municipal do PP no Concello de Noia, nas que se confirma que vendeu subordinadas, a agrupación local do PSdeG de Noia considera que debe dimitir".
 

O alcalde coa nómina máis alta que tivo nunca Noia

Para os socialistas noieses, "o feito de que o Sr. Pérez Insua participara no engano que supoñen as participacións preferentes e subordinadas fan que o Sr. Pérez Ínsua forma parte da súa vida profesional e persoal, pero o feito de
participar como deputado en votacións contra os afectados fai que non sexa digno de ocupar un cargo público coma o de Deputado ou Concelleiro. Pero aínda sendo parte da súa vida profesional e persoal, esiximos explicacións, porque foi o propio Pérez Insúa que empregou a súa nómina nese traballo para poñerse o soldo máis alto que tivo ningún alcalde en Noia. O Sr Pérez Insua debe explicar a cantos veciños  lles colocou estes produtos cando era director da Oficina de CaixaNova en Boiro, e canto cobrou en pluses por colocar estes
produtos e se aproveitou estes ingresos para xustificar a enorme nómina que se puxo como alcalde de Noia, xa que sempre alegou que se puxo o soldo de alcalde igual ao que viña percibindo como director de banco".

Gravidade de votar en contra dos afectados logo de vender preferentes

E tamén argumentan no PSOE noiés que "o grave é que votou en contra de varias propostas no Parlamento español para devolverlle os cartos ás persoas
enganadas pola venda de subordinadas e participacións. O Sr Pérez Insua con estes comportamentos amosa non estar capacitado para ocupar ningún cargo público e debe dimitir ou ser cesado inmediatamente. O parlamentario do PP Pérez Ínsua nunca debeu participar nas votacións, non é ético que votara en contra dos afectados polos produtos bancarios que el vendeu. Coma por exemplo de participación en votacións, entre outras, esta a proposta feita polo Partido Socialista nas Cortes na que se instaba a canxear as preferentes, nas que o Sr. Pérez Ínsua votou en contra. (ver “DIARIO DE SESIONES DEL CONGRESO DE LOS DIPUTADOS PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE”, votación 8 sesión 65 de 30 de octubre de 2012).

Esixencia de cese fulminante a Núñez Feijóo


Tamén se esixe a Alberto Nuñez Feijóo, como presidente do PPdeG, dar explicacións das razóns polas que el e unicamente el, incluiu nas listas electorais ao Congreso dos Deputados a unha persoa como Pérez Insúa, sendo coñecedor de que participara na venda destes produtos. E debe explicar se está de acordo que persoas que venderon estes produtos voten contra os intereses dos afectados no Parlamento Español. Núñez Feijoo debe aclarar dunha vez por todas se está do lado dos afectados ou do lado dos que venderon este produtos, e se vai cesar ou non ao Sr Pérez Insua demostrará de que lado está. Desde o Partido Socialista de Noia queremos expresar o rexeite que supón na veciñanza que un representante dos cidadáns teña este tipo de actitudes, que supoñen unha mala imaxe para a corporación noiesa da que forma parte, e o mellor que pode facer por Noia é dimitir, porque como parlamentario o único que fixo e prexudicar os intereses da Vila".


Pode que tamén lle interese:

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

22.3.13

Dodro: sen alternativa ao peche da sucursal de NGB en Tallós, explica o goberno local

  • A sucursal non ten suficiente volume de negocio, en parte pola crise dunha importante empresa deste municipio e tamén porque a maioría dos dodrenses opera con sucursais do veciño concello de Padrón

Dodro, 22 de marzo de 2013. Segundo explicou o goberno local esta tarde en nota de prensa, esta mesma semana o alcalde de Dodro mantivo unha reunión con responsables da entidade Nova Galicia Banco co gallo do anuncio de peche da sucursal no lugar de Tallós.

Segundo explica o grupo de goberno, "por parte de NGB expuxéronse as razón que motivan dito peche, derivadas do Plan Económico imposto para poder recibir as axudas económicas, e que obriga ao peche de 131 sucursais en 2013, 134 en 2014 e 62 sucursais en 2015, así como a reducción de persoal pasando dos máis de 7.000 empregados cos que se iniciou a fusión aos 3.334 traballadores no ano 2017. Segundo estes mesmos representantes, a sucursal en Dodro non cumpre ningún dos requisitos básicos para poder mantela, habida conta do reducido volumen de negocio que mantén, que se veu aínda máis reducido pola crise que afecta a unha das principais empresas do Concello. A isto se suma que unha parte importante da poboación dodrense mantén os seus depósitos e actividades bancarias con entidades de Padrón. Tales condicionantes provocaron que dende fai varios meses dita sucursal conte con só un empregado en lugar dos dous que constituien o mínimo exixible, o cal, no contexto económico actual podería constituir motivo máis que suficiente para a supresión da sucursal".

Aínda así, prosegue o goberno do Partido Popular en Dodro, "se ben NGB non prevé alternativas para o peche da sucursal, por parte do alcalde Valentín Alfonsín púxose de manifesto o claro prexuízo que causaría no funcionamento mesmo do concello ademáis dos trastornos na actividade diaria dos seus vecinos. O simple traslado do servicio á sucursal de Padrón, segundo o alcalde, non se pode contemplar como única solución, habida conta da saturación desta oficina".

Na vindeira semana, o alcalde de Dodro dará traslado das sinaturas dos veciños recollidas polo propio Concello en contra do peche da sucursal, e espera que se concrete algunha alternativa por parte de Nova Galicia Banco.

Pode que tamén lle interese:




  • Dodro: polémica coas contas. O PP fala de boa xestión, o Psoe de sorte e o Colectivo Nacionalista, de engano

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: Antrospinos quenta motores co Antrospinos Miúdo o sábado 20 de abril e a presentación en Santiago o venres 12 de abril

En Taragoña cada ano vai a máis o Festival Antrospinos. Queren que se estenda a súa fama a toda Galicia e farán o vindeiro 12 de abril na Sala Capitol (Santiago de Compostela) unha presentación do Festival Antrospinos que se realizará no verán en Taragoña.

Nesta presentación actuarán La Troba Kung-Fu e A Compañía do Ruído.

As entradas custan 10 € ANTICIPADA e 12 € en TAQUILLA. Pódense adquirir no seguintes establecementos:

  • A Reixa - Santiago
  • Roxerius - Rianxo
  • Xuntanza - Taragoña
  • Capri - Ribeira
  • Samba - Ribeira

Para máis información nas seguintes ligazóns:

QUECEMENTO CO ANTROSPINOS MIÚDO

O sábado 20 de abril no Campo de Arriba de Rianxo a Asociación Festival Antrospinos organiza o Antrospinos Miúdo. A partir das 22.00 horas comezará o concerto de Familia Caamagno, Os Ulträqäns, Os Tres Trebóns e Bigote Mix. Ao longo do día tamén se celebrarán diferentes actividades, das que xa iremos informando


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: o municipio gabéase á moda dos concursos de tapas as fins de semana do 20 e 27 de abril

Rianxo: o venres 5 e sábado 6 de abril, obradoiro de creación literaria coa escritora Elisa Iglesias Gil

Elisa_iglesias

  • A lectura e conversa arredor dos textos desta escritora será o venres 12 de abril
  • Organiza a Editorial Axóuxere e colabora o Concello

O Concello de Rianxo e a Editorial Axóuxere, continuando a colaboración iniciada o pasado 2012 destinada á promoción da creación literaria e artística aproveitando o programa de residencias da mencionada editorial, anuncian a convocatoria dun novo obradoiro de creación e dunha sesión de lectura e conversa a cargo da escritora Elisa Iglesias Gil.

DA REALIDADE AO PAPEL (SOBRE A CREACIÓN DE PERSONAXES)

Obradoiro de escrita creativa, que terá lugar o venres 5 de abril de 19.00 a 21.30 horas e o sábado 6 de abril de 11.00 a 13.30 horas no Auditorio de Rianxo.

As persoas interesadas en asistir a este obradoiro deberán cubrir a ficha dispoñíbel en breve nesta páxina e enviala por correo electrónico a cultura@concelloderianxo.es co asunto: Obradoiro de Elisa Iglesias Gil, antes do 4 de abril

LECTURA E CONVERSA ARREDOR DOS SEUS TEXTOS NARRATIVOS

Desenvolverase o venres 12 de abril dende as 20.00 ata as 22.00 horas na Biblioteca Pública Castelao de Rianxo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: o sábado 30 de marzo, andaina de 14 quilómetros, "De monte a monte"

Boiro: 400.000 euros para a residencia de Amicos en Comoxo, que contará con 33 prazas


Peto de ánimas que se atopa na aldea de Comoxo


Boiro, 22 de marzo de 2013. O pleno da Deputación da Coruña aprobou esta mañá por unanimidade un convenio coa Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica Amicos para as obras de construción dunha residencia para persoas con diversidade funcional en Boiro que contará con 33 prazas. Este acordo formaliza a achega da Deputación de 400.000 euros, o que supón o 54,28 % do orzamento total, que ascende a un total de 736.872,95 euros.


A residencia estará sita no lugar de Monte de Comoxo e será un edificio de planta baixa que albergará oito dormitorios dobres, tres despachos, dous baños adaptados, sala e habitación de illamento de enfermería. Na zona común co centro de día e ocupacional disporá de cociña, comedor, sala de curas e sala de rehabilitación. O orzamento inclúe as obras de acondicionamento de terreo, cimentación, estrutura, fachadas, divisións, illamentos, cubertas, así como a sinalización e equipamento. Actualmente, as obras de dita residencia atópanse na recta final, estando executadas ao 80%.


Pode que tamén lle interese:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Bng manifesta a súa dor polo pasamento de Fidel Diéguez, que fora concelleiro nesta localidade

Noia, 22 de marzo de 2013. O BNG, comunica e expresa hoxe en nota de prensa a súa "dor polo pasamento no día de hoxe do militante FIDEL DIÉGUEZ DÍEZ, como consecuencia dunha grave enfermidade que viña arrastrando nos últimos meses".


O finado era natural de Monforte de Lemos pero residía desde hai máis de vinte anos coa súa familia no concello de Noia, onde traballaba como profesor de electrónica no IES "Campo de San Alberto".

Fora concelleiro desta formación política, en Noia, entre os anos 1999 e 2007, actuando como portavoz desde o 2003 ao 2007. "Durante estes anos desenvolveu un traballo institucional e veciñal constante e fructífero, sempre a favor dos intereses dos viciños e viciñas de Noia, así como a prol desa Galiza soberana na que sempre soñou; sendo isto último unha constante en toda a súa vida. Os compañeiros e compañeiras do BNG de Noia e comarca lembraremos sempre o seu labor e a sua dedicación abnegada na defensa de Galiza", sinalan dende o Bng noiés.


O seu corpo será velado no tanatorio de Boisaca. Faráselle unha homenaxe de despedida no mesmo tanatorio, este sábado, 23 de marzo, ás 13:00 horas. D.E.P.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: orde do día do pleno do luns 25 de marzo

Ribeira: "Historia dos Concellos de Barbanza", o mércores 27 de marzo no Ateneo

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical