22.3.13

Noia: o Bng manifesta a súa dor polo pasamento de Fidel Diéguez, que fora concelleiro nesta localidade

Noia, 22 de marzo de 2013. O BNG, comunica e expresa hoxe en nota de prensa a súa "dor polo pasamento no día de hoxe do militante FIDEL DIÉGUEZ DÍEZ, como consecuencia dunha grave enfermidade que viña arrastrando nos últimos meses".


O finado era natural de Monforte de Lemos pero residía desde hai máis de vinte anos coa súa familia no concello de Noia, onde traballaba como profesor de electrónica no IES "Campo de San Alberto".

Fora concelleiro desta formación política, en Noia, entre os anos 1999 e 2007, actuando como portavoz desde o 2003 ao 2007. "Durante estes anos desenvolveu un traballo institucional e veciñal constante e fructífero, sempre a favor dos intereses dos viciños e viciñas de Noia, así como a prol desa Galiza soberana na que sempre soñou; sendo isto último unha constante en toda a súa vida. Os compañeiros e compañeiras do BNG de Noia e comarca lembraremos sempre o seu labor e a sua dedicación abnegada na defensa de Galiza", sinalan dende o Bng noiés.


O seu corpo será velado no tanatorio de Boisaca. Faráselle unha homenaxe de despedida no mesmo tanatorio, este sábado, 23 de marzo, ás 13:00 horas. D.E.P.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical